Igrexa de San Martiño de Rebordelo: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 25: | Liña 25: | ||
*[[Arquitectura románica]] |
*[[Arquitectura románica]] |
||
{{ORDENAR:Rebordelo, San Martiño}} |
|||
[[Categoría:Cotobade]] |
[[Categoría:Cotobade]] |
||
[[Categoría:Igrexas da provincia de Pontevedra]] |
[[Categoría:Igrexas da provincia de Pontevedra|Rebordelo San Martino]] |
Revisión como estaba o 13 de xaneiro de 2015 ás 00:06
Coordenadas: 42°27′57″N 08°29′23″O / 42.46583, -8.48972
A igrexa de San Martiño de Rebordelo é a igrexa parroquial de Rebordelo, parroquia do concello pontevedrés de Cotobade.
Arquitectura
A igrexa actual é de feitura moderna agás a ábsida da construción románica primitiva, que na actualidade se atopa pegada ao muro oriental do templo e utilízase como sancristía.
Esta ábsida románica non presenta cara ao exterior contrafortes nin conserva a cornixa. O muro testeiro ábrese unha saeteira e no muro piñón conserva unha representación escultórica dun enorme lagarto e sobre el unha cruz moderna.
Ábrese o muro setentrional cunha moderna porta alintelada.
No interior ábrese por medio dun arco trunfal lixeiramente apuntado e que se apoia sobre un par de columnas (das que só se conserva a meridional). Só conserva un capitel que presenta decoración vexetal e ábaco con bolas na nacela.
A tipoloxía decorativa fai pensar que se trata dunha obra de principios do século XIII, xunto cos restos do carneiro místico que é moi similar ao da igrexa de Santa María de Sacos.
En outubro de 2010 un raio provocou o desprendemento de varias das pedras da cúpula do campanario[1].
Notas
- ↑ "Un raio esnaquiza o campanario da igrexa de Reboredo, en Cotobade", artigo no Diario de Pontevedra, 31 de outubro de 2010.