Cimbabue: Diferenzas entre revisións
retiro ligazóns agora proporcionadas polo Wikidata |
m fixing dead links |
||
Liña 55: | Liña 55: | ||
O país entrou en guerra civil coa implantación deste réxime, que só terminou cando os brancos concordaron coa mediación dos ingleses pór fin ó réxime de segregación da poboación negra. O [[17 de abril]] de [[1980]] o Reino Unido concedeu formalmente a independencia do país co nome actual, Cimbabue. |
O país entrou en guerra civil coa implantación deste réxime, que só terminou cando os brancos concordaron coa mediación dos ingleses pór fin ó réxime de segregación da poboación negra. O [[17 de abril]] de [[1980]] o Reino Unido concedeu formalmente a independencia do país co nome actual, Cimbabue. |
||
Aínda que inicialmente durante a década dos 1980 a súa administración intentou mellor o nivel de vida e a economía do país, o certo é que o seu goberno foi caracterizado polo despilfarro orzamentario, pola hiperinflación e por denuncias de incumprimentos de [[dereitos humanos]].<ref>{{cite web|url=http://thereport.amnesty.org/eng/Regions/Africa/Zimbabwe|title=Zimbabwe|publisher=Amnesty International|accessdate=5 de abril de 2010}}</ref><ref>[http://www.vieiros.com/nova/39950/cimbabue-prohibe-as-actividades-das-organizacions-de-dereitos-humanos Cimbabue prohibe as actividades das organizacións de dereitos humanos] [[Vieiros]], 14 de decembro do 2004</ref> Tamén se dá a fraude electoral <ref>[http://www.vieiros.com/nova/67529/desmond-tutu-pide-que-onu-intervena-en-cimbabue Desmond Tutu pide que ONU interveña en Cimbabue] [[Vieiros]], 29 de xuño de 2008</ref> entre intimidacións varias<ref>[http://www.galiciahoxe.com/index_2.php?idMenu=153&idNoticia=316759 A violencia de Cimbabue pode dexenerar nun novo xenocidio] [[Galicia Hoxe]], 25 de xuño de 2008</ref>, que non logran estabilizar o goberno do estado a pesar dun intento de goberno compartido.<ref>[http://news.bbc.co.uk/2/hi/africa/8310629.stm Rompe o goberno de cohabitación en Cimbabue] BBC News, 16 de outubro de 2009 {{en}}</ref> |
Aínda que inicialmente durante a década dos 1980 a súa administración intentou mellor o nivel de vida e a economía do país, o certo é que o seu goberno foi caracterizado polo despilfarro orzamentario, pola hiperinflación e por denuncias de incumprimentos de [[dereitos humanos]].<ref>{{cite web|url=http://thereport.amnesty.org/eng/Regions/Africa/Zimbabwe|title=Zimbabwe|publisher=Amnesty International|accessdate=5 de abril de 2010|archiveurl=https://archive.is/CuzI|archivedate=2012-05-30}}</ref><ref>[http://www.vieiros.com/nova/39950/cimbabue-prohibe-as-actividades-das-organizacions-de-dereitos-humanos Cimbabue prohibe as actividades das organizacións de dereitos humanos] [[Vieiros]], 14 de decembro do 2004</ref> Tamén se dá a fraude electoral <ref>[http://www.vieiros.com/nova/67529/desmond-tutu-pide-que-onu-intervena-en-cimbabue Desmond Tutu pide que ONU interveña en Cimbabue] [[Vieiros]], 29 de xuño de 2008</ref> entre intimidacións varias<ref>[http://www.galiciahoxe.com/index_2.php?idMenu=153&idNoticia=316759 A violencia de Cimbabue pode dexenerar nun novo xenocidio] [[Galicia Hoxe]], 25 de xuño de 2008</ref>, que non logran estabilizar o goberno do estado a pesar dun intento de goberno compartido.<ref>[http://news.bbc.co.uk/2/hi/africa/8310629.stm Rompe o goberno de cohabitación en Cimbabue] BBC News, 16 de outubro de 2009 {{en}}</ref> |
||
== Etimoloxía == |
== Etimoloxía == |
Revisión como estaba o 28 de febreiro de 2015 ás 00:42
Modelo:País Cimbabue[1] (en inglés: Zimbabwe), oficialmente República de Cimbabue (en inglés: Republic of Zimbabwe), é un país ó sur da África que anteriormente se chamaba Rodesia. Limita ó norte con Zambia e Mozambique; ó leste con Mozambique; ó sur con Sudáfrica e ó oeste con Botswana. Ten tres linguas oficiais: o inglés, o shona e o ndebele.
