Midland F1 Racing: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
"Sen embargo" é un castelanismo xa non admitido.
Fryant (conversa | contribucións)
Liña 56: Liña 56:
O [[10 de setembro]], anunciouse oficialmente a venda da escudería a [[Spyker Cars]]<ref>{{es}} [http://www.f1racing.net/es/news.php?newsID=129489 Oficial: MF1 Racing vendido a Spyker]</ref>, unha empresa holandesa fabricante de coches, pola cantidade de 106.6 millóns de dólares.
O [[10 de setembro]], anunciouse oficialmente a venda da escudería a [[Spyker Cars]]<ref>{{es}} [http://www.f1racing.net/es/news.php?newsID=129489 Oficial: MF1 Racing vendido a Spyker]</ref>, unha empresa holandesa fabricante de coches, pola cantidade de 106.6 millóns de dólares.


Este acordo, a falta de tres carreiras, tivo unhas consecuencias inmediatas: cambiouse a estrutura directiva do equipo, xa que aínda que [[Colin Kolles]] seguiu a se-lo Xefe de Equipo, [[Michael Mol]] pasou a se-lo Director da Sección de Fórmula 1 de Spyker, ocupando un posto directivo tanto na escudería como no fabircante de coches, e a final de tempada [[Mike Gascoyne]] convertiuse no Deseñador Xefe. Ademáis, a escudería pasou a competir baixo bandeira holandesa, o pabellón de Spyker, e os coches cambiaron a súa decoración, pasando a ser laranxa, prateada e branca. Por outra parte, xa que as normas da FIA prohíben un cambio de nome en mitade da tempada a non ser que haxa un acordo entre tódolos equipos, non foi posíble chamarlle á escudería directamente Spyker F1, senon que houbo que atopar unha solución intermedia, a introducción do nome do fabricante dos Países Baixos como patrocinador, sendo finalmente Spyker Midland F1 Racing.
Este acordo, a falta de tres carreiras, tivo unhas consecuencias inmediatas: cambiouse a estrutura directiva do equipo, xa que aínda que [[Colin Kolles]] seguiu a se-lo Xefe de Equipo, [[Michael Mol]] pasou a se-lo Director da Sección de Fórmula 1 de Spyker, ocupando un posto directivo tanto na escudería como no fabircante de coches, e a final de tempada [[Mike Gascoyne]] convertiuse no Deseñador Xefe. Ademáis, a escudería pasou a competir baixo bandeira holandesa, o pavillón de Spyker, e os coches mudaron a súa decoración, pasando a ser laranxa, prateada e branca. Por outra parte, xa que as normas da FIA prohíben un cambio de nome en mitade da tempada a non ser que haxa un acordo entre tódolos equipos, non foi posíble chamarlle á escudería directamente Spyker F1, senon que houbo que atopar unha solución intermedia, a introducción do nome do fabricante dos Países Baixos como patrocinador, sendo finalmente Spyker Midland F1 Racing.


O remate da tempada de 2006 traería consigo polo tanto o fin de Spyker Midland, que pasaría a renomearse como [[Spyker F1]].
O remate da tempada de 2006 traería consigo polo tanto o fin de Spyker Midland, que pasaría a renomearse como [[Spyker F1]].

Revisión como estaba o 13 de abril de 2007 ás 15:31

MF1 Racing
Ficheiro:MidlandF1 M16 Tiago Monteiro April 2006.jpg
Nome completo Midland F1 Racing
Bandeira {{{Bandeira}}}
Baseada en Silverstone, Northamptonshire, Reino Unido
Tempadas en activo 1 (2006)
Número de pilotos 2 (Christijan Albers e Tiago Monteiro)
Debut Bahrein 2006
Carreiras 18
Campionatos de Construtores 0
Campionatos de Pilotos 0
Vitorias 0
Pole positions 0
Voltas Rápidas 0
Puntos totais 0
Derradeiro GP Brasil 2006

Midland F1 Racing, abreviado como MF1 Racing e coñecido como Spyker MF1 Racing nas tres derradeiras carreiras da tempada de 2006, foi a primeira escudería de Fórmula 1 rexistrada baixo licenza rusa. Estaba dirixida por Alex Shnaider, co-fundador do holding empresarial Midland, sendo o Xefe de Equipo Colin Kolles e o seu Director Técnico James Key.

Midland F1 só participou na tempada de 2006, despois de que Shnaider mercara-la escudería Jordan Grand Prix no ano anterior por 60 millóns de dólares, e sendo vendida a falta de tres carreiras a Spyker Cars por 106.6 millóns de dólares, para formar ó remate dese ano a escudería Spyker F1.

A compra de Jordan

Narain Karthikeyan no Gran Premio dos Estados Unidos de 2005.

