Clamidiáceas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 11: Liña 11:
}}
}}


As '''Clamidiáceas''' ('''Chlamydiaceae''') é unha [[familia (bioloxía)|familia]] de [[bacteria]]s que pertencen ao [[filo]] [[Chlamydiae]], [[orde (bioloxía)|orde]] [[Chlamydiales]]. Todas as especies de Chlamydiaceae son [[Gram negativa]]s e expresan un [[epitopo]] [[lipopolisacárido]] específico da familia chamado αKdo-(2→8)-αKdo-(2→4)-αKdo (previamente denominado epitopo específico de xénero). Os [[xene]]s do [[ARN ribosómico]] de todas as Chlamydiaceae teñen polo menos unha identidade de [[secuencia de ADN|secuencia]] do 90% no seu [[ADN]]. As especies de Chlamydiaceae teñen unha variada morfoloxía de inclusión, variado contido do [[plásmido]] extracromosómico, e diferente resistencia á sulfadiazina.
As '''clamidiáceas''' ('''Chlamydiaceae''') é unha [[familia (bioloxía)|familia]] de [[bacteria]]s que pertencen ao [[filo]] [[Chlamydiae]], [[orde (bioloxía)|orde]] [[Chlamydiales]]. Todas as especies de Chlamydiaceae son [[Gram negativa]]s e expresan un [[epitopo]] [[lipopolisacárido]] específico da familia chamado αKdo-(2→8)-αKdo-(2→4)-αKdo (previamente denominado epitopo específico de xénero). Os [[xene]]s do [[ARN ribosómico]] de todas as Chlamydiaceae teñen polo menos unha identidade de [[secuencia de ADN|secuencia]] do 90% no seu [[ADN]]. As especies de Chlamydiaceae teñen unha variada morfoloxía de inclusión, variado contido do [[plásmido]] extracromosómico, e diferente resistencia á sulfadiazina.


Clasicamente as Clamidiáceas comprendían un só xénero, pero en 1999 distinguíronse dous xéneros e un terceiro xénero candidato: ''[[Chlamydia]]'', ''[[Chlamydophila]]'' e o ''Candidatus'' [[Clavochlamydia]].<ref name=NCBI>See the [[National Center for Biotechnology Information|NCBI]] [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/Taxonomy/Browser/wwwtax.cgi?mode=Tree&id=809 webpage on Chlamydiaceae] Datos extraidos de {{cite web | url=http://www.ncbi.nlm.nih.gov/Taxonomy/taxonomyhome.html/index.cgi | title=NCBI Taxonomy Browser | publisher=[[National Center for Biotechnology Information]] | accessdate=2011-06-05}}</ref>
Clasicamente as Clamidiáceas comprendían un só xénero, pero en 1999 distinguíronse dous xéneros e un terceiro xénero candidato: ''[[Chlamydia]]'', ''[[Chlamydophila]]'' e o ''Candidatus'' [[Clavochlamydia]].<ref name=NCBI>See the [[National Center for Biotechnology Information|NCBI]] [http://www.ncbi.nlm.nih.gov/Taxonomy/Browser/wwwtax.cgi?mode=Tree&id=809 webpage on Chlamydiaceae] Datos extraidos de {{cite web | url=http://www.ncbi.nlm.nih.gov/Taxonomy/taxonomyhome.html/index.cgi | title=NCBI Taxonomy Browser | publisher=[[National Center for Biotechnology Information]] | accessdate=2011-06-05}}</ref>

Revisión como estaba o 1 de febreiro de 2015 ás 12:39

Clamidiáceas
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Chlamydiae
Clase: Chlamydiae
Orde: Chlamydiales
Familia: Chlamydiaceae
Xéneros

Candidatus Clavochlamydia salmonicolaKarlsen et al. 2008
Chlamydophila
Chlamydia

As clamidiáceas (Chlamydiaceae) é unha familia de bacterias que pertencen ao filo Chlamydiae, orde Chlamydiales. Todas as especies de Chlamydiaceae son Gram negativas e expresan un epitopo lipopolisacárido específico da familia chamado αKdo-(2→8)-αKdo-(2→4)-αKdo (previamente denominado epitopo específico de xénero). Os xenes do ARN ribosómico de todas as Chlamydiaceae teñen polo menos unha identidade de secuencia do 90% no seu ADN. As especies de Chlamydiaceae teñen unha variada morfoloxía de inclusión, variado contido do plásmido extracromosómico, e diferente resistencia á sulfadiazina.

