Volframio: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
{{Elemento químico}}
http://www.ciaaw.org/atomic-weights.htm
Liña 17: Liña 17:
|CAS =
|CAS =
|EINECS =
|EINECS =
|masa_atómica = 183,84
|masa_atómica = 183,84(1)<ref>[http://www.ciaaw.org/atomic-weights.htm CIAAW]</ref>
|radio_medio = 135
|radio_medio = 135
|radio_atómico = 193
|radio_atómico = 193

Revisión como estaba o 21 de febreiro de 2015 ás 11:08

Volframio
[[Ficheiro:|200px]]
Mo
 
 
74
W
 
               
               
                                   
                                   
                                                               
                                                               
W
Sg
TántaloVolframioRenio
Táboa periódica dos elementos
[[Ficheiro:{{{espectro}}}|300px|center]]
Liñas espectrais do Volframio
Información xeral
Nome, símbolo, número Volframio, W, 74
Serie química Metal de transición
Grupo, período, bloque 6, 6, d
Densidade 19250 kg/m3
Dureza 7,5
Aparencia Blanco grisáceo

N° CAS
N° EINECS
Propiedades atómicas
Masa atómica 183,84(1)[1] u
Raio medio 135 pm
Raio atómico (calc) 193 pm
Raio covalente 146 pm
Raio de van der Waals pm
Configuración electrónica [Xe] 4f14 5d4 6s2[2]
Electróns por nivel de enerxía 2, 8, 18, 32, 12, 2
Estado(s) de oxidación 6, 5, 4, 3, 2
Óxido levemente ácido
Estrutura cristalina cúbica centrada no corpo
Propiedades físicas
Estado ordinario sólido
Punto de fusión 3695 K
Punto de ebulición {{{P_ebulición}}} K
Punto de inflamabilidade {{{P_inflamabilidade}}} K
Entalpía de vaporización 82456 kJ/mol
Entalpía de fusión 35,4 kJ/mol
Presión de vapor 4,27 Pa a 3680 K
Temperatura crítica  K
Presión crítica  Pa
Volume molar m3/mol
Velocidade do son 5174 m/s a 293.15 K (20 °C)
Varios
Electronegatividade (Pauling) 2,36
Calor específica 130 J/(K·kg)
Condutividade eléctrica S/m
Condutividade térmica 174 W/(K·m)
1.ª Enerxía de ionización 770 kJ/mol
2.ª Enerxía de ionización 1700 kJ/mol
3.ª Enerxía de ionización kJ/mol
4.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización4}}} kJ/mol
5.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización5}}} kJ/mol
6.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización6}}} kJ/mol
7.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización7}}} kJ/mol
8.ª enerxía de ionización {{{E_ionización8}}} kJ/mol
9.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización9}}} kJ/mol
10.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización10}}} kJ/mol
Isótopos máis estables
iso AN Período MD Ed PD
MeV
180W0,12%1.8×1018 aα2,516176Hf
181WSintético121,2 dε0,188181Ta
182W26,50%estable con 108 neutróns
183W14,31%estable con 109 neutróns
184W30,64%estable con 110 neutróns
185W75,1 dβ-0,433
186W28,43%estable con 112 neutróns
Unidades segundo o SI e en condicións normais de presión e temperatura, salvo indicación contraria.

O volframio (tamén chamado tungsteno no mundo anglosaxón) é un elemento químico de número atómico 74, que se encontra no grupo 6 da táboa periódica dos elementos. O seu símbolo é W.

É un metal escaso na cortiza terrestre. Encóntrase en forma de óxido e de sales en certos minerais. De cor gris aceirada, moi duro e denso, ten o punto de fusión máis elevado de tódolos metais (3683[3]-3695[4]) e, xunto co renio, o punto de ebulición máis alto de tódolos elementos coñecidos (máis de 5800[5]). Úsase nos filamentos das lámpadas incandescentes, en eléctrodos non consumibles de soldaduras, en resistencias eléctricas e, aliado co aceiro, na fabricación de aceiros especiais.

A súa variedade de carburo de volframio sintetizado emprégase para fabricar ferramentas de corte. Esta variedade absorbe máis do 60 % da demanda mundial de volframio.

É un material estratéxico e estivo na lista de produtos máis cobizados desde a segunda guerra mundial. O goberno dos Estados Unidos mantén unhas reservas nacionais de 6 meses xunto a outros produtos considerados de primeira necesidade para a súa supervivencia.

É fundamental para entender as sociedades modernas. Sen el non se poderían producir dunha forma económica tódalas máquinas que nos rodean e as cousas que se producen con elas.

Historia

En 1779 Peter Woulfe, estudando unha mostra do mineral volframita, (Mn, Fe)WO4, predixo que debía conter un novo elemento.

En 1781 Carl Wilhelm Scheele e Torbern Bergman suxeriron que se podía encontrar un novo elemento reducindo un ácido (denominado "ácido túngstico") obtido a partir do mineral scheelita, CaWO4.

