Antonio de Remesal: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
asdf
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 28: Liña 28:
[[Categoría:Nados en 1570]]
[[Categoría:Nados en 1570]]
[[Categoría:Finados en 1619]]
[[Categoría:Finados en 1619]]
[[Categoría:Personalidades da historiografía]]

Revisión como estaba o 13 de xaneiro de 2015 ás 00:52

Antonio de Remesal, nado en Allariz, Ourense, en 1570 e finado en Madrid en 1619 [1], foi un eclesiástico e historiador español, cronista en Centroamérica.

Traxectoria

En el año 1593 ingresa no convento de San Esteban de Salamanca, da orde dominica[1].

Trasladouse a América en 1613, como acompañante de frei Alonso de Galdo, que fora nomeado bispo de Comayagua (Honduras). Anteriormente ao comezo desta viaxe, Remesal reunira información sobre os dominicos en Filipinas, e comezara a escribir un libro sobre frei Bartolomé de las Casas.[1]

Chegou a Guatemala en 1614, e viviu no convento de Santo Domingo, onde desempeñou o cargo de confesor do gobernador provincial e comezou a estudar Guatemala e Chiapas onde se documentou con variada información que máis tarde utilizaría nos seus escritos.[1]

Comezou en 1615 a súa obra como historiador, e esta publicouse en 1619 baixo o título de Historia de la provincia de San Vicente de Chiapas y Guatemala ou Historia general de las Indias Occidentales y particular de la Gobernación de Chiapa y Guatemala; ademais dos temas mencionados no títulos os libros posúen información sobre as illas Filipinas, sobre Oaxaca e Perú, a conquista de Pedro de Alvarado e sobre Bartolomé de las Casas[1][2].

A súa obra é impresa en España, e Remesal mesmo leva a Guatemala cinco caixas de exemplares. Pero foron confiscados polo deán Felipe Ruiz del Corral (da catedral de Guatemala), quen era comisario do Tribunal da Inquisición. Na súa obra, Remesal realizaba duros ataques aos conquistadores da zona (seguindo a liña de De las Casas), polo que Ruiz del Corral acusouno de difamación de personaxes e institucións, impedíndolle que se difunda o libro.[1]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Junta de Castilla y León. "Antonio de Remesal" (en español). artehistoria.jcyl.es. Consultado o 3 de mayo del 2009. 
  2. Junta de Castilla y León. "Historia General de las Indias Occidentales (Tomos 1 y 2)" (en español). todoporrua.com.  Parámetro descoñecido |dataaaceso= ignorado (Axuda)