Magnencio: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
corrixo ortografía
corrixo
Liña 2: Liña 2:
'''Flavius Magnus Magnentius''' ([[Samarobriva]], preto de [[Ambianun]], [[Galia]], [[303]] - [[11 de agosto]] de [[353]]) foi un [[emperador romano]]. De orixe bárbara, uniuse as lexións romanas, onde destacou polas súas cualidades militares. Chegou a ser comandante das lexións Herculianas e Xovianas<ref>[[Zósimo (historiador)|Zósimo]], [http://www.archive.org/details/historianovaedid00zosiuoft ''Historia nea'' (''Ίστορία νέα'')], ii 58</ref>, cando se produciu un descontento xeral dentro do exército polas accións do emperador [[Constante]].

Este descontento levou a Magnencio a participar nunha conspiración que rematou co seu nomeamento como ''augustus'' por parte das lexións. Constante, vendo que perdera o favor do exército, fuxiu, pero un destacamento da cabalería lixeira atópao en Helena, preto da fronteira con [[Hispania]], nos Pireneos e asasínao. Se exceptuamos a rexión dos [[Balcáns]], onde as tropas nomearan emperador a [[Vetranio]], quen se mantiña fiel ao emperador [[Constancio II]] de Oriente, xa que este se apurou en recoñecelo coma césar e enviarlle unha coroa imperial, Magnencio era o verdadeiro emperador de Occidente, xa que as provincias de [[Hispania]], [[Galia]] e [[Britannia]] recoñecérono axiña, en parte pola súa política de tolerancia dos cristiáns. Na provincia de [[África]] tentou de gañala co nomeamento das persoas axeitadas que continuasen a súa politica tolerante.
Este descontento levou a Magnencio a participar nunha conspiración que rematou co seu nomeamento como ''augustus'' por parte das lexións. Constante, vendo que perdera o favor do exército, fuxiu, pero un destacamento da cabalería lixeira atópao en Helena, preto da fronteira con [[Hispania]], nos Pireneos e asasínao. Se exceptuamos a rexión dos [[Balcáns]], onde as tropas nomearan emperador a [[Vetranio]], quen se mantiña fiel ao emperador [[Constancio II]] de Oriente, xa que este se apurou en recoñecelo coma césar e enviarlle unha coroa imperial, Magnencio era o verdadeiro emperador de Occidente, xa que as provincias de [[Hispania]], [[Galia]] e [[Britannia]] recoñecérono axiña, en parte pola súa política de tolerancia dos cristiáns. Na provincia de [[África]] tentou de gañala co nomeamento das persoas axeitadas que continuasen a súa política tolerante.

Pero a rebelión de [[Nepociano]], membro da familia de Constantino, en Roma, pronto lle amosou que a coroa era moi feble se non conseguía estabilizala e rematar cos seus inimigos. Aínda que a rebelión foi prontamente sufocada, Magnencio nomeou ao seu irmán [[Decencio]] (Magnus Decentius) coma césar e enviouno cara a [[Rhin]] para defender a Galia, e el dirixiuse aos Balcáns, enviando mensaxes a Vetranio para que se unise á súa causa. Pero o vello xeneral dirixiuse cara o sur para se unir ás tropas de Constancio II, que abandonaran a guerra contra os persas para tentar de rematar con Magnencio. Cando conseguiu chegar a elas, Vetranio abdicou.

Revisión como estaba o 6 de marzo de 2015 ás 00:01

Flavius Magnus Magnentius (Samarobriva, preto de Ambianun, Galia, 303 - 11 de agosto de 353) foi un emperador romano. De orixe bárbara, uniuse as lexións romanas, onde destacou polas súas cualidades militares. Chegou a ser comandante das lexións Herculianas e Xovianas[1], cando se produciu un descontento xeral dentro do exército polas accións do emperador Constante.

Este descontento levou a Magnencio a participar nunha conspiración que rematou co seu nomeamento como augustus por parte das lexións. Constante, vendo que perdera o favor do exército, fuxiu, pero un destacamento da cabalería lixeira atópao en Helena, preto da fronteira con Hispania, nos Pireneos e asasínao. Se exceptuamos a rexión dos Balcáns, onde as tropas nomearan emperador a Vetranio, quen se mantiña fiel ao emperador Constancio II de Oriente, xa que este se apurou en recoñecelo coma césar e enviarlle unha coroa imperial, Magnencio era o verdadeiro emperador de Occidente, xa que as provincias de Hispania, Galia e Britannia recoñecérono axiña, en parte pola súa política de tolerancia dos cristiáns. Na provincia de África tentou de gañala co nomeamento das persoas axeitadas que continuasen a súa política tolerante.

Pero a rebelión de Nepociano, membro da familia de Constantino, en Roma, pronto lle amosou que a coroa era moi feble se non conseguía estabilizala e rematar cos seus inimigos. Aínda que a rebelión foi prontamente sufocada, Magnencio nomeou ao seu irmán Decencio (Magnus Decentius) coma césar e enviouno cara a Rhin para defender a Galia, e el dirixiuse aos Balcáns, enviando mensaxes a Vetranio para que se unise á súa causa. Pero o vello xeneral dirixiuse cara o sur para se unir ás tropas de Constancio II, que abandonaran a guerra contra os persas para tentar de rematar con Magnencio. Cando conseguiu chegar a elas, Vetranio abdicou.

Mentres tanto, Magnencio trataba de xuntar a maior parte de tropas para o enfrontamento con Constancio II, pero a batalla tivo lugar en Mursa Maior no ano 351. A pesar de dirixir as tropas persoalmente e do seu heroísmo, Magnencio foi derrotado e as súas tropas tiveron que se retirar cara as Galias. Cando o resultado da batalla chegou ás diferentes provincias, pouco a pouco foron abandonando a Magnencio, sendo Italia e Sicilia as primeiras en facelo. Pouco despois foron Hispania e África sen resistencia algunha.

Isto deu como resultado que, no verán do 353, Magnencio se atopase illado, preto de Lugdunum, dispoñéndose para a batalla no Mons Seleucus, que lle resultou catastrófica, xa que o seu exército rematou vencido.

Magnencio foi abandonado polos seus soldados e, despois de matar a súa nai e o seu irmán máis pequeno, suicídase en agosto do ano 353. Decencio, que se atopaba en Sens, tamén remata coa súa vida. Constancio II queda coma único emperador de todo o Imperio.

Notas

  1. Zósimo, Historia nea (Ίστορία νέα), ii 58
Imperio Romano

Segue a:
Constancio II
Magnencio
Precede a:
Xuliano o Apóstata
Casa de Constantino