Festival de Cans: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Shyde (conversa | contribucións)
m As ligazóns a «adega (de viño)» apuntan agora a «Adega (industria)».
Actualización do palmarés da última edición
Liña 14: Liña 14:

==Premiados==
==Premiados==

=== 2014 ===
*Premio de Honra Pedigree´14: [[María Bouzas]].
*Premio do xurado á mellor curtametraxe de imaxe real: Ser e voltar, de Xacio Baño.
*Premio do xurado á mellor curtametraxe de animación, por unanimidade: Jamón, de Iria López.
*Premio do público á mellor curtametraxe: Tupper, de Ángel Manzano.
*Premio especial do xurado dos veciños á mellor curtametraxe: 3-1=0.
*Premio do xurado á mellor interpretación feminina: Déborah Vukusic por 3-1=0.
*Premio do xurado á mellor interpretación masculina: Javier Gutiérrez por Tupper.
*Premio CREA do xurado á mellor dirección: Omar Rabuñal e Daniel Viqueira por Koan.
*Premio AGAG do xurado ao mellor guión: Hogar Hogar, de Carlos Alonso Ojea.
*Premio do xurado á mellor banda sonora: Gautier Galard por Jamón.
*Premio do xurado ao mellor videoclip: “Un gran hijo de puta” de Los Árboles. Dirixido por Manuel Valcárcel.
*Premio do público ao mellor videoclip: “Carreteras” de Dakidarría. Dirixido por Andrés H. Bonader.
*Mención especial para a fotografía de Luís Solarat en La Carne Cruda.
===2013===
===2013===
*Premio de Honra Pedigree´13: [[Manuel Manquiña]].
*Premio de Honra Pedigree´13: [[Manuel Manquiña]].

Revisión como estaba o 13 de xaneiro de 2015 ás 09:57

Escultura dun can, logotipo do festival.

O Festival de Cans é un festival de curtametraxes que se celebra desde 2004 na parroquia de Cans, no Porriño, en paralelo ao Festival de Cannes, no mes de maio. O festival naceu pola semellanza entre os dous nomes (se ben, en francés non se pronuncia o -s final de Cannes).

Proxéctanse fundamentalmente curtametraxes galegas e pretende retirarlle todo o cerimonioso que teñen estes certames: as proxeccións non son en cines senón en alpendres, adegas e baixos de casas; en vez de limusinas o "vehículo oficial" son os chimpíns, etc., nun concepto que os seus organizadores denominan "agroglamour".

Está organizado pola Asociación Cultural Arela e os veciños e veciñas de Cans, baixo a coordinación do guionista Alfonso Pato. Ten dúas seccións principais, unha de ficción e outra de animación. O festival foi ano a ano ampliando as seccións. Dende 2005 existe o "Jalpón Friki", no que se proxectan curtas extravagantes. Dende 2006 estréanse longametraxes, como Por min e por todos os meus compañeiros de Judas Diz ese ano, e en 2007 Abrígate de Ramón Costafreda, Gritos no corredor de Juanjo Ramírez, Só concertinas de Víctor Coyote, Cartas italianas de Marios Iglesias, A noite que deixou de chover de Alfonso Zarauza, Doentes de Gustavo Balza, Personal Movie de Héctor Carré ou Escuchando al juez Garzón de Isabel Coixet. En 2007 abriuse unha sección para mostrar e premiar os mellores videoclips galegos. En 2008 creouse a Sala Multiusos, que acolle proxeccións acompañadas de actuacións musicais no chamado Jaliñeiro Unplugged.

Cada ano as curtametraxes gañadoras en Cans proxéctanse en varias localidades galegas e diferentes cidades e festivais do mundo: xa se proxectaron en Lisboa, Porto, Madrid, Barcelona, Bristol, A Haia, Bruxelas, París, Dournenez e o Sáhara Occidental, entre outros.

Polo Festival de Cans teñen pasado, como convidados, premiados ou participantes nos coloquios, Isabel Coixet, Juanma Bajo Ulloa, Fernando León, Manuel Martín Cuenca, Patricia Ferreira, Luis Tosar, Tristán Ulloa, Mabel Rivera, María Pujalte, José Sacristán, Xoel López, Kiko Veneno, Iván Ferreiro, Coque Malla, Javier Krahe, Manuel Rivas, Lucía Echevarría, Suso de Toro, El Gran Wyoming, Teté Delgado, Antonio Durán "Morris", Julián Hernández, Suso Iglesias, Monti Castiñeiras, Xosé Barato e Emma Suárez, entre outros.

En 2009 recibiu o Premio da Crítica Galicia, na sección Iniciativas culturais. En 2011 a Deputación de Pontevedra concedeulle ao festival o Premio Provincial á Cultura na categoría de Innovación e Vangarda. En 2013 recibiu o Premio Internacional Ateneo de Ourense ao Fomento da Cultura.

