Transilvanians: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 12: Liña 12:
No 2013 presentan nova formación editando un novo EP chamado'' Kings Of Catacomb Reggay (Liquidator Music), ''saen nun compilado internacional tributo a banda The Clash, fan a súa primeira xira europea por Alemaña e Bélxica e resultan galardonados co premio a mellor banda galega de Ska/Reggae/Mestizaxe nos premios galegos da música.
No 2013 presentan nova formación editando un novo EP chamado'' Kings Of Catacomb Reggay (Liquidator Music), ''saen nun compilado internacional tributo a banda The Clash, fan a súa primeira xira europea por Alemaña e Bélxica e resultan galardonados co premio a mellor banda galega de Ska/Reggae/Mestizaxe nos premios galegos da música.


2014, ademáis de ser o décimo aniversario da banda é un ano de moita actividade. Rexistran o seu segundo longa duración ''Echo Vibes & Fire'' (Liquidator Music), Participan no recopilatorio de bandas galegas "Os Bolechas fan unha Banda", acompañan en directo aos pioneiros xamaicanos Roy Panton e Yvonne Harrison e fan a súa segunda xira europea por Francia, Alemaña, Holanda e Bélxica.
2014, ademáis de ser o décimo aniversario da banda é un ano de moita actividade. Rexistran o seu segundo longa duración ''Echo Vibes & Fire'' (Liquidator Music), Participan no recopilatorio de bandas galegas "Os Bolechas fan unha Banda", acompañan en directo aos pioneiros xamaicanos Winston Francis, Roy Panton e Yvonne Harrison e fan a súa segunda xira europea por Francia, Alemaña, Holanda e Bélxica.





Revisión como estaba o 31 de xaneiro de 2015 ás 12:26

Transilvanians formanse no ano 2004 na cidade de Vigo. A banda está composta por músicos experimentados de outras bandas da escea viguesa de estilos moi díspares, e o que os leva a unirse e a paixón que sinten por estilos de música negra coma o Soul, Funk, R&B e moi especialmente polo Ska, Rocksteady e o Early Reggae Jamaicanos. O seu repertorio está formado por composicións propias e por versións de grupos coma The Skatalites, The Clash, Georgie Fame ou The Melodians.

No ano 2006 gravan de forma analóxica cinco cancións nos estudios Muu! de Vigo, editadas no nadal de ese mesmo ano en formato CD/EP polo selo El Ejecutor Records, esta gravación chamase Transilvanians. Participan tamén na edición de A polo ghit coa canción "Kingston Town / Santiago DC" quedando entre os primeiros postos do concurso.

Despois da súa participación no disco tributo a Potato, e tras tocar en directo durante o ano 2009, gravan diversos temas en Studio Juan, editados en dous traballos durante o 2010, un sinxelo en formato 7" editado por Liquidator Music chamado The Vault Of.., e o seu primeiro longa duración: Vampire Lover, editado polo seu propio selo ZombieJ Records.

Durante o 2011/2012 participan nos tributos a Skacha e Os Resentidos e comezan unha nova singladura acompañando como banda de directo a Roy Ellis a.k.a. Mr. Symarip, tocando por boa parte do territorio estatal e por outros paises como Alemaña, Francia ou Portugal, gravando tamén este último ano o novo disco de esta lenda do Reggae. You Can't Leave Now, un sínxelo onde regravan duas vellas cancións dos anos 60's compostas por este gran artista.

No 2013 presentan nova formación editando un novo EP chamado Kings Of Catacomb Reggay (Liquidator Music), saen nun compilado internacional tributo a banda The Clash, fan a súa primeira xira europea por Alemaña e Bélxica e resultan galardonados co premio a mellor banda galega de Ska/Reggae/Mestizaxe nos premios galegos da música.

2014, ademáis de ser o décimo aniversario da banda é un ano de moita actividade. Rexistran o seu segundo longa duración Echo Vibes & Fire (Liquidator Music), Participan no recopilatorio de bandas galegas "Os Bolechas fan unha Banda", acompañan en directo aos pioneiros xamaicanos Winston Francis, Roy Panton e Yvonne Harrison e fan a súa segunda xira europea por Francia, Alemaña, Holanda e Bélxica.


Compoñentes

  • Charly "Doctor C" Varela - Guitarra.
  • Nestor Meizoso - Baixo.
  • Xabi "Space Duke" Vieitez - Piano & Hammond.
  • Kino "Little Cobra" - Batería e voces.
  • Antonio "Pam-Pam" Rodríguez - Trombón, voces e percusión.
  • Javier Marcos - Voz e percusión.
  • Pedro Fariñas - Saxos e percusión.

Discografía

  • Echo, Vibes & Fire LP/CD (Liquidator Music, 2014)
  • Kings Of Catacomb Reggay EP 7" (Liquidator Music, 2013)
  • Roy Ellis meets Transilvanians - You Can't Leave Now SG 7" (Liquidator Music, 2012)
  • Vampire Lover CD - (Zombie J, 2010)
  • The Vault Of.. SG 7" - (Liquidator Music, 2010)
  • Transilvanians CD/EP 7" - (El Ejecutor/Zombie J, 2006)

Véxase tamén

Ligazóns externas