En 1965 a minoría branca declarou o país independente do Reino Unido co nome de Rodhesia, non recoñecido polo Reino Unido, e instalou un réxime de segregación racial semellante ó do apartheid de Sudáfrica.
O país entrou en guerra civil coa implantación deste réxime, que só terminou cando os brancos concordaron coa mediación dos ingleses pór fin ó réxime de segregación da poboación negra. O 17 de abril de 1980 o Reino Unido concedeu formalmente a independencia do país co nome actual, Cimbabue.
Aínda que inicialmente durante a década dos 1980 a súa administración intentou mellor o nivel de vida e a economía do país, o certo é que o seu goberno foi caracterizado polo despilfarro orzamentario, pola hiperinflación e por denuncias de incumprimentos de dereitos humanos.[2][3] Tamén se dá a fraude electoral [4] entre intimidacións varias[5], que non logran estabilizar o goberno do estado a pesar dun intento de goberno compartido.[6]
Etimoloxía
A verba Zimbabwe deriva de "Dzimba dza mabwe," que significa "grandes casas de pedra" na lingua shona.[7] O seu uso como nome do país é polo Gran Cimbabue.
Goberno e política
Cimbabue é unha república parlamentaria. O sufraxio é universal para todos os maiores de 18 años. O presidente é, á súa vez, o xefe de Estado e de Goberno. O parlamento está formado por dúas cámaras, a máis importante ten 150 escanos, dos cales 120 son escolleitos polos cidadáns, 20 polo presidente e dez xefes tribais. Outra cámara, unha cámara alta, o Senado, foi instaurada tralos cambios constitucionais de 2005.[8]
O partido do actual Presidente Robert Mugabe, Unión Nacional Africana de Cimbabue-Fronte Patriótica (ZANU-PF), leva dominando a vida política do país desde a súa independencia, ganando sempre as eleccións.[9] As eleccións de 1990 foron nacional e internacionalmente criticadas por sospeitosas de fraude, xa que o Zimbabwe Unity Movement, o segundo partido na oposición de Edgar Tekere, só obtivo o 16% dos votos. As eleccións de 2002 celebráronse entre denuncias de manipulación de votos, intimidación e fraude.[10] As seguintes eleccións celebráronse o 20 de marzo de 2008, onde Mugabe obtivo o 90% dos votos e se gravaron irregularidades nas eleccións. [11].
Tanto a Unión Europea como Estados Unidos decretaron sancións contra o goberno do actual presidente, Robert Mugabe, pola violación dos dereitos humanos.
Subdivisións
- Artigo principal: Subdivisións de Cimbabue.
Cimbabwe divídese en oito provincias e dúas cidades con estatuto de provincia:
- Bulawayo (cidade)
- Harare (cidade)
- Manicaland
- Mashonaland Central
- Mashonaland Este
- Mashonaland Oeste
- Masvingo
- Matabeleland Norte
- Matabeleland Sur
- Midlands
Economía
- Artigo principal: Economía de Cimbabue.