Premiados

2014

• Premio de Honra Pedigree´14: María Bouzas.
• Premio do xurado á mellor curtametraxe de imaxe real: Ser e voltar, de Xacio Baño.
• Premio do xurado á mellor curtametraxe de animación, por unanimidade: Jamón, de Iria López.
• Premio do público á mellor curtametraxe: Tupper, de Ángel Manzano.
• Premio especial do xurado dos veciños á mellor curtametraxe: 3-1=0.
• Premio do xurado á mellor interpretación feminina: Déborah Vukusic por 3-1=0.
• Premio do xurado á mellor interpretación masculina: Javier Gutiérrez por Tupper.
• Premio CREA do xurado á mellor dirección: Omar Rabuñal e Daniel Viqueira por Koan.
• Premio AGAG do xurado ao mellor guión: Hogar Hogar, de Carlos Alonso Ojea.
• Premio do xurado á mellor banda sonora: Gautier Galard por Jamón.
• Premio do xurado ao mellor videoclip: “Un gran hijo de puta” de Los Árboles. Dirixido por Manuel Valcárcel.
• Premio do público ao mellor videoclip: “Carreteras” de Dakidarría. Dirixido por Andrés H. Bonader.
• Mención especial para a fotografía de Luís Solarat en La Carne Cruda.

2013

• Premio de Honra Pedigree´13: Manuel Manquiña.
• Premio do xurado á mellor curtametraxe de ficción: Calquera infinito posible, dirixida por Roi Fernández.
• Premio do xurado dos veciños de Cans á mellor curtametraxe de ficción: Flores para Amalia, dirixida por Nani Matos.
• Premio do público á mellor curtametraxe de ficción: Flores para Amalia, dirixida por Nani Matos.
• Premio do xurado á mellor curtametraxe de animación: Sangre de unicornio, dirixida por Alberto Vázquez.
• Premio do público á mellor curtametraxe de animación: Only you, dirixida por Belén Sousa.
• Premio do xurado á mellor interpretación masculina: Carlos Blanco Vila, por Mal de sangre.
• Premio do xurado á mellor interpretación feminina: Helena Miquel, por Mal de sangre.
• Premio do xurado ao mellor guión: Robin & Robin, escrito por María Pérez e Hugo Amoedo.
• Premio do xurado á mellor banda sonora: Calquera infinito posible, con música de Roi Fernández.
• Premio do xurado ao mellor videoclip: “Mundo en trance”, de Lemuripop, realizado por Soledado Rebollo.
• Premio do público ao mellor videoclip: “Terra”, de Dakidarría, realizado por Julián Maguna.

2012

• Premio de Honra Pedigree´12: Antonio Durán "Morris".
• Premio do xurado á mellor curtametraxe de ficción: Mr Bear, dirixida por Andrés Rosende.
• Premio do xurado dos veciños de Cans á mellor curtametraxe de ficción: Dúas letras, dirixida por Eloy Varela.
• Premio do público á mellor curtametraxe de ficción: Dúas letras, dirixida por Eloy Varela.
• Premio do xurado á mellor curtametraxe de animación: O xigante, dirixida por Luis Matta e Julio Vanzeler.
• Premio do público á mellor curtametraxe de animación: El club del bromista, dirixida por Luis Usón.
• Premio do xurado á mellor interpretación masculina: Luis Zahera, por Conversa cunha muller morta.
• Premio do xurado á mellor interpretación feminina: Teresa Fraga, por Dúas letras.
• Premio do xurado ao mellor guión: El baile maldito, escrita por Rafa de los Arcos e Miguel Ángel Blanca.
• Premio do xurado ao mellor videoclip: “Puerto del sonido”, de Mullet, realizado por Rubén Domínguez.
• Premio do público ao mellor videoclip: “Desequilibrios”, de Baldosa Amarilla, realizado por Tomás Martínez.

2011

2010

2009

2008

2007

2006

2005

• Premio Pedigree'05 de honra: Celso Bugallo.
• Premio do xurado á mellor curta de ficción: Intensidade, de Mario Iglesias.
• Premio do xurado á mellor curta de animación: Minotauromaquia (Pablo no labirinto), de Juan Pablo Echeberry.
• Premio do público á mellor curta de ficción: A boa caligrafía, de Álex Sampaio.
• Premio do público á mellor curta de animación: Minotauromaquia (Pablo no labirinto), de Juan Pablo Echeberry.

2004

• Premio Pedigree'04 de honra: Luis Tosar.
• Premio do xurado á mellor curta de ficción: A petición de man, de Ben Temple.
• Premio do xurado á mellor curta de animación: De tripas e corazón, de Juan Pablo Echeberry.
• Premio do público: A petición de man, de Ben Temple.

Véxase tamén

Ligazóns externas