Galleta: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
corrixo
Liña 5: Liña 5:
[[Ficheiro:Schackrutor.jpg|thumb||dereita|thumb|250px|Biscoitos con chocolate.]]
[[Ficheiro:Schackrutor.jpg|thumb||dereita|thumb|250px|Biscoitos con chocolate.]]


Unha '''galleta'''<ref>[http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?id=1164991&sinom=0 Nome do alimento na páxina do Portal das Palabras]</ref> (chamada tamén '''[[biscoito]]''' tradicionalmente<ref>[[Francisco Javier Rodríguez Gil]] (1863): ''Diccionario gallego-castellano'', ed. de Antonio dela Iglesia González, A Coruña,</ref>) é un [[alimento]] que consiste nun anaco pequeno e máis ou menos fino que resulta de cocer unha pasta composta de [[fariña]], [[azucre]] e outros ingredientes, como [[Ovo (alimento)|ovos]], [[manteiga]], etc. Soe ser seco, de formato achatado, e pode levar outros ingredientes coma [[noz (froito da nogueira)|noces]] moídas, chocolate, coco relado, canela, etc. Pode consumirse de diversas formas, doce, salgada, ou acompañada de [[queixo]]s, [[marmelada]]s, [[especia]]s e/ou [[paté]]s.
Unha '''galleta'''<ref>[http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?id=1164991&sinom=0 Nome do alimento na páxina do Portal das Palabras]</ref> (chamada tamén '''[[biscoito]]''' tradicionalmente<ref>[[Francisco Javier Rodríguez Gil]] (1863): ''Diccionario gallego-castellano'', ed. de Antonio dela Iglesia González, A Coruña,</ref>) é un [[alimento]] que consiste nun anaco pequeno e máis ou menos fino que resulta de cocer unha pasta composta de [[fariña]], [[azucre]] e outros ingredientes, como [[Ovo (alimento)|ovos]], [[manteiga]], etc. Adoita ser seco, de formato achatado, e pode levar outros ingredientes coma [[noz (froito da nogueira)|noces]] moídas, chocolate, coco relado, canela, etc. Pode consumirse de diversas formas, doce, salgada, ou acompañada de [[queixo]]s, [[marmelada]]s, [[especia]]s e/ou [[paté]]s.


O sinónimo [[biscoito]] (coma no inglés ''biscuit'') caeu en galego en desuso, mais é dos máis documentados no [[século XIX]]<ref>[[Luís Aguirre del Río]] (1858): ''Diccionario del dialecto gallego'', ed. de Carme Hermida Gulías, CSIC-IPS, 2007</ref> Varios autores coma [[Luís Aguirre del Río]], [[Francisco Javier Rodríguez Gil|Francisco Javier Rodríguez]], [[Juan Cuveiro Piñol]] ou mesmo a [[Real Academia Galega]] definían biscoito coma galleta ou pan sen fermentar, moi cocido ou cocidos dúas veces<ref>Francisco Javier Rodríguez (1863): ''Diccionario gallego-castellano'', ed. de Antonio dela Iglesia González, A Coruña</ref>. Hoxe o termo biscoito restrínxese para o bolo esponxoso<ref>[http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?palabra=biscoito&sinom=0&homonimo= Definición de biscoito no Portal das Palabras da [[RAG]].]</ref>.
O sinónimo [[biscoito]] (coma no inglés ''biscuit'') caeu en galego en desuso, mais é dos máis documentados no [[século XIX]]<ref>[[Luís Aguirre del Río]] (1858): ''Diccionario del dialecto gallego'', ed. de Carme Hermida Gulías, CSIC-IPS, 2007</ref> Varios autores coma [[Luís Aguirre del Río]], [[Francisco Javier Rodríguez Gil|Francisco Javier Rodríguez]], [[Juan Cuveiro Piñol]] ou mesmo a [[Real Academia Galega]] definían biscoito coma galleta ou pan sen fermentar, moi cocido ou cocidos dúas veces<ref>Francisco Javier Rodríguez (1863): ''Diccionario gallego-castellano'', ed. de Antonio dela Iglesia González, A Coruña</ref>. Hoxe o termo biscoito restrínxese para o bolo esponxoso<ref>[http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?palabra=biscoito&sinom=0&homonimo= Definición de biscoito no Portal das Palabras da [[RAG]].]</ref>.

Revisión como estaba o 27 de xaneiro de 2015 ás 11:44

  • Este artigo trata sobre un alimento, para o apeiro agrícola véxase forcada.
Unha galleta tipo María.
Variado de galletas.
Galleta tipo cracker.
Biscoitos con chocolate.

