Erase Errata: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
corrixo "soen" por "adoitan" ou "acostuman"
Liña 14: Liña 14:
}}
}}


'''Erase Errata''' é unha banda de [[rock alternativo]] estadounidense procedente de [[San Francisco, California]]. Soen citar a [[Captain Beefheart]], [[The Fall]] e [[Minutemen (grupo musical)|Minutemen]] como inspiración. O grupo usa a improvisación como unha ferramenta de composición e cada unha das súas actuacións é unha manifestación única das súas cancións.
'''Erase Errata''' é unha banda de [[rock alternativo]] estadounidense procedente de [[San Francisco, California]]. Adoitan citar a [[Captain Beefheart]], [[The Fall]] e [[Minutemen (grupo musical)|Minutemen]] como inspiración. O grupo usa a improvisación como unha ferramenta de composición e cada unha das súas actuacións é unha manifestación única das súas cancións.


== Historia ==
== Historia ==

Revisión como estaba o 9 de febreiro de 2015 ás 17:45

Erase Errata
OrixeSan Francisco, California,
Período1999 - actualidade
Xénero(s)post-punk revival, rock alternativo, noise rock, indie rock
Selo(s) discográfico(s)Troubleman Unlimited, Kill Rock Stars, Lungcast
MembrosJenny Hoyston
Ellie Erickson
Bianca Sparta
Antigos membrosSara Jaffe
Archie McKay
Na rede
http://www.eraseerrata.com/
Facebook: eraseerrata Bandcamp: eraseerrata Last fm: Erase+Errata Musicbrainz: f2aa3d25-8237-483b-ae41-bf15e5e348bd Songkick: 323515 Discogs: 80777 Allmusic: mn0000800193 Editar o valor em Wikidata

Erase Errata é unha banda de rock alternativo estadounidense procedente de San Francisco, California. Adoitan citar a Captain Beefheart, The Fall e Minutemen como inspiración. O grupo usa a improvisación como unha ferramenta de composición e cada unha das súas actuacións é unha manifestación única das súas cancións.

Historia

Erase Errata formouse en Oakland, California en 1999 e rapidamente gañou fama en todo o país despois da edición do seu 7" de estrea, Erase Errata, e grazas a xiras ao lado da banda de electro grrl Le Tigre e ao grupo de noise rock Melt Banana. Lanzaron o seu aclamado primeiro álbum Other Animals en 2001, seguido de At Crystal Palace en 2003, ambos a través do selo Troubleman Unlimited. O grupo comezou a contar entón con Sonic Youth, Mission of Burma e The Ex entre os seus seareiros.

Despois de que a guitarrista fundadora Sara Jaffe deixase Erase Errata en 2004, a vocalista Jenny Hoyston pasouse á guitarra e durante un tempo a banda víuse forzada a ter un vocalista masculino chamado Archie McKay. Finalmente o grupo converteuse nun trío, con Hoyston como guitarrista e vocalista. No ano 2006 editaron o álbum Nightlife, pasando a formar parte do plantel do selo Kill Rock Stars.

Discografía

Álbums de estudio

Recompilatorios

Véxase tamén

Ligazóns externas