Manuel Martínez González: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
o nome do concello é simplemente "Cangas"
Xas (conversa | contribucións)
m arranxiños de formato e cat
Liña 1: Liña 1:
'''Manuel Martínez González''', nado en [[Azuqueca de Henares]] ([[Provincia de Guadalaxara|Guadalaxara]]) o [[21 de abril]] de [[1849]] e falecido o [[26 de abril]] de [[1894]], foi un poeta [[Galicia|galego]].

== Biografía ==
==Traxectoria==
Manuel Martínez González era fillo dun [[garda civil]] natural de [[Somozas]], e mais dunha [[provincia de Salamanca|salmantina]]. Aos seis anos comezou os estudos primarios en [[Santiago de Compostela]], onde fora destinado seu pai. Máis tarde pasou a cursar [[Dereito]] na mesma cidade, estudos que rematou en [[Madrid]] en [[1871]].

Posteriormente, Martínez fixo oposicións para [[notaría]], exercendo a profesión, sucesivamente, en [[Vigo]], [[Cangas]] e [[Padrón]].

==Obra publicada==
Faleceu en [[1894]].

== Obra publicada ==
Boa parte da súa obra poética está espallada por revistas e xornais da época. Só publicou un libro de poemas:

* ''Poemas gallegos''. Pontevedra. Tipografía de José M. Madrigal. 1883.

Liña 14: Liña 12:
A pesar do seu título todas as poesías inclusas no libro están redactadas en galego, excepto precisamente, o poema introdutorio do libro: "A Galicia", que está escrito en castelán.

== Temática ==
===Temática===
Os poemas incluídos no seu único libro son de temáticas variadas. Boa parte son de tipo social ou civil, e tratan de diversos aspectos da Galicia da época: "Oda a Alfonso XII" (epón ao monarca unha critica do caciquismo político), "O pobre" (sobre a emigración) ou "A Unión Ibérica", son mostras das preocupacións de Martínez González. Tal como fora corrente na poesía galaica decimonónica, non se esquece de incluír poemas costumistas: "A romería", "Bo consello". A imitación da primeira [[Rosalía de Castro|Rosalía]] aparece en títulos como "Cantares da aldea" e "Cantares gallegos", e non faltan poesías intimistas e de tipo romántico: "Rimas", "Na eternidá". Hai incluso composicións historicistas ("[[Rodrigo Gómez]]") e, un bon ramallete de poemas de circunstancias, adicados expresamente a amizades distintas ("A Don Benito Losada". "No album da señorita Dª Maruxiña León").

== Lingua ==
===Lingua===
A escrita de Martínez González é a usual no [[século XIX]], con abundancia de [[apóstrofe]]s. Utiliza o "y" con matiz arcaicista (''rey'', ''nay'', ''ley'') e con carácter antihiático (''todo o manexa'' / ''y é quen o desfay''; ''filliño d'a yalma''). Substitúe con o -r- nos grupos con -l- (''imposibre'', ''puebro'', ''groria''). Usa o seseo de tipo implosivo (''xues'', ''arcás''). Abundan no léxico os castelanismos popularizados xa na época (''decir'', ''puebro'', ''carretera'', ''gallego'', ''diputado'') e os vulgarismos (''hestoria'', ''auntamento'', ''Madrí'', ''eleutoral'').

==Véxase tamén==
== Bibliografía ==
===Bibliografía===
* Carballo Calero, Ricardo, ''Historia da literatura galega contemporánea''. Vigo. Galaxia. 1975.
*{{Cita libro |título= Historia da literatura galega contemporánea 1808-1936|nome= Ricardo|apelidos= Carballo Calero|ligazónautor= Ricardo Carballo Calero|coautores= |ano= 1981|editor= Galaxia|localización= Vigo|isbn= 84-7154-390-7|páxina= |páxinas= 450-453|dataacceso=10 de abril de 2008 |url=}}
* López Rodríguez, Francisco, ''Lembranza de Manuel Martínez González'', in "Grial. Revista galega de cultura", nº 71, Vigo, xaneiro-febreiro-marzo 1981, páx. 76 e ss.
*{{Cita publicación periódica |nome= Francisco|apelidos= López Rodríguez|ano= 1981|título= Lembranza de Manuel Martínez González|revista= Grial|volume= |número= 71|páxinas= 76-79|editor= |doi= |url= |dataacceso=10 de abril de 2008}}

[[Categoría:Escritores en lingua galega|Martinez Gonzalez, Manuel]]
{{ORDENAR:Martinez Gonzalez, Manuel}}
[[Categoría:Escritores en lingua galega]]
[[Categoría:Nados na provincia de Guadalaxara]]
[[Categoría:Nados en 1849]]
[[Categoría:Finados en 1894]]

Revisión como estaba o 15 de xaneiro de 2015 ás 22:48

Manuel Martínez González, nado en Azuqueca de Henares (Guadalaxara) o 21 de abril de 1849 e falecido o 26 de abril de 1894, foi un poeta galego.

Traxectoria

Manuel Martínez González era fillo dun garda civil natural de Somozas, e mais dunha salmantina. Aos seis anos comezou os estudos primarios en Santiago de Compostela, onde fora destinado seu pai. Máis tarde pasou a cursar Dereito na mesma cidade, estudos que rematou en Madrid en 1871.

Posteriormente, Martínez fixo oposicións para notaría, exercendo a profesión, sucesivamente, en Vigo, Cangas e Padrón.

Obra publicada

Boa parte da súa obra poética está espallada por revistas e xornais da época. Só publicou un libro de poemas:

  • Poemas gallegos. Pontevedra. Tipografía de José M. Madrigal. 1883.

A pesar do seu título todas as poesías inclusas no libro están redactadas en galego, excepto precisamente, o poema introdutorio do libro: "A Galicia", que está escrito en castelán.

Temática

Os poemas incluídos no seu único libro son de temáticas variadas. Boa parte son de tipo social ou civil, e tratan de diversos aspectos da Galicia da época: "Oda a Alfonso XII" (epón ao monarca unha critica do caciquismo político), "O pobre" (sobre a emigración) ou "A Unión Ibérica", son mostras das preocupacións de Martínez González. Tal como fora corrente na poesía galaica decimonónica, non se esquece de incluír poemas costumistas: "A romería", "Bo consello". A imitación da primeira Rosalía aparece en títulos como "Cantares da aldea" e "Cantares gallegos", e non faltan poesías intimistas e de tipo romántico: "Rimas", "Na eternidá". Hai incluso composicións historicistas ("Rodrigo Gómez") e, un bon ramallete de poemas de circunstancias, adicados expresamente a amizades distintas ("A Don Benito Losada". "No album da señorita Dª Maruxiña León").

Lingua

A escrita de Martínez González é a usual no século XIX, con abundancia de apóstrofes. Utiliza o "y" con matiz arcaicista (rey, nay, ley) e con carácter antihiático (todo o manexa / y é quen o desfay; filliño d'a yalma). Substitúe con o -r- nos grupos con -l- (imposibre, puebro, groria). Usa o seseo de tipo implosivo (xues, arcás). Abundan no léxico os castelanismos popularizados xa na época (decir, puebro, carretera, gallego, diputado) e os vulgarismos (hestoria, auntamento, Madrí, eleutoral).

Véxase tamén

Bibliografía

  • Carballo Calero, Ricardo (1981). Galaxia, ed. Historia da literatura galega contemporánea 1808-1936. Vigo. pp. 450–453. ISBN 84-7154-390-7. 
  • López Rodríguez, Francisco (1981). "Lembranza de Manuel Martínez González". Grial (71): 76–79.