Aleksandr Kerenskii: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 31: Liña 31:
|[[Partido Social-Revolucionario]]
|[[Partido Social-Revolucionario]]
|}
|}
{{Contén texto cirílico}}

'''Aleksandr Fedorovich Kerenskii''' (en {{lang-ru|Александр Фёдорович Керенский}}), nado en [[Simbirsk]] o [[22 de abril]] de [[1881]] ([[2 de maio]] segundo o [[calendario gregoriano]]) e finado en [[Nova York]] o [[11 de xuño]] de [[1970]],<ref>{{cita libro |cita='''''Kerenski, Alexander Feódorovich''' Político ruso (1881-1970)'' |título=[[Diciopedia do século 21]] |volume=2 |páxina=1.169 |ano=2006}}</ref><ref>{{cita libro |cita='''''Kerenskij, Aleksandr F'odorovič''' (Simbirsk, actual Uljanovsk 1881 - Nova York 1970) Político...'' |título=[[Diccionario enciclopédico galego universal|DEGU]] |volume=36 |páxina=24 |ano=2003}}</ref> foi un político [[socialdemocracia|socialdemócrata]], avogado e un líder revolucionario ruso, que desempeñou un papel primordial no derrocamento do réxime [[tsar]]ista en [[Rusia]]. Foi o segundo [[primeiro ministro]] do [[Goberno Provisional Ruso|goberno provisional]] instaurado trala [[Revolución de Febreiro]]. Foi quen de facer fracasar o golpe de [[Lavr Georgievich Kornilov|Kornilov]], pero non puido evitar a [[Revolución de Outubro]] na que os bolxeviques tomaron o poder.

Revisión como estaba o 7 de febreiro de 2015 ás 12:25

Aleksandr Fedorovich Kerenskii
Período de goberno: 1917 (21 de xullo - 8 de novembro)
Predecesor: Georgii Lvov
Sucesor: Lenin
Data de nacemento: 22 de abril de 1881
Lugar de nacemento: Simbirsk, Imperio Ruso
Data da morte: 11 de xuño de 1970
Lugar do falecemento: Nova York, Estados Unidos
Profesión: Político e avogado
Partido político: Partido Social-Revolucionario

Aleksandr Fedorovich Kerenskii (en ruso: Александр Фёдорович Керенский), nado en Simbirsk o 22 de abril de 1881 (2 de maio segundo o calendario gregoriano) e finado en Nova York o 11 de xuño de 1970,[1][2] foi un político socialdemócrata, avogado e un líder revolucionario ruso, que desempeñou un papel primordial no derrocamento do réxime tsarista en Rusia. Foi o segundo primeiro ministro do goberno provisional instaurado trala Revolución de Febreiro. Foi quen de facer fracasar o golpe de Kornilov, pero non puido evitar a Revolución de Outubro na que os bolxeviques tomaron o poder.

Mocidade

Aleksandr Kerenskii nado en Simbirsk (agora Ulianovsk) preto do río Volga, na familia do director do colexio de secundaria, Fedor Kerenskii, cuxo pai foi un sacerdote da Igrexa Ortodoxa Rusa. A súa nai, Nadezhda Adler, foi filla do nobre, Alexander Adler.

O pai de Kerenskii foi o director de Vladimir Ulianov (Lenin) na escola secundaria para nenos de Simbirsk, e varios membros da familia de Kerenskii e Ulianov eran amigos. En 1889, cando Kerenskii tiña oito anos, a súa familia mudouse a Tashkent, onde os seu pai fora designado como inspector principal dos colexios públicos. Kerenskii graduouse con honores na escola secundaria de Tashkent en 1899. O mesmo ano ingresou na Universidade de St. Petersburgo, onde estudou historia e filoloxía no primeiro ano. Ó ano seguinte cambiou para o departamento de Leis e recibiu o graduado en 1904. Traballou como conselleiro legal das vítimas da violencia do goberno en 1905. A finais de decembro de 1905, foi encarcerado so sospeita de que pertencía a un grupo militante. Gañou reputación polo seu traballo como avogado defensor nos xuízos contra revolucionarios.

Foi elixido para a Cuarta Duma en 1912 como membro dos Trudoviks, un partido Laborista moderado que estaba asociado ó Partido Social-Revolucionario. Foi un brillante orador chegando a ser o líder da oposición contra o réxime do tsar Nicolao II

Revolución de Outubro de 1917

Kerenskii distribuíra armas ós traballadores de Petrogrado, e en outubro moitos destes traballadores convertéranse en bolxeviques. Entre o 25 de outubroxul./ 7 de novembrogreg. e o 26 de outubroxul./ 8 de novembro de 1917greg. os bolxeviques lanzaron a segunda Revolución Rusa do ano. O goberno de Kerenskii en Petrogrado case non tiña apoios na cidade. Só un pequeno rexemento de mulleres, loitaban contra os bolxeviques para salvaren o goberno, pero estes tomaron o control sen daren nin un só disparo en menos de 20 horas.

Kerenskii escapou dos bolxeviques e marchou cara a Pskov, onde atopou algúns fieis para un intento de recuperar a capital. As tropas avanzaron ata Tsarskoie Selo, pero foron derrotadas ó día seguinte en Pulkovo. Kerenskii fuxiu e pasou os seguintes días escondido ata que conseguiu saír do país e chegar á Francia. Durante a Guerra Civil Rusa non apoiou a ningún dos dous bandos, os bolxeviques e os Brancos.

Notas

  1. Diciopedia do século 21 2. 2006. p. 1.169. Kerenski, Alexander Feódorovich Político ruso (1881-1970) 
  2. DEGU 36. 2003. p. 24. Kerenskij, Aleksandr F'odorovič (Simbirsk, actual Uljanovsk 1881 - Nova York 1970) Político... 

Véxase tamén

Predecesor:
Georgy Lvov

Presidente do Goberno Provisional

1917 (21 de xullo - 8 de novembro)
Sucesor:
Vladimir Lenin