Clasicamente as Clamidiáceas comprendían un só xénero, pero en 1999 distinguíronse dous xéneros e un terceiro xénero candidato: Chlamydia, Chlamydophila e o Candidatus Clavochlamydia.[1]

Clasificación

Ata 1999 a familia estaba formada por un só xénero, Chlamydia, con catro especies (clasificación de Stolz e Page), que eran: Chlamydia trachomatis, Chlamydia pneumoniae, Chlamydia pecorum, e Chlamydia psittaci. Nese ano Everett, Bush e Andersen presentaron unha nova proposta para a clasificación desta familia na que se facían os seguintes cambios:[2][3] a familia foi dividida en dous xéneros: Chlamydia e Chlamydophila gen. nov.; creáronse dúas especies novas: Chlamydia muridarum sp. nov. e Chlamydia suis sp. nov. (que xunto con Chlamydia trachomatis son as tres especies que quedaron no xénero Chlamydia); no novo xénero Chlamydophila gen. nov. incluíronse as antigas Chlamydia pecorum, Chlamydia pneumoniae e Chlamydia psittaci, que, por tanto, cambiaron o seu nome xenérico a Chlamydophila; creáronse tres novas especies derivadas de Chlamydia psittaci, que son: Chlamydophila abortus gen. nov., sp. nov., Chlamydophila caviae gen. nov., sp. nov. e Chlamydophila felis gen. nov., sp. nov.

A nova clasificación de Everett, Bush e Andersen suscitou grande polémica e o rexeitamento inicial de moitos científicos que traballan con clamidias[4][5][6] pero «a nova clasificación de Everett et al. foi apropiadamente revisada e aprobada por autoridades taxonómicas internacionais». (Michael Ward.[7]). Pero a polémica continúa, porque algunhas análises xenómicas recentes parecen apoiar a clasificación das clamidiáceas nun só xénero, Chlamydia,[8] polo que a cuestión podería volverse a revisar.[9]


Xénero Chlamydia

Artigo principal: Chlamydia.

Actualmente hai tres especies recoñecidas como pertencentes a Chlamydia: C. trachomatis, C. muridarum, e C. suis. C. trachomatis encóntrase só en humanos, C. muridarum no hámster e no rato (familia de roedores Muridae), e C. suis no porco. As especies do xénero Chlamydia (tal como se define actualmente) producen unha pequena cantidade de glicóxeno detectable e presentan dous operóns ribosomais.

C. trachomatis é a causante das infeccións por clamidias transmitidas sexualmente e tamén causan o tracoma, unha infección que se estende polo ollo (pode producir cegueira), vías nasais e secrecións da gorxa.

Xénero Chlamydophila

Artigo principal: Chlamydophila.

Ao xénero de recente creación Chlamydophila pertencen seis especies: C. pneumoniae (antes chamada Chlamydia pneumoniae), C. psittaci (antes chamada Chlamydia psittaci), C. pecorum (antes Chlamydia pecorum), C. abortus, C. caviae, e C. felis. O xénero Chlamydophila caracterízase por non producir glicóxeno detectable e ter un só operón ribosomal. Estas especies encóntranse de forma natural vivindo en diversas especies animais. C. pneumoniae e C. psittaci poden transmitirse dos animais ao home.

Notas

  1. See the NCBI webpage on Chlamydiaceae Datos extraidos de "NCBI Taxonomy Browser". National Center for Biotechnology Information. Consultado o 2011-06-05. 
  2. Bush RM & Everett KDE (2001). Molecular evolution of the Chlamydiaceae. Int. J. Syst. Evol. Microbiol. 51:203-220. (PDF)
  3. Everett KDE, Bush RM & Andersen AA (1999). Emended description of the order Chlamydiales, proposal of Parachlamydiaceae fam. nov. and Simkaniaceae fam. nov., each containing one monotypic genus, revised taxonomy of the family Chlamydiaceae, including a new genus and five new species, and standards for the identification of organisms. International Journal of Systematic and Evolutionary Microbiology, (2)49:415-440. (PDF). PMID 10319462.
  4. Schachter J, Stephens RS, Timms P, Kuo C, Bavoil PM, Birkelund S, Boman J, Caldwell H, Campbell LA, Chernesky M, Christiansen G, Clarke IN, Gaydos C, Grayston JT, Hackstadt T, Hsia R, Kaltenboeck B, Leinonnen M, Ocjius D, McClarty G, Orfila J, Peeling R, Puolakkainen M, Quinn T, Rank RG, Raulston J, Ridgeway GL, Saikku P, Stamm WE, Taylor-Robinson D, Wang SP & Wyrick PB (2001). Radical changes to chlamydial taxonomy are not necessary just yet. International Journal of Systematic and Evolutionary Microbiology, 51, 249. IJSEM PMID 11211265.
  5. Everett KDE & Andersen AA (2001). Radical changes to chlamydial taxonomy are not necessary just yet - reply. International Journal of Systematic and Evolutionary Microbiology, 51, 250. [1]
  6. Everett-Andersen reclassification [2]
  7. "Chlamydial taxonomy since 1999". Consultado o 17 maio 2013. 
  8. Stephens RS, Myers G, Eppinger M, Bavoil PM (2009). "Divergence without difference: phylogenetics and taxonomy of Chlamydia resolved". FEMS Immunol. Med. Microbiol. 55 (2): 115–9. PMID 19281563. doi:10.1111/j.1574-695X.2008.00516.x.  Parámetro descoñecido |month= ignorado (Axuda)
  9. "Chlamydia/Chlamydophila group". NCBI taxonomy database. National Center for Biotechnology Information, U.S. National Library of Medicine. Consultado o 2013-03-26. Dada a natureza contenciosa do asunto, a Base de Datos Taxonómica do NCBI mantén o nome dos dous xéneros para o uso dos que envíen traballos. 

Véxase tamén