En 1783 os irmáns Juan José e Fausto Elhuyar Lubice encontraron un ácido a partir da volframita idéntico ó ácido túngstico. Juan José trouxo o mineral desde o seu periplo polas minas e universidades europeas. En Upsala tomou clases con Bergman, que lle transmitiu as súas intuicións respecto ó tungsteno. Conseguiron illar o novo elemento mediante unha redución con carbón vexetal no laboratorio da Sociedad Vascongada en Vergara. Publicaron Análisis químico del volfram y examen de un nuevo metal que entra en su composición describindo o descubrimento.

En 1820 o químico sueco Berzelius obtivo volframio mediante a redución con hidróxeno. O método, empregado aínda na actualidade, comezou a abrir as posibilidades de uso deste metal tan extraordinario, pero o seu desenvolvemento foi lento.

A necesidade constante de novos materiais para alimentar as guerras do século XIX fixo que os aceiristas austríacos e ingleses empezasen a investigar as propiedades do volframio como elemento de aliaxe. Na Universidade de Viena experimentouse con aliaxes a base de volframio.

A palabra tungsten procede do sueco tung ("pesado") e sten ("pedra"), ou sexa "pedra pesada". Foi chamado así polo mineraloxista sueco Alex Fredrik Cronsted, descubridor do níquel, que incluíu unha descrición deste mineral descoñecido no seu libro Ensaios de Mineraloxía (1758). Na versión inglesa, best seller académico da época, mantívose a palabra tungsten, o que explica a súa popularidade no mundo anglosaxón.

A palabra volframio procede do alemán wolf e rahm ("baba de lobo"). Isto débese á crenza dos mineiros medievais saxóns que crían que o diaño se aparecía en forma de lobo e habitaba nas profundidades das minas, corroendo a casiterita coas súas fauces babexantes. Este metal aparecía mesturado co ácido doutro descoñecido -volframio- que actuaba corroéndoo.

Usos

Adóitase empregar nos filamentos das lámpadas incandescentes, nos arames dos fornos eléctricos, nas puntas dos bolígrafos e na produción de aliaxes de aceiro duras e resistentes.

Accesorios para soldadura TIG

Para a soldadura TIG (Tungsten Inert Gas): consiste en usalo como eléctrodo non fusible (que non se funde), para facer de arco eléctrico entre a peza e a máquina, xa que soporta 3410 °C cando é puro (úsase para soldar aluminio o magnesio en corrente alterna). Neste caso, o eléctrodo leva un distintivo de cor verde. Así mesmo, se se alía con torio (ó 2 %), soporta os 4000 °C, e o seu uso engloba a soldadura con aceiros inoxidables, cobre ou titanio en corrente continua, estando neste caso a cinta pintada de cor vermella. Tamén se dan aliaxes con outros elementos químicos, como o circonio ou o lantano.

Outros usos son a fabricación de buxías de acendido, contactos eléctricos, ferramentas de corte ou placas en tubos de raios X. Na Segunda Guerra Mundial usábase para reforzar a punta dos proxectís antitanque.

Tamén se usa para a fabricación de dardos, concretamente nos barrís dos dardos, en aliaxe con níquel, e nunha proporción entre o 80% e o 97%. Nos últimos anos utilizouse para a fabricación de xoias como brazaletes, aneis ou reloxos cunha gran aceptación por usuarios.

Abundancia e obtención

Rochas de volframita achadas nas minas de San Fins.

Abonda en Bolivia, Estados Unidos (en California e Colorado), China (75 % das extraccións mundiais no 2002), Portugal, Rusia e Corea do Sur. En España hai minas en Estremadura (Tornavacas) e en Galiza, onde tivo gran relevancia pola gran demanda durante a Segunda Guerra Mundial. Así, tiveron moita importancia as minas de San Fins, as de de Ponteceso e Fontao (Vila de Cruces). Nas dúas últimas foron recluídos presos políticos entre 1939 e 1945.

Para extraer o elemento da súa mina, fúndese esta con carbonato de sodio, obténdose volframato de sodio (Na2WO4). O volframato de sodio soluble extraese despois con auga quente e trátase con ácido clorhídrico para conseguir ácido volfrámico (H2WO4). Este último composto, unha vez lavado e secado, forma o óxido WO3, que se reduce con hidróxeno nun forno eléctrico. O fino po obtido requéntase en moldes nunha atmosfera de hidróxeno, e prénsase en forma de barras que se enrolan e martelan a alta temperatura para facelas compactas e dúctiles.

Compostos

Pode presentar estados de oxidación desde -II a +IV, pero os máis comúns son os elevados. A flexibilidade no estado de oxidación dá lugar a unha serie de compostos de valencia mixta. Os seus compostos máis característicos son:

  • Óxidos de volframio, e, a partir deles conséguese:
  • Volframatos simples;
  • Iso e heteropoliácidos e as súas sales, polioxometalatos dunha gran riqueza e variedade estrutural;
  • sulfuros e halogenuros;

Notas

  1. CIAAW
  2. "Why does Tungsten not 'Kick' up an electron from the s sublevel ?".  Parámetro descoñecido |fechaacceso= ignorado (suxírese |data-acceso=) (Axuda)
  3. 3683 K (3.410 °C) na taboa de volframio; dáse 3687 K (3414 °C, 6177 °F) no texto de en:melting point
  4. 3695 K ​(3422 °C, ​6192 °F) na táboa de en:tungsten
  5. en:List of elements

Véxase tamén

Ligazóns externas