Mar Negro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
retiro ligazóns agora proporcionadas polo Wikidata
Sen resumo de edición
Liña 37: Liña 37:


== Poboación ==
== Poboación ==
As cidades máis importantes ao longo da costa inclúen [[Estambul]] (antigamente [[Constantinopla]] e [[Bizancio]]), [[Burgas]], [[Varna]], [[Constanta|Constanţa]], [[Ialta]], [[Odesa]], [[Sebastopol]], [[Batumi]], [[Trebizonda]], [[Samsun]] e [[Zonguldak]].
As cidades máis importantes ao longo da costa inclúen [[Estambul]] (antigamente [[Constantinopla]] e [[Bizancio]]), [[Burgas]], [[Varna]], [[Constanta|Constanţa]], [[Ialta]], [[Odesa]], [[Sebastopol]], [[Batumi]], [[Trebisonda]], [[Samsun]] e [[Zonguldak]].


{|class="infobox" style="text-align:center; width:97%; margin-right:10px; font-size:90%"
{|class="infobox" style="text-align:center; width:97%; margin-right:10px; font-size:90%"
Liña 67: Liña 67:
| style="text-align:center; background:#f0f0f0;"|6||align=left|'''[[Varna]]'''||[[Bulgaria]]||Varna||334,870
| style="text-align:center; background:#f0f0f0;"|6||align=left|'''[[Varna]]'''||[[Bulgaria]]||Varna||334,870
|-
|-
| style="text-align:center; background:#f0f0f0;"|7||align=left|'''[[Trebizonda]]'''||[[Turquía]]||Trebizonda||305,231<ref>{{cite web|url=http://rapor.tuik.gov.tr/reports/rwservlet?adnksdb2&ENVID=adnksdb2Env&report=wa_turkiye_ilce_koy_sehir.RDF&p_il1=61&p_kod=1&p_yil=2011&p_dil=1&desformat=html |title=Instituto Estatístico de Turquía |publisher=Rapor.tuik.gov.tr |date= |accessdate=2014-03-06}}</ref>
| style="text-align:center; background:#f0f0f0;"|7||align=left|'''[[Trebisonda]]'''||[[Turquía]]||Trebisonda||305,231<ref>{{cite web|url=http://rapor.tuik.gov.tr/reports/rwservlet?adnksdb2&ENVID=adnksdb2Env&report=wa_turkiye_ilce_koy_sehir.RDF&p_il1=61&p_kod=1&p_yil=2011&p_dil=1&desformat=html |title=Instituto Estatístico de Turquía |publisher=Rapor.tuik.gov.tr |date= |accessdate=2014-03-06}}</ref>
|-
|-
| style="text-align:center; background:#f0f0f0;"|8||align=left|'''[[Constanţa]]'''||[[Romanía]]||Constanța||283,872<ref>{{cite web|author=Stiati.ca |url=http://stiati.ca/cele-mai-mari-orase-din-romania/ |title=Cele mai mari orase din Romania |publisher=Stiati.ca |date= |accessdate=2014-03-06}}</ref>
| style="text-align:center; background:#f0f0f0;"|8||align=left|'''[[Constanţa]]'''||[[Romanía]]||Constanța||283,872<ref>{{cite web|author=Stiati.ca |url=http://stiati.ca/cele-mai-mari-orase-din-romania/ |title=Cele mai mari orase din Romania |publisher=Stiati.ca |date= |accessdate=2014-03-06}}</ref>

Revisión como estaba o 3 de febreiro de 2015 ás 14:55

Ficheiro:Marnegro.png
O Mar Negro visto por satélite, coa península da Crimea e o Mar de Azov ao norte - Imaxe da NASA.

O Mar Negro é un mar interior entre o sueste de Europa e Asia Menor. Conéctase co Mar Mediterráneo polo Bósforo e o Mar de Mármara, e ao Mar de Azov polo estreito de Kerch.

Características

Hai un importante fluxo de auga a través do Bósforo, 200 km³ por ano e de auga dóce das áreas adxacentes, especialmente da Europa Central e Oriental, totalizando 320 km³ por ano. O río máis importante a desaugar no Mar Negro é o río Danubio. O Mar Negro ten unha área de 422,000 km² e unha profundidade máxima de 2210 m.

Os países que costean o Mar Negro son Turquía, Bulgaria, Romanía, Ucraína, Rusia e Xeorxia. A península da Crimea é unha república autónoma da Ucraína.