Os intereses do Grupo Midland na Fórmula 1 confirmáronse en outubro de 2004, cando anunciaron a súa intención de contar cunha escudería na categoría para 2006.[1]. Aínda que inicialmente especulouse con que ían comezar un proxecto dende 0 ou que ían mercar Jaguar, o 24 de xaneiro de 2005 fíxose pública a compra de Jordan polo Grupo Midland. [2], sendo este o que ía dirixir a escudería na xa próxima tempada de 2005. Este movemento dáballe dúas vantaxes a Alex Shnaider: non ter que paga-la cláusula de entrada no Campionato, que é de 48 millóns de dólares, e poder reclama-los ingresos procedentes dos dereitos televisivos pertencentes a Jordan.

Nesta tempada, a escudería mantivo o nome de Jordan, e pasou por ela sen pena nin gloria cos pilotos Tiago Monteiro e Narain Karthikeyan rematando as carreiras na parte baixa das clasificacións. O máis destacado foi o terceiro posto de Monteiro no Gran Premio dos Estados Unidos, onde tódalas escuderías que calzaban pneumáticos Michelin negáronse a participar, e a sorprendente xeira de carreiras rematadas deste mesmo piloto, amosando unha grande fiabilidade do monopraza EJ-15, que levaba un motor Toyota RVX-05 3.0 V10, e pneumáticos Bridgestone.

Porén, e por mor dos discretos resultados conseguidos durante toda a tempada, constantemente saíron rumores de venda por parte de Shnaider a outros inversores interesados moi fortes, aínda que sempre foron desmentidos polo propio magnate ruso-canadiense ou dende o propio equipo.[3][4][5][6] Estes rumores víronse alimentados pola marcha do anterior Xefe de Equipo, Trevor Carlin, tras sete carreiras, e do Deseñador e Enxeñeiro Xefe Mark Smith ó remate da tempada.

A tempada de 2006

Tiago Monteiro conducindo o seu Midland M16 en abril de 2006.

O nome foi trocado a Midland F1 Racing de cara á tempada 2006, e inicialmente estaba previsto que Dallara fora quen construíra o chasis. Porén, o acordo entre ambas partes esnaquizouse a finais do ano 2005 durante a fase de deseño, alegando dende a escudería rusa que tiñan a capacidade suficiente, tras merca-las propiedades de Jordan que aínda non tiñan, como o túnel de vento, para construí-lo seu propio chasis.[7] Isto fixo que James Key fora ascendido a Director Técnico.

O desenvolvemento propio deu como resultado ó Midland M16, equipado cun motor V8 deseñado por Toyota, o RVX-06 2.4 V8, e de novo con pneumáticos Bridgestone. As cores do monopraza coincidían coas cores da imaxe corporativa do Grupo Midland, o vermello, o branco e o negro.

Os primeiros tests do coche levounos a cabo o piloto ruso Roman Rusinov, aínda que o piloto de MotoGP Max Biaggi tamén fixo algunhas probas, levantando rumores sobre a súa posíbel entrada nesta categoría.[8] Shnaider insistiu constanstemente que a intención inmediata de Midland era a de levar ó primeiro piloto ruso á Fórmula 1[9], pero despois de tantear a Takuma Sato[10], a escudería asinou como pilotos titulares a Christijan Albers, holandés, e a Tiago Monteiro, de Portugal.

O equipo caracterizouse, entre outras cousas, pola inestabilidade dos seus pilotos de probas no posto, xa que chegaron a ter nove nunha soa tempada, exercendo cinco deles como terceiros pilotos nos adestramentos libres no total de tódolos Grandes Premios da tempada. En concreto exerceron como pilotos de probas Adrián Valles, Fabrizio del Monte, Ronnie Quintarelli e Roman Rusinov. Nos adestramentos libres, competiron Markus Winkelhock (Bahrein, Australia, Alemaña, e Hungría), Giorgio Mondini (Malaisia, Italia, España, Mónaco, Reino Unido, Canadá, Estados Unidos, Turquía, San Marino), e Adrian Sutil (Europa, Francia). Trala venda a Spyker Cars, os pilotos que exerceron os venres foron Alexandre Premat (China), Sutil (Xapón) e Ernesto Viso (Brasil).

No plano deportivo, o ano da escudería foi un desastre. Non lograron ningún punto en toda a tempada, e no Campionato de Construtores só lograron quedar na décima posición, por diante de Super Aguri, única escudería á que conseguiron superar de maneira constante. Ademáis, loitaron ocasionalmente con Red Bull Racing e Toro Rosso, chegando a quedar en mellor posto que esta última escudería nalgúns eventos. Na mitade da tempada comezaron a amosar un progreso relativo, debido á mellora de rendimento dos pneumáticos subministrados por Bridgestone, xunto ós avances en aerodinámica e na facilidade de conducción da man de Simon Philips e de Richard Fritz respectivamente, chegando a partir dunha diferenza de catro segundos coa cabeza de carreira ó comezo do ano a rematalo cunha diferenza de dous.