O goberno de Cimbabue enfróntase a unha ampla variedade de difíciles problemas na súa economía. Entre estes problemas inclúense unha notoria falta de divisas, hiperinflación e escaseza de provisións. A súa participación na guerra de 1998 a 2002 na República Democrática do Congo, por exemplo, significou un descenso de centos de millóns de dólares da súa economía.[12] O necesitado apoio do FMI non chegou, debido a que o goberno fracasou en alcanzar os obxectivos orzamentarios precisos para as axudas. A taxa de inflación incrementouse dun 32% por ano en 1998 a un 586% a finais de 2005, e co maior rexistro do mundo cunha taxa de inflación dunha estimación oficial en xaneiro do 2008 do 100 580.2%, mentres que o tipo de cambio baixou de 24 dólares cimbabuenses por US$ a 85.000 por US$ na mesma época. Cimbabue ten actualmente a taxa de inflación máis alta do mundo. En marzo de 2008, a inflación alcanzou o 100.000% e, unha taxa de cambio de 1 dólar USA por 30.000.000 de dólares cimbabuenses. En xullo de 2008 a inflación oficial chegou a 2.200.000% ao ano, mais estatísticas extraoficiais indicaban unha inflación real de 9.000.000% ao ano.[13] Polo tanto, a poboación local que pode tende a comprar os produtos esenciais nos países veciños de Botswana, Sudáfrica e Zambia.
As exportacións agrícolas, minerais e o turismo constitúen a principal vía de entrada de divisas estranxeiras.[14] Cimbabue é o país que mantén a relación comercial máis importante con Sudáfrica no continente africano.[15] A dinámica decadente da economía do estado foi atribuída, principalmente, á mala xestión, á corrupción do goberno de Mugabe e á expropiación das terras de máis de 4000 granxeiros brancos durante a controvertida redistribución da terra do ano 2000.[16][17][18] A Zimbabwe Conservation Task Force publicou un informe en xuño de 2007 que estimaba a morte dun 60% da biosfera salvaxe do país desde 2000. O informe tamén advirte que a perda de vida xunto coa deforestación salvaxe é potencialmente perigosa para a industria turística.[19]
En 2005, o goberno, motivado polo gobernador do Banco Central Gideon Gono, comezou a suxerir a posibilidade de que os granxeiros brancos volveran ao país. Aínda quedaban entre 400 e 500 no interior, mais a maior parte da terra que foi confiscada xa non era produtiva.[20] En xaneiro de 2007 o Goberno permitiu incluso a algúns granxeiros facer contratos de arrendamento a longo prazo.[21] Porén, máis adiante deu marcha atrás e ameazou con encarcerar a todos os granxeiros brancos que seguiran en Cimbabue.[22][23]
En agosto de 2006 púxose en circulación un novo dólar cimbabuense, equivalente a 1000 dos antigos. Segundo o cambio oficial, a taxa de cambio caeu dos 24 dólares antigos por dólar estadounidense en 1998 a 250 000 dólares antigos o 250 novos por dólar estadounidense[24] ou no mercado paralelo, a 120 000 000 dólares antigos por dólar estadounidense en xuño de 2007.
En xullo de 2008, o Banco Central de Cimbabue puxo en circulación un billete de 1.000 millóns de dólares cimbabuenses para axilizar o uso de diñeiro en metálico. Non obstante, este novo billete ten aproximadamente o valor dun dólar estadounidense. Polo tanto, apenas serve para comprar unha barra de pan ou catro laranxas.[25]
A economía de Cimbabwe está en situación crítica. Tradicionalmente estivo baseada na agricultura aínda que a minería é moi importante, sendo un dos principais produtores de cromo.
Data | Nome en galego | Nome local | Notas |
---|---|---|---|
1 de xaneiro | Día de Aninovo | New Year’s Day | |
Varía cada ano | Venres Santo | Good Friday | |
Varía cada ano | Luns de Pascua | Easter Monday | |
18 de abril | Día da Independencia | Independence day | Concedida polo Reino Unido o 18 de abril en 1980 |
1 de maio | Día do Traballo | Labour Day | |
25 de maio | Día de África | Africa’s Day | O 25 de maio de 1963 fúndase a OUA |
7 de agosto | Día dos Heroes | Heroes' Day | |
8 de agosto | Día do Exército | Defenced Forces Day | |
22 de decembro | Festa da Unidade | Unity Day | |
25 de decembro | Día de Nadal | Christmas Day | |
26 de decembro | Boxing Day |
Notas
- ↑ Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo (2004). "LINGUA GALEGA. DÚBIDAS LINGÜÍSTICAS" (PDF). p. 102. Consultado o 24 de outubro de 2013.
