Hermenexildo Gotérrez: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Lansbricae (conversa | contribucións)
Liña 21: Liña 21:
No ano 900, a súa filla [[Elvira Menéndez]] casaba co futuro rei de Galicia e León [[Ordoño II]]. Da súa liñaxe descenden os reis galaico-leoneses (dende [[Sancho Ordóñez]] ata, polo menos, a [[casa de Borgoña]]).
No ano 900, a súa filla [[Elvira Menéndez]] casaba co futuro rei de Galicia e León [[Ordoño II]]. Da súa liñaxe descenden os reis galaico-leoneses (dende [[Sancho Ordóñez]] ata, polo menos, a [[casa de Borgoña]]).


[[Category: historia de Galicia]] [[Category: personalidades de Galicia]] [[Category: nobres]]
[[Category:Idade media de Galicia]]
[[Category: personalidades de Galicia]]


[[es: Hermenegildo Gutierrez]]
[[es: Hermenegildo Gutierrez]]

Revisión como estaba o 11 de abril de 2007 ás 19:47

Lider da nobreza galega do século IX.

Contaba con amplas posesións na Galicia actual e no Norte de Portugal. Pertenceu á Curia Rexia e ostentou o máis alto cargo na mesma: mordomo real. Foi conde de Porto e conquistador de Coimbra, no ano 876.

Conquista de Coimbra

A conquista de Coimbra non foi unha mera repoboación. Era un núcleo musulmán consolidado situado a máis de cen quilómetros ao sur do núcleo cristiá máis próximo. Hermenexildo Gutérrez tomou a cidade asaltando as fortalezas da mesma. O emir de Córdoba Muhammad I reaccionou axiña e sitiou a Hermenexildo, que resistiu con éxito ata a chegada de reforzos.

Representa á nobreza galega que deu un pulo á chamada reconquista, chegando ata o Mondego, nun momento en que a fronteira cristiá-musulmana, no centro da península, estaba aínda a altura de Burgos e no que Zamora non se pode dar como repoboada ata o ano 893.

Esta marcha cara o sur da nobreza galega consolidou un espazo social cristiá no territorio portucalense. Este espazo tan avanzado xeográficamente tivo que organizar a súa autodefensa mediante unha crecente autonomía. Sería o xermolo do futuro Reino de Portugal.

Dux de en Galicia

Na rebelión do Dux galego Vitiza contra o rei de Oviedo Afonso III o Magno, aglutinou á nobreza galega leal ao monarca asturiano. Durante os sete anos que durou a rebelión, e que puxo en perigo a coroa do rei Afonso e a unidade do reino, fixo fronte aos ataques de Vitiza e contribuiu decisivamente á súa derrota. Impediu que o rebelde se fixera co espazo galaico.

No ano 895, o seu exército capturou a Vitiza e levouno encadeado á presenza do monarca. En recompensa recibiu as mandacións do rebelde e o título de Dux (representante da monarquía en Galicia ao que os condes debían obediencia).

Liñaxe real

No ano 900, a súa filla Elvira Menéndez casaba co futuro rei de Galicia e León Ordoño II. Da súa liñaxe descenden os reis galaico-leoneses (dende Sancho Ordóñez ata, polo menos, a casa de Borgoña).