Papo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
m Bot - Trocar uso de {{Referencias}} por {{Listaref}}
Liña 5: Liña 5:


== Notas ==
== Notas ==
{{Referencias}}
{{Listaref}}


[[Categoría:Termos botánicos]]
[[Categoría:Termos botánicos]]

Revisión como estaba o 9 de marzo de 2015 ás 09:56

Este artigo trata sobre un termo botánico, para o médico franco galego, véxase: Papus.
Papus de Cirsium arvense

Papus (plural papi) é un apéndice de pelos simples ou filamentos plumosos que coroa o froito de moitas plantas compostas e lle serve para ser transportado [1]. É unha estrutura que se atopa nas flores e froitos de moitas especies da familia Asteraceae, coma o tarrelo ou mexacán. Trátase dunha modificación do cáliz, onde os sépalos se presentan extremadamente ramificados en filamentos, ás veces pinnados. Eses filamentos teñen un papel moi importante na dispersión dos froitos, podendo asumir diferentes papeis, dependendo da especie: poden tornarse leves, facendo que os froitos fluctúen ao vento, poden tamén se tornar ríxidos e curvos para prendérense aos pelos dalgún animal, entre outras variacións máis ou menos específicas.

Notas

  1. Tradución da definición atopada na Real Academia Española da lingua castelá, co nome vilano. Ningún dicionario galego atopado recolle un nome para esta entrada, polo que o termo empregado papus ven do latino pappus e tamén o empregado en lingua portuguesa. Xosé Ramón García, na Guía das plantas con flores de Galicia (Xerais, 1991) utiliza vilano. Estraviz propón papilho, forma que coincide cunha das variantes portuguesas.