Normativa oficial do galego: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
→‎Criterios: reformulo o de que "a xente láiase de que a cambian cada pouco"
unificación dos apartados "Véxase tamén"
Liña 67: Liña 67:


== Véxase tamén ==
== Véxase tamén ==
* [[Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego]]
* [[VOLG]]
* [[normalización lingüística]]
* [[normalización lingüística]]
* [[norma]]
* [[norma]]
* [[normativización]]
* [[normativización]]
* [[Normativización do galego]]
* [[lusismo]]
* [[lusismo]]
* [[reintegracionismo]]
* [[reintegracionismo]]

[[category:normalización lingüística]]


== Véxase tamén ==
* [[Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego]]
* [[Normativización do galego]]
* [[Instituto da Lingua Galega]]
* [[Instituto da Lingua Galega]]
* [[Reintegracionismo]]
* [[Planificación lingüística]]
* [[Planificación lingüística]]
* [[VOLG]]


[[category:normalización lingüística]]
*[[Normativa oficial do galego - Cambios_no_lexico|Cambios no léxico]]
*[[Normativa oficial do galego - Cambios_no_lexico|Cambios no léxico]]



Revisión como estaba o 14 de abril de 2007 ás 20:00

Este artigo trata sobre as normas para a escrita do galego legalmente válidas. O concepto e a aplicación da "normativa oficial" teñen xerado moita confusión e conflito en Galiza nas últimas décadas.

O Estatuto de autonomía de Galicia dotou aos poderes públicos galegos da competencia con respecto á lingua galega. O 17 de novembro de 1982 a Xunta estableceu que existiría unha norma de uso oficial para o ensino e que excluiría das axudas económicas os textos non publicados na "normativa oficial", en clara referencia ao reintegracionismo.

Coa publicación da Lei de normalización lingüística o 15 de xuño de 1983, estableceuse que o criterio de autoridade para a normativización do galego sería a Real Academia Galega, relegando o Instituto da Lingua Galega como referencia legal.

A variedade estándar ou padrón, fixada a medias entre o ILG e a RAG, inicialmente constaba só con indicacións morfolóxicas e ortográficas, as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego (NOMIG), publicadas en 1983 e aplicadas no dicionario da RAG de 1997 (unhas trinta mil palabras) e reformadas en 2003, pero coa publicación do VOLG en 2004 definíronse de facto tamén coma normas léxicas. Isto non implica que o que non apareza no VOLG non sexa normativo (sen menoscabo das súas proscricións), simplemente significa que non é amplo dabondo para recoller todo o léxico galego.

A primeira normativa oficial

O 3 de xullo de 1982, a Real Academia Galega (RAG) e o Instituto da Lingua Galega (ILG) aprobaron en sesión conxunta as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego (NOMIG). En abril de 1983, a Xunta publicou o Decreto de Normativización da Lingua Galega (coñecido como "Decreto Filgueira"), que consagraba estas normas como modelo para a escrita da lingua galega.

En 1990 a RAG e o ILG publicaron o Diccionario da Lingua Galega, con 12.000 entradas, que constituía así a normativa sobre o léxico (as Normas só tratan da ortografía e a morfoloxía).

En 1995 modificáronse parcialmente as NOMIG: a proposta do Consello Científico do ILG (11 de novembro de 1994), o Plenario da RAG ratificou estas lixeiras modificacións o 25 de febreiro de 1995. O novo texto publicouse en maio, e tivo valor inmediato, sen precisar de aprobación por parte do goberno galego, que foi simplemente informado.

A nova edición do Diccionario da RAG de 1997 contiña 25.000 entradas.

A reforma de 2003

En 2001 iniciouse un proceso de negociación entre os departamentos de galego das tres universidades galegas, o Instituto da Lingua Galega e diferentes asociacións. O obxectivo era a unificación de dúas das tres diferentes normativas –e posturas– sobre o galego existentes: a normativa “oficial”, aprobada polo Instituto da Lingua Galega, o reintegracionismo –partidario da unificación ortográfica co portugués–, e o reintegracionismo de mínimos, unha fórmula intermedia entre as dúas defendida por varias outras asociacións. Este grupo de entidades presentoulle unha proposta á Academia.