- ↑ "Zimbabwe". Amnesty International. Arquivado dende o orixinal o 2012-05-30. Consultado o 5 de abril de 2010.
- ↑ Cimbabue prohibe as actividades das organizacións de dereitos humanos Vieiros, 14 de decembro do 2004
- ↑ Desmond Tutu pide que ONU interveña en Cimbabue Vieiros, 29 de xuño de 2008
- ↑ A violencia de Cimbabue pode dexenerar nun novo xenocidio Galicia Hoxe, 25 de xuño de 2008
- ↑ Rompe o goberno de cohabitación en Cimbabue BBC News, 16 de outubro de 2009 (en inglés)
- ↑ "Zimbabwe - gran casa de pedra" (en inglés). Somali Press. Consultado o 5 de abril de 2010.
- ↑ Constitución de Cimbabue, 2005 NGO Network Alliance Project (en inglés)
- ↑ Mugabe, Robert. (2007). Encyclopædia Britannica. Encyclopædia Britannica 2007 Ultimate Reference Suite. Chicago: Encyclopædia Britannica
- ↑ Zimbabwe: Election Fraud Report, Universidade de Pensilvania, 18 de abril de 2005
- ↑ [1]
- ↑ Violencia organizada e tortura en Cimbabue en 1999, 1999, Zimbabwe Human Rights NGO Forum (en inglés)
- ↑ "Zimbábue corta 10 zeros da moeda para combater inflação". economia.terra.com.br (en portugués). 30 de xullo de 2008. Consultado o 6 de abril de 2010. Ligazón externa en
|obra=
(Axuda) - ↑ Perfil de Cimbabwe (en inglés), Departamento de Asuntos Estranxeiros e Comercio Internacional de Canadá: “Posto que o país está ben equipado con recursos naturais como minerais, terra fértil e fauna salvaxe, posúe moitas oportunidades de actividades como a mineira, a agricultura e o turismo.”
- ↑ Relacións económicas entre Cimbabue e África do Sur dende o 2000, Africa News, 31 de outubro de 2007 (en inglés): "Cimbabwe é o socio comercial máis importante de Sudáfrica en África"
- ↑ Robinson, Simon. A Tale of Two Countries, Time Magazine, 18 de febreiro de 2002 (en inglés)
- ↑ Cimbabue prohíbelle aos granxeiros brancos cultivar, USA Today, 24 de xuño de 2002 (en inglés)
- ↑ Granxeiros brancos en estado de sitio en Cimbabue, BBC News, 15 de agosto de 2002(en inglés)
- ↑ Nick Wadhams, A fauna e flora de Cimbabue decimada pola crise económica, Nairobi: National Geographic News, 1 de agosto de 2007 (en inglés)
- ↑ Meldrum, Andrew, Cimbabue encamíñase cara o desastre e invita aos granxeiros brancos e retornar, The Guardian, 21 de maio de 2005 (en inglés)
- ↑ Timberg, Craig, Granxeiros brancos ofrecen arrendamentos en Cimbabue, The Washington Post, 6 de xaneiro de 2007
- ↑ Cimbabue ameaza aos granxeiros brancos, The Washington Post, 5 de febreiro de 2007 (en inglés)
- ↑ Chinaka, Cris, Cimbabue ameaza aos granxeiros brancos coa evicción, Reuters, 8 de agosto de 2007 (en inglés)
- ↑ Reserve Bank of Zimbabwe
- ↑ CNN. "Zimbabwe introduces $100 billion banknotes" (en inglés).
Véxase tamén
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cimbabue |