Mosteiro de las Huelgas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 17: Liña 17:
* [[Códex Las Huelgas]]
* [[Códex Las Huelgas]]


[[Categoría:Mosteiros de España|Huelgas]]
[[Categoría:Mosteiros de Castela e León|Huelgas]]
[[Categoría:Orde do Císter]]
[[Categoría:Orde do Císter]]
[[Categoría:Arquitectura en Castela e León]]

Revisión como estaba o 17 de xaneiro de 2015 ás 13:10

Las Claustrillas, no mosteiro de Las Huelgas

O mosteiro de Las Huelgas é un mosteiro cisterciense feminino, fundado en 1189 polo rei Afonso VIII de Castela e a súa esposa, a princesa de Inglaterra Leonor Plantagenta, filla de Leonor de Aquitania e de Henrique II de Inglaterra.

Situación

Está situado ao occidente da cidade de Burgos (España), algo retirado do río Arlanzón, nun terreo chan que antigamente estaba ocupado por hortas e prados e que era coñecido como "Las Huelgas", debido a que as xentes do lugar acudían alí para folgar, isto é, distraerse e pasar o seu tempo de lecer.

Historia

Na Idade Media, foi o mais importante mosteiro feminino de Castela, albergando raparigas pertencentes á alta nobreza e da familia real castelá. Está composto por unha biblioteca, onde as freiras gardaban libros de diferentes e numerosos temas, algúns até prohibidos pola Igrexa Católica.

O mosteiro tivo numerosas abadesas (todas pertencentes á familia real castelá), entre os cales a infanta Constanza de Castela, filla de Leonor e de Afonso VIII, que foi abadesa de Las Huelgas de 1219 a 1243 e a infanta Berengaria, filla de Beatriz da Suavia e de Fernando III de León e Castela (1201-1252) e, por tanto, irmá de Afonso X o Sabio, rei de Castela e León.

Curiosidades

  • O grupo de música antiga Martín Códax ten editado cancións medievais dos códices deste mosteiro de freiras.

Véxase tamén