Grazas a estes progresos, nalgúns Grandes Premios lograron acada-la segunda rolda nas calificacións para a grella de saída, chegando a saír no posto 14 de 22. Porén, os postos conseguidos non serviron para moito en carreira, xa que estiveron involucrados en bastantes accidentes na primeira volta, destacando os casos de Mónaco, Indianápolis e Montreal; e incluso foron descalificados en Alemaña por montar un alerón trasero flexible, non permitido polas normas da FIA para a categoría.

A venda da escudería a Spyker Cars

Christijan Albers conducindo o Spyker M16 nuns tests en Silverstone en setembro de 2006.

Os rumores de venda, que xurdiran dende poucos meses despois de que Shnaider mercara Jordan, voltaron de novo a mediados da tempada de 2006, esta vez traídos polos medios holandeses. Falábase dun precio de compra de 128 millóns de dólares[11], debido a que tralo anuncio do ingreso de Prodrive para o 2008 pecháronse tódalas posibilidades de entrada de novas escuderías na categoría, sendo 12 o número máximo de participantes por mor da configuración dos boxes dos circuítos, feitos con ese número de garaxes. Isto fixo que o precio de mercado de cada equipo aumentara.

O 10 de setembro, anunciouse oficialmente a venda da escudería a Spyker Cars[12], unha empresa holandesa fabricante de coches, pola cantidade de 106.6 millóns de dólares.

Este acordo, a falta de tres carreiras, tivo unhas consecuencias inmediatas: cambiouse a estrutura directiva do equipo, xa que aínda que Colin Kolles seguiu a se-lo Xefe de Equipo, Michael Mol pasou a se-lo Director da Sección de Fórmula 1 de Spyker, ocupando un posto directivo tanto na escudería como no fabircante de coches, e a final de tempada Mike Gascoyne convertiuse no Deseñador Xefe. Ademáis, a escudería pasou a competir baixo bandeira holandesa, o pavillón de Spyker, e os coches mudaron a súa decoración, pasando a ser laranxa, prateada e branca. Por outra parte, xa que as normas da FIA prohíben un cambio de nome en mitade da tempada a non ser que haxa un acordo entre tódolos equipos, non foi posíble chamarlle á escudería directamente Spyker F1, senon que houbo que atopar unha solución intermedia, a introducción do nome do fabricante dos Países Baixos como patrocinador, sendo finalmente Spyker Midland F1 Racing.

O remate da tempada de 2006 traería consigo polo tanto o fin de Spyker Midland, que pasaría a renomearse como Spyker F1.

Resultados completos en Fórmula 1

(Lenda) (Os resultados en negriña indican que o piloto acadou a pole position)

Ano Chasis Motor Rodas Pilotos 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18
2006
(0 pts, 10º)
M16 Toyota RVX-06 2.4 V8 B BAH MAL AUS SAN EUR ESP MON RU CAN USA FRA ALE HUN TUR ITA CHN XPN BRA
Christijan Albers Ret 12 11 Ret 13 Ret 12 15 Ret Ret 15 DSC 10 Ret 17 15 Ret 14
Tiago Monteiro 17 13 Ret 16 12 16 15 16 14 Ret Ret DSC 9 Ret Ret Ret 16 15

Curiosidades

  • No Reino Unido, era común facer unha broma co nome curto do equipo, transformándoo en MFI, unha compañía fabricante de mobles, aludindo así á lentitude do monopraza.

Notas, fontes e referencias

  1. (en castelán) A confirmación das intencións do Grupo Midland en f1racing.net
  2. (en castelán) A confirmación da compra de Jordan en f1racing.net
  3. (en castelán) Shnaider desminte o rumor da venda de Jordan o 22 de maio de 2005
  4. (en castelán) Jordan desminte o rumor de venda o 1 de xuño de 2005.
  5. (en castelán) "Shnaider podería vender Jordan", o 23 de setembro de 2005 en f1racing.net
  6. (en castelán) Jordan volve a desmentir o rumor de venda o 27 de outubro de 2005
  7. (en castelán) Midland e Dallara rematan o programa conxunto, en f1racing.net
  8. (en castelán) Max Biaggi proba con Midland, en f1racing.net
  9. (en castelán) Shnaider:"É probábel que a Fórmula 1 vexa o seu primeiro rookie ruso".
  10. (en castelán) Midland ofrécelle asento a Sato, en f1racing.net
  11. (en inglés) Outro equipo de Fórmula 1 á venda?
  12. (en castelán) Oficial: MF1 Racing vendido a Spyker

Ligazóns externas