Mariña de Augas Santas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot - Trocar uso de {{Referencias}} por {{Listaref}}; cambios estética
Liña 3: Liña 3:
'''Mariña de Augas Santas''' foi unha muller mártir do [[cristianismo]], probablemente lendaria, venerada como santa pola [[Igrexa Católica]], que celebra a súa festa o [[18 de xullo]].
'''Mariña de Augas Santas''' foi unha muller mártir do [[cristianismo]], probablemente lendaria, venerada como santa pola [[Igrexa Católica]], que celebra a súa festa o [[18 de xullo]].

==Traxectoria==
== Traxectoria ==
A súa vida mistura [[lenda]] e feitos que poderían ser reais. Segundo a tradición, naceu en Balcagia (actual [[Baiona]]) cara ao [[119]], sendo filla de [[Lucio Castelio Severo]] (gobernador [[imperio romano|romano]] da [[Gallaecia]] e [[Lusitania (provincia)|Lusitania]]) e da súa esposa Calsia. Esta tivo nove fillas nun só parto mentres o seu marido estaba fóra en campaña; temerosa de ser acusada de [[infidelidade]] (pensábase que os nacementos múltiples eran debidos á [[luxuria|concupiscencia]] da [[muller]]), quixo desfacerse das nenas e deullas á súa criada Sila para que as afogase no [[río Miñor]].

Liña 15: Liña 15:
Moitos son os lugares, parroquias e concellos de Galicia que reclaman para si a orixe desta santa, contan diferentes versións sobre a súa vida ou a recoñecen como patroa. É patroa dos concellos de [[Teo]], [[Xinzo de Limia]], [[Cambados]] e [[As Neves]]. A devoción á ''santa'' é particularmente xeralizada en Galicia contando con 36 igrexas baixo a súa [[advocación]] na diocese de Santiago, 14 na [[diocese de Tui]] e 16 na [[diocese de Ourense]].<ref>García Fernández-Albalat, Blanca, ''Las rutas sagradas de Galicia'', Deputación da Coruña, pax 57</ref> Tamén está asociada a complexos de augas medicinais na península ibérica.

==Notas==
== Notas ==
{{Referencias}}
{{Listaref}}

==Véxase tamén==
== Véxase tamén ==
===Bibliografía===
=== Bibliografía ===
* {{Smallcaps|[[Francisco Fariña Busto|Fariña Busto, F.]]}} 2002. ''Santa Mariña de Augas Santas''. Ourense, Grupo Marcelo Macías/Fundación Caixa Galicia (Guías do patrimonio cultural, 7).
* {{Smallcaps|[[Francisco Fariña Busto|Fariña Busto, F.]]}} 2002. ''Santa Mariña de Augas Santas''. Ourense, Grupo Marcelo Macías/Fundación Caixa Galicia (Guías do patrimonio cultural, 7).

Revisión como estaba o 9 de marzo de 2015 ás 09:32

Santa Mariña, pintura de Francisco de Zurbarán (s. XVII).

Mariña de Augas Santas foi unha muller mártir do cristianismo, probablemente lendaria, venerada como santa pola Igrexa Católica, que celebra a súa festa o 18 de xullo.

Traxectoria

A súa vida mistura lenda e feitos que poderían ser reais. Segundo a tradición, naceu en Balcagia (actual Baiona) cara ao 119, sendo filla de Lucio Castelio Severo (gobernador romano da Gallaecia e Lusitania) e da súa esposa Calsia. Esta tivo nove fillas nun só parto mentres o seu marido estaba fóra en campaña; temerosa de ser acusada de infidelidade (pensábase que os nacementos múltiples eran debidos á concupiscencia da muller), quixo desfacerse das nenas e deullas á súa criada Sila para que as afogase no río Miñor.

Sila, que era cristiá, non as quixo matar e deixounas en casas de familias cristiás amigas, sendo bautizadas polo bispo Ovidio de Braga, e creceron como cristiás nunha época en que esta relixión aínda era perseguida.

De grandes foron acusadas diante do seu pai. Cando Severo se decatou de que eran as súas fillas, convidounas a abxurar do cristianismo e levar unha vida regalada con el. Ao ser negaren foron feitas presas. Fuxiron cada unha a un lugar, morrendo todas como mártires (entre elas tamén Quiteria e Liberata). Mariña foi decapitada o 18 de xaneiro de 139 en Augas Santas (Allariz). No lugar da súa morte abrollaron tres fontes en cada lugar onde golpeou a súa cabeza ao ser decapitada.

Patroa

Véxase tamén: Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santa Mariña

Procesión de Santa Mariña en Cambados.

Moitos son os lugares, parroquias e concellos de Galicia que reclaman para si a orixe desta santa, contan diferentes versións sobre a súa vida ou a recoñecen como patroa. É patroa dos concellos de Teo, Xinzo de Limia, Cambados e As Neves. A devoción á santa é particularmente xeralizada en Galicia contando con 36 igrexas baixo a súa advocación na diocese de Santiago, 14 na diocese de Tui e 16 na diocese de Ourense.[1] Tamén está asociada a complexos de augas medicinais na península ibérica.

Notas

  1. García Fernández-Albalat, Blanca, Las rutas sagradas de Galicia, Deputación da Coruña, pax 57

Véxase tamén

Bibliografía

  • Fariña Busto, F. 2002. Santa Mariña de Augas Santas. Ourense, Grupo Marcelo Macías/Fundación Caixa Galicia (Guías do patrimonio cultural, 7).