Pretzel: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 19: Liña 19:
A súa representación máis antiga aparece no ''Hortus Deliciarum'', realizado en [[1190]]. É unha das miniaturas do códice aparece a escena dun banquete no que participan a raíña [[Ester (personaxe bíblico)|Ester]] e o seu home o rei [[Persia|persiano]] [[Asuero]]/[[Jerjes]]. Sobre a mesa, óllase un ''brezel'' á dereita do rei.
A súa representación máis antiga aparece no ''Hortus Deliciarum'', realizado en [[1190]]. É unha das miniaturas do códice aparece a escena dun banquete no que participan a raíña [[Ester (personaxe bíblico)|Ester]] e o seu home o rei [[Persia|persiano]] [[Asuero]]/[[Jerjes]]. Sobre a mesa, óllase un ''brezel'' á dereita do rei.


Na tradición católica do sur de Alemaña utilizábanse os "''palmbrezel''" para adornar as palmas que se levaban a benzoar á [[igrexa (edificio)|igrexa]] o [[Domingo de Ramos]] (''Palmsonntag'').
Na tradición católica do sur de Alemaña utilizábanse os "''palmbrezel''" para adornar as palmas que se levaban a benzoar á [[igrexa]] o [[Domingo de Ramos]] (''Palmsonntag'').


== Notas ==
== Notas ==

Revisión como estaba o 13 de febreiro de 2015 ás 23:54

Un pretzel duro.
Un pretzel brando.

Un pretzel ou en antigo alto alemán brezitella palabra que derivou en pretzels, brezl e incluso pretzel; en Baviera e Austria pretzels, na fala vienesa tamén Pretzel, no dialecto suabo tamén Bretzet ou Bretzg / Bretzga (sing. / pl.), no Baden e alemánico a miúdo Bretschl; no norte de Alsacia xeralmente Bredschdel ou Bradschdal, nalgunhas formas do conxunto de dialectos suízo-alemáns 'bretzel'.[1] É un tipo de galleta ou bolo enfornado, e retorto en forma de lazo, cun sabor lixeiramente salgado. A súa orixe atópase en Alemaña, e é bastante popular en Alsacia, a Suíza alemá, América do Norte e Australia.

O seu nome provén da palabra alemá Brezel ou Breze, derivada do latín bracellus, 'braciño' ou 'bracelo'. Este nome débese a que a súa forma lembra a dous brazos entrelazados. En Alemaña e especialmente en Baviera, lugar do seu nacemento, o pretzel é moi diferente ao dos Estados Unidos. Forma parte da comida típica do país e é un tipo de pan salgado.

Variedade de pretzels.

Basicamente existen dúas categorías: os pretzels de galleta e os pretzels de pan mol. O segundo tipo pódese preparar cunha gran variedade de sabores, que inclúen améndoa, allo, etc.

Ingredientes

Os seus ingredientes principais soen ser: fariña de trigo con fermento, leite e manteiga; a masa mergúllase brevemente nunha solución de hidróxido de sodio (sosa cáustica) ou bicarbonato de sodio ao 3% antes de enfornar, e usualmente se lle engde sal, aínda que tamén se fan doces, aromatizados con canela, vainilla, etc. Algunhas receitas rexionais agregan ovo e reladura de limón.

Historia

A súa orixe parece estar relacionado coas festividades celtas que se realizaban ao inicio da primavera, cando o sol transita pola constelación de Aries, o carneiro, polo que a súa característica forma representaría os cornos deste animal zodiacal.

Hortus Deliciarum 1190.

Os romanos chamáronos panis tordus. Contra o 610, os freires bieitos de Borgoña e Renania adoptáronos para entregalos como premio aos cativos que realizaban as súas tarefas escolares. Eles explicaban que os "brezel" representaban os brazos dun neno a realizar as súas pregarias e chamáronos brachiola ou pretiola.

A súa representación máis antiga aparece no Hortus Deliciarum, realizado en 1190. É unha das miniaturas do códice aparece a escena dun banquete no que participan a raíña Ester e o seu home o rei persiano Asuero/Jerjes. Sobre a mesa, óllase un brezel á dereita do rei.

Na tradición católica do sur de Alemaña utilizábanse os "palmbrezel" para adornar as palmas que se levaban a benzoar á igrexa o Domingo de Ramos (Palmsonntag).

Notas

Véxase tamén