Vallecas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Prevert (conversa | contribucións)
m ligazón
m Category:Comunidade de Madrid
Liña 15: Liña 15:
Desde o ano [[1960]] ata agora no [[2006]], sufriu unhas transformacións similares aos outros barrios da periferia de Madrid, pasou de ter rúas sen asfaltar e sen iluminar a estar completamente cheo de servizos: rede de [[metro]], urbanización das rúas, zonas axardinadas, grandes centros comerciais. Dun urbanismo salvaxe, onde houbo algunha estafa ben coñecida, pasou a un urbanismo ordenado.
Desde o ano [[1960]] ata agora no [[2006]], sufriu unhas transformacións similares aos outros barrios da periferia de Madrid, pasou de ter rúas sen asfaltar e sen iluminar a estar completamente cheo de servizos: rede de [[metro]], urbanización das rúas, zonas axardinadas, grandes centros comerciais. Dun urbanismo salvaxe, onde houbo algunha estafa ben coñecida, pasou a un urbanismo ordenado.


[[Category:Cidades de España]]
[[Category:Comunidade de Madrid]]


[[en:Vallecas]]
[[en:Vallecas]]

Revisión como estaba o 13 de abril de 2007 ás 21:56

Vallecas, barrio obreiro de Madrid, situado no Sueste. Ten 300.000 habitantes. Colleu grande sona na loita contra a ditadura franquista e era coñecido como a pequena Rusia. Figuras importantes desa loita foron o Padre LLanos e o cantautor Luis Pastor.

Os seus habitantes senten un forte orgullo por ter nacido no barrio. Ten un equipo de fútbol, o Rayo Vallecano, que durante varios anos participou na primeira división e no ano 1977 foi alcumado como o "Mata xigantes" polas súas vitorias contra os equipos grandes.

Deportivamente ten outra proba moito importante, a San Silvestre Vallecana, que se celebra o 31 de decembro, é unha carreira de atletismo de 10 km que se celebra en dúas categorías, a profesional e a popular, e remata no estadio do Rayo Vallecano.

O nome do barrio é frecuentemente escrito con "k" polos seus habitantes: "Vallekas".

No mes de xuño, nas festas do barrio celébrase a batalla naval, na "Plaza Vieja", corazón de Vallecas, que xunto aos bulevares forman o núcleo tradicional do barrio na zona do "Puente de Vallecas". Outra rúa importante é a do "Payaso Fofó", xunto ao campo do Rayo, pois esta famosa familia de pallasos e cómicos criouse no bairro durante moitos anos, de feito Fofó esta soterrado no cemiterio do "Pueblo de Vallecas".

A vía principal do barrio é a "Avenida de la Albufera".

A Asemblea de Madrid tamén está situada no bairro de Vallecas na zona de San Diego.

Desde o ano 1960 ata agora no 2006, sufriu unhas transformacións similares aos outros barrios da periferia de Madrid, pasou de ter rúas sen asfaltar e sen iluminar a estar completamente cheo de servizos: rede de metro, urbanización das rúas, zonas axardinadas, grandes centros comerciais. Dun urbanismo salvaxe, onde houbo algunha estafa ben coñecida, pasou a un urbanismo ordenado.