Unha galleta[1] (chamada tamén biscoito tradicionalmente[2]) é un alimento que consiste nun anaco pequeno e máis ou menos fino que resulta de cocer unha pasta composta de fariña, azucre e outros ingredientes, como ovos, manteiga, etc. Adoita ser seco, de formato achatado, e pode levar outros ingredientes coma noces moídas, chocolate, coco relado, canela, etc. Pode consumirse de diversas formas, doce, salgada, ou acompañada de queixos, marmeladas, especias e/ou patés.

O sinónimo biscoito (coma no inglés biscuit) caeu en galego en desuso, mais é dos máis documentados no século XIX[3] Varios autores coma Luís Aguirre del Río, Francisco Javier Rodríguez, Juan Cuveiro Piñol ou mesmo a Real Academia Galega definían biscoito coma galleta ou pan sen fermentar, moi cocido ou cocidos dúas veces[4]. Hoxe o termo biscoito restrínxese para o bolo esponxoso[5].


Orixe

Na época na que os homes vivían en cavernas, parte da súa alimentación baseábase en grans espagados cos dentes. A partir diso, tívose a idea de moer os grans con pedras, mesturalos con auga e secalos no lume dúas veces. A eses alimentos, secos e crebadizos déuselle o nome de biscoitos. [6] Mais o confeccionamento profesional do alimento xurdiu no século VII A.C entre os persas.[7]

Biscoito con crama de amorodo.

As galletas foron posteriormente a base alimenticia das tripulacións na época dos descubrimentos, especialmente dos portugueses. Consistía nun pan de fariña triga, de forma achatada, cocido no forno dúas, tres ou máis veces, de xeito que se asegurase a durabilidade das súas cualidades alimenticias durante moito tempo, deberían ser moi duras. Chegou a ser tal a procura de biscoitos para aprovisionar as armadas dos navíos que houbo a necesidade de importalos de España. O padre Raphael Bluteau na súa obraVocabulário português e latino, chámalle mesmopão do mar ou pão namor. Martín Sarmiento nos seus traballos sobre o galego en 1746 tamén di: chámase galleta á bola ou torta de trigo dos mariñeiros, e é o biscoito[8]. En 1498, a ración de biscoito, por cada tripulante era de 28 arráteis por mes (o arrátel equivale a 459 gramos) o que dá un pouco máis de 12 quilos, isto é, 428 gramos por día. Na India, para substituir o trigo, facíase unha masa de “sagu”, substancia farinácea extraída da parte central dalgunhas palmeiras e que podía conservarse até vinte anos.[9]

O termo tradicional do alimento tanto no galego coma no portugués é biscoito, termo que se segue a usar en portugues para se referir a un tipo de galleta máis esponxosa ou tridimensional. O termo actual galego galleta vén do francés galette (pastel)[10]. O termo portugués bolacha ten a súa origxe en Holanda, e xurdiu por vez primeira en 1703, como forma de diferenciar as versións doces do alimento. [11].

Notas

  1. Nome do alimento na páxina do Portal das Palabras
  2. Francisco Javier Rodríguez Gil (1863): Diccionario gallego-castellano, ed. de Antonio dela Iglesia González, A Coruña,
  3. Luís Aguirre del Río (1858): Diccionario del dialecto gallego, ed. de Carme Hermida Gulías, CSIC-IPS, 2007
  4. Francisco Javier Rodríguez (1863): Diccionario gallego-castellano, ed. de Antonio dela Iglesia González, A Coruña
  5. Definición de biscoito no Portal das Palabras da RAG.
  6. "Biscoito ou Bolacha".  Parámetro descoñecido |publicado= ignorado (suxírese |publicación=) (Axuda); Parámetro descoñecido |acessodata= ignorado (Axuda)
  7. "Biscuits & Cookies". Food Timeline. Consultado o 15 de xaneiro de 2010. 
  8. Martín Sarmiento (1746-1755c): Catálogo de voces y frases de la lengua gallega, ed. de J. L. Pensado Tomé (U. de Salamanca en 1973)
  9. Merriam-Webster|accessdate=14 de xaneiro de 2010
  10. Etimoloxía da palabra castelá galleta no dicionario da RAE.
  11. "Uma Delícia Para os Deuses!".  Parámetro descoñecido |publicado= ignorado (suxírese |publicación=) (Axuda); Parámetro descoñecido |acessodata= ignorado (Axuda)

Véxase tamén

Outros artigos