A Academia discutiuna en novembro do 2001, aínda baixo a presidencia de Francisco Fernández del Riego. Foi un debate difícil que rematou cunha votación con resultado de once votos en contra da mudanza, dúas abstencións e sete votos a favor, aínda que ninguén nese momento deu o asunto por pechado. A decisión foi polémica no seu momento e transcendeu o ámbito dos investigadores e filólogos. O 30 de setembro do 2002, a Real Academia decidiu reabrir o debate, aínda que desde o interior da institución. O novo presidente era Xosé Ramón Barreiro, que se comprometera a conducir a reforma ao ocupar o cargo. A proposta finalmente aprobada pola RAG non coincide ao cento por cento coa presentada dous anos antes, xa que algúns dos puntos non se aceptaron na súa integridade, baixo a acusación máis ou menos velada dunha certa deriva lusista.

Normativa do galego

Estas son as normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, aprobadas o 12 de xullo de 2003 pola Real Academia Galega e actualmente en vigor.

  1. O alfabeto
  2. A acentuación
  3. O guión
  4. Uso das maiúsculas
  5. A diérese
  6. O apóstrofo
  7. Os signos de interrogación e de admiración
  8. Grupos consonánticos
  9. Sufixos e terminacións
  10. Outras particularidades
  11. Formación do plural
  12. Formación do feminino
  13. Comparativos e superlativos
  14. O artigo
  15. Pronomes
  16. Numerais
  17. Verbo
  18. Adverbios e locucións adverbiais
  19. Preposicións e locucións prepositivas
  20. Conxuncións e locucións conxuntivas

Criterios

Os principais criterios para a escolla das alternativas que entran dentro da normativa foron:

  1. etimoloxía;
  2. difusión na lingua común (tanto territorial coma demograficamente), por un achegamento á lingua oral
  3. pragmatismo que permita ó usuario distinguir o que é preciso distinguir;
  4. coherencia dentro do sistema das linguas románicas, especialmente co do portugués;
  5. tradición na escrita literaria galega dende os séculos escuros ou na época medieval;
  6. evolución esperable dentro do galego segundo as leis fónicas da historia da lingua galega, mesmo con (pseudo)regularizacións de sistemas analóxicos;

A aplicación destes criterios é variable e fronte a unha serie de exemplos de aplicación pódeselle apoñer outra lista de contraexemplos, respectivamente:

  1. covarde, móbil, téxtil, o paradoxo, ovo, horta, ermida; España, Xoán;
  2. cantabámos, seseo; -án/-á, -óns, gheada;
  3. influenza-influencia, adicción-adición, uso de ¿, til diacrítico; marcación de vogais medias;
  4. aluguer (na tradición medieval recollida consta alugueiro);
  5. estable-establecer-estábel-estabelecer; piadoso (*piedoso), aparencia-desgraza-presenza-ausencia;

A conceptualización da norma galega é moi diferente da española:

  • mentres a galega é aínda fundamentalmente morfolóxica e ortográfica, a prescritiva española é ademáis léxica, fónica e sintáctica, debido ó seu maior percorrido histórico;
  • mentres que a española varía cada ano do dicionario da RAE sen ser posta en cuestión, a galega modificouse unha vez en 20 anos e existe un sentimento de ela ser cambiada con frecuencia (probabelmente froito de que a tradición filolóxica hispánica segue a ser unha ideoloxía dominante);
  • mentres que a española é máis rexa e estricta, a galega permite en moitas máis ocasións unha escolla entre variantes alternativas (Galiza/Galicia, -ao/án e -á/-án, -ble/-bel, ao/ó, pór/poñer, oír/ouvir, pósteres/pósters, gorecer/guarecer, -ería/-aría), aínda que moitas veces dando unha coma preferente;
  • mentres a galega pretende ser máis fiel á etimoloxía, a española é máis variable por non ser tan moderna;

Existe certo debate sobre a necesidade (non só a utilidade, que é menos discutible) da existencia dunha normativa e como debe definirse sociopoliticamente. A este respecto, hai aínda no galego un sector que defende algún tipo de paralelismo entre a nosa norma estándar e a do portugués: ben un achegamento (reintegracionistas), ben unha integración total (lusistas). Dende posturas máis achegadas á escola hispanista, a normativa non é doadamente comprensible, pois se asumen os parámetros do español para unha situación social e lingüística moi distinta: só utilizar o recorrente argumento de que galego se lle vai ensinar ós estranxeiros? revela a descontextualización das súas perspectivas: a norma dunha lingua, e en concreto a normativa do galego, non se fai para os alófonos, faise para os que xa falan o galego. Outra cuestión ademais é o seu éxito ou grao de identificación nos falantes naturais ou tradicionais (os de toda a vida, normalmente analfabetos), que non sempre chega a unha adhesión mínima.

Véxase tamén