Feás, Cariño: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 19: Liña 19:


==Patrimonio==
==Patrimonio==
A igrexa parroquial, anexa da de Veiga, é de construción moderna, ten planta de cruz latina e ao seu carón pegado ao adro está o cemiterio. Tivo moita sona na comarca no tempo das romaxes, a da Virxe dos Remedios que se celebraba e aínda se celebra nesta parroquia, se ben decaeron bastante este tipo de romarías, queda algunha xente que lembra aqueles tempos.
A igrexa parroquial, anexa da de Veiga, é de construción moderna. Ten planta de cruz latina e ao seu carón pegado ao adro está o cemiterio. Celébrase a romaría da Virxe dos Remedios.


Atopamos nesta parroquia o [[Castro da Cancela]] que é un exemplo de castro de chaira, formado por unha croa superior e terraza. Está rodeado parcialmente por unha muralla que desaparece no lado Norte e un foxo que segue en dirección Leste.
O [[Castro da Cancela]] é un [[Castro (poboado)|poboado castrexo]] de chaira, formado por unha croa superior e terraza. Está rodeado parcialmente por unha muralla que desaparece no lado norte e un foxo que segue en dirección leste.


==Lugares e parroquias==
==Lugares e parroquias==

Revisión como estaba o 17 de xaneiro de 2015 ás 18:17

Feás
Igrexa de San Pedro de Feás.
ConcelloCariño
Coordenadas43°41′25″N 7°53′33″O / 43.6903, -7.8926Coordenadas: 43°41′25″N 7°53′33″O / 43.6903, -7.8926
Poboación201 hab. (2010)
Entidades de poboación14
editar datos en Wikidata ]

San Pedro de Feás é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cariño. Segundo o IGE en 2010 tiña 201 habitantes (102 mulleres e 99 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 264 habitantes.

Xeografía

Feás está situada no extremo sur do concello sobre a enseada de Susavila onde desemboca o río Seixo que atravesa esta pequena parroquia. Linda polo norte e polo oeste coa parroquia de Landoi dende a Punta do Cepo na beira da ría ate o curso alto do río Seixo, polo sur limita coa parroquia de Veiga dende o monte da Franca até o rego do Mallo na enseada de Susavila e polo leste o límite e a Ría de Ortigueira, dende a Punta do Cepo até o rego do Mallo.

A estrada de Mera a Cariño cruza a parroquia de Sur a Norte pasando polos lugares de Susavila, A Rúa, Outeiro, Barral e Piñeiro.

Patrimonio

A igrexa parroquial, anexa da de Veiga, é de construción moderna. Ten planta de cruz latina e ao seu carón pegado ao adro está o cemiterio. Celébrase a romaría da Virxe dos Remedios.

O Castro da Cancela é un poboado castrexo de chaira, formado por unha croa superior e terraza. Está rodeado parcialmente por unha muralla que desaparece no lado norte e un foxo que segue en dirección leste.

Lugares e parroquias

Lugares de Feás

Lugares da parroquia de Feás no concello coruñes de Cariño

A Adega | O Barral | Casanova | Condomiña | Esteiro de Abaixo | Esteiro de Arriba | A Lamestra | A Lavandeira | As Leiras | O Outeiro | O Penso | O Plantío | A Rega | Rúa de Abaixo | Rúa Nova | San Pedro | San Roque

Parroquias de Cariño

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cariño

Cariño (San Bartolomeu) | Feás (San Pedro) | Landoi (Santiago) | A Pedra (Santa María) | Sismundi (Santo Estevo)

Véxase tamén

Outros artigos