Formación

Teoría da conexión co Mediterráneo durante o Holoceno

O Mar Negro atópase conectado co sistema mundial de océanos mediante un sistema de dous estreitos encadeados, o Estreito dos Dardanelos e o Estreito do Bósforo. Os dardanelos ten unha profundidade de 55 metros e o Bósforo de 36.

Tamén existen evidencias que indican que o nivel de auga no Mar Negro era considerabelmente menor durante o período glaciar, esto explica que os arqueólogos atoparan restos de moluscos de auga doce e estructuras constuídas polo home a uns 100 metros de distancia da costa actual de Turquía. A datación por radiocarbono destos moluscos indica que teñen unha idade de uns 7.000 anos.

Tendo en conta estos feitos existe un acordo en que durante a última glaciación e certos tempo despois do seu final o Mar Negro foi un lago de auga doce pechado. Tempo despois da era glaciar os niveis de auga do mar Negro e o mar Exeo eleváronse de maneira independiente ata alcanzar o punto no cal se atopan na actualidade. Sobre o punto no que aínda existe debate é o momento no que ocurriu tal conexión. Unha das teorías é que o mar Negro se encheu primeiro e que a auga doce rebasaba os actuais estreitos do Dardanelos e Bósforo e se descargaba no Mar Mediterráneo.

Teoría da inundación ou o diluvio

En 1997 William Ryan e Walter Pitman, da Universidade de Columbia, publicaron unha teoría segundo a cal se produxo unha gran inundación a través do Bósforo. Afirman que o mar Negro e o mar Caspio eran vastos lagos de auga doce pero que en torno ao 5.600 a.C o Mediterráneo rompeu o dique natural que os separaba destes lagos creando o paso actual entre os dous mares.

Historia

Dende a antiguidade foi escenario de loitas pola exemonía das súas augas, principalmente entre as grandes potencias do Imperio Otomán, que controlaba a entrada ao mesmo, e o Imperio Ruso. Na época moderna adquiriu unha nova importancia ao ser unha das vias de entrada do gas natural ruso en Europa.

Etimoloxía

O nome de Mar Negro tería como orixe a atribución polos turcos de cores aos puntos cardinais, o "negro" para o Norte, o "azul" para o Oeste, o "branco" para o Sur e o "verde" para o Leste. Ao estar este mar (deniz en turco) ao norte de Turquía, foi designado kara ("negro"), en turco Karadeniz ("mar negro"). Mentres que, por exemplo, o mar Mediterráneo, ao sur, sempre é chamado mar Branco, en turco Akdeniz (non confundir co mar Branco actual).

Fauna

Mexillón cebra.

O Mar Negro conta con especies animais características como son:

  • O mexillón cebra: O Mar Negro é, xunto ao Mar Caspio, o lugar de orixe desta especie de onde se foi extendendo a través da acción do home a gran parte do planeta. Na actualidade está considerada como especie invasora na maior parte destes lugares de destino.

Poboación

As cidades máis importantes ao longo da costa inclúen Estambul (antigamente Constantinopla e Bizancio), Burgas, Varna, Constanţa, Ialta, Odesa, Sebastopol, Batumi, Trebisonda, Samsun e Zonguldak.

Áreas urbanas máis poboadas en torno ao Mar Negro.

Odessa
Estanbul
Samsun
Odesa

Pos. Cidade País Rexión Poboación urbana

Sevastopol
Samsun
Sochi
Sevastopol

1 Estambul Turquía Estambul 13.624.240[1]
2 Odesa Ucraína Odesa 1.003.705
3 Samsun Turquía Samsun 535.401[2]
4 Sebastopol Ucraína Crimea 379,200
5 Sochi Rusia Krasnodar Krai 343,334
6 Varna Bulgaria Varna 334,870
7 Trebisonda Turquía Trebisonda 305,231[3]
8 Constanţa Romanía Constanța 283,872[4]
9 Novorosíisk Rusia Krasnodar Krai 241,952
10 Burgas Bulgaria Burgas 223,902[5]

Notas

  1. "Instituto Estatístico de Turquía". Rapor.tuik.gov.tr. Consultado o 2014-03-06. 
  2. "Instituto Estatístico de Turquía". Rapor.tuik.gov.tr. Consultado o 2014-03-06. 
  3. "Instituto Estatístico de Turquía". Rapor.tuik.gov.tr. Consultado o 2014-03-06. 
  4. Stiati.ca. "Cele mai mari orase din Romania". Stiati.ca. Consultado o 2014-03-06. 
  5. "Instituto Estatístico de Turquía". Rapor.tuik.gov.tr. Consultado o 2014-03-06. 

Véxase tamén

Outros artigos