Natación: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 11: Liña 11:
A natación insírese nos [[deportes acuáticos]]. O obxectivo dunha competición de natación é determinar cal o nadador máis rápido. Existe unha serie de regulamentos acerca das competicións da natación. A regra básica separa o modo polo cal o atleta gaña impulso na auga en catro estilos diferentes:
A natación insírese nos [[deportes acuáticos]]. O obxectivo dunha competición de natación é determinar cal o nadador máis rápido. Existe unha serie de regulamentos acerca das competicións da natación. A regra básica separa o modo polo cal o atleta gaña impulso na auga en catro estilos diferentes:


* [[crawl (natación)|crawl]]
* [[crawl]]
* [[costas (natación)|de costas]]
* [[costas (natación)|de costas]]
* [[braza (natación)|peito]] (ou braza)
* [[braza (natación)|peito]] (ou braza)
Liña 33: Liña 33:
===Idade Moderna===
===Idade Moderna===
[[Ficheiro:Mosul-swimming.jpg|miniatura|esquerda|Piscina en Mosul, [[Iraq]].]]
[[Ficheiro:Mosul-swimming.jpg|miniatura|esquerda|Piscina en Mosul, [[Iraq]].]]
A natación competitiva en Europa empezou ó redor do ano 1800, principalmente usando o estilo de braza. O estilo crol (do inglés ''crawl''), entón chamado ''trudgen'', foi introducido en 1873 por John Arturh Trudgen, que o copiou dos [[Amerindio|indios]] nativos de América.
A natación competitiva en Europa empezou ó redor do ano 1800, principalmente usando o estilo de braza. O estilo [[crawl]], entón chamado ''trudgen'', foi introducido en 1873 por John Arturh Trudgen, que o copiou dos [[Amerindio|indios]] nativos de América.


A natación pasou a ser parte dos primeros [[Xogos Olímpicos]] modernos de 1896 en Atenas. En 1902, o "estilo trudgen" foi mellorado por Richard Cavill, usando a patada continua. En 1908, creouse a Asociación Mundial de Natación (a '''FINA: Federation Internationale de Natation Amateur''').
A natación pasou a ser parte dos primeros [[Xogos Olímpicos]] modernos de 1896 en Atenas. En 1902, o "estilo trudgen" foi mellorado por Richard Cavill, usando a patada continua. En 1908, creouse a Asociación Mundial de Natación (a '''FINA: Federation Internationale de Natation Amateur''').

Revisión como estaba o 23 de febreiro de 2015 ás 19:58

Imaxe dunha persoa practicando a natación.

A natación é a actividade física do home e doutros animais que consiste en se desprazar na auga, por medio de movementos dos brazos e pernas, polo xeral sen ningún instrumento artificial. É un deporte aeróbico, xa que nel móvense de forma coordinada tódolos grupos musculares i está comprobado que serve para mellora-la resistencia física.[Cómpre referencia]

A natación era orixinalmente un medio de supervivencia do home, que en tempos primitivos precisaba fuxir de animais maiores ou cazar por entre ríos e lagos. Actualmente a natación é sobre todo un método recreativo e un deporte, utilizándose eventualmente para salvar persoas do afogamento. Tamén existe o nado asociado a traballo, como no caso dos recolectores de perlas, algúns tipos de pescadores e aos científicos que investigan a fauna e flora marítimas.

Diversos animais posúen a capacidade de nadar por instinto; o home precisa desenvolvela. Porén, unha vez aprendida, xamais se esquece. A práctica da natación considérase un dos mellores exercicios físicos existentes.

Os seus usos principais son o baño, o buceo, a pesca submariña, salvamento acuático, actividade lúdica, exercicio e deporte.

Deporte

A natación insírese nos deportes acuáticos. O obxectivo dunha competición de natación é determinar cal o nadador máis rápido. Existe unha serie de regulamentos acerca das competicións da natación. A regra básica separa o modo polo cal o atleta gaña impulso na auga en catro estilos diferentes:

Cada un deses estilos ten especificacións en canto á posición do tórax do atleta e ao movemento de pernas e brazos. No estilo crawl, por exemplo, o atleta posiciónase co peito voltado para o fondo da piscina, en posición horizontal no nivel de auga; os brazos saen da auga en posición paralela ao corpo, xogándose para fronte por riba da auga, alternadamente (en canto un vai para diante, o outro brazo volta para tras por baixo da auga); as pernas móvense para diante e para tras tamén alternadamente. Xa no nado bolboreta, o atleta tamén fica co peito voltado para o fondo da piscina, mais xoga os dous brazos ao mesmo tempo para fronte e produce un movemento tamén sincronizado coas pernas, para riba e para baixo. No nado de costas o atleta fica co peito voltado para riba, e as costas voltadas para o fondo da piscina.

A piscina oficial de competicións mede 50 metros ao longo. Debe conter 8 raias, cada unha de 2,5 metros de largura, cun espazo suplementar mínimo de 20 centímetros ao lado das raias externas. A profundidade debe ser igual ou superior a 1,35 metros. A auga debe estar a unha temperatura entre 25 ºC e 28 ºC nas competicións.

En ámbito internacional a natación competitiva organízase pola FINA (Fédération Internationale de Natation).

Historia

Antigüidade

Dende épocas primitivas, o ser humano tivo que adaptarse ó medio que o rodea, e un deles é o acuático. Se temos en conta que a superficie do planeta Terra está formada nas súas tres cuartas partes de auga, poderemos comprender a importancia e a necesidade do home de adaptarse a este medio.

A natación coñécese dende a época prehistórica, como o demostran debuxos da Idade de Pedra na Caverna do Nadador, preto de Wadi Sora (ou Sura), na parte suroeste de Exipto. As referencias escritas datan dende o ano 2000 a. C., incluído Gilgamesh, A Ilíada, a Biblia (Ezequiel 47:5, Actos 27:42, Isaías 25:11), Beowulf, e outras sagas.

En 1538, Nicolas Wynman, profesor alemán de idiomas, escribiu o primeiro libro sobre a natación, titulado: Colymbetes.

Idade Moderna

Piscina en Mosul, Iraq.

A natación competitiva en Europa empezou ó redor do ano 1800, principalmente usando o estilo de braza. O estilo crawl, entón chamado trudgen, foi introducido en 1873 por John Arturh Trudgen, que o copiou dos indios nativos de América.

A natación pasou a ser parte dos primeros Xogos Olímpicos modernos de 1896 en Atenas. En 1902, o "estilo trudgen" foi mellorado por Richard Cavill, usando a patada continua. En 1908, creouse a Asociación Mundial de Natación (a FINA: Federation Internationale de Natation Amateur).

O estilo bolboreta foi nun principio unha variación do estilo braza, ata que foi aceptado como un estilo autónomo en 1952.

Véxase tamén

Ligazóns externas