Albaicín: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
tradución da wikipedia en catalán
 
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 48: Liña 48:


{{ORDENAR:Albaicin}}
{{ORDENAR:Albaicin}}
[[Categoría:Granada, España]]
[[Categoría:Barrios de Granada, España]]
[[Categoría:Patrimonio da Humanidade en España]]
[[Categoría:Patrimonio da Humanidade en España]]
[[Categoría:Barrios de España]]

Revisión como estaba o 12 de xaneiro de 2015 ás 11:23

Alhambra, Generalife e Albaicín de Granada
Vista do barrio
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísEspaña España
LocalizaciónAndorra Granada
37°10′36″N 3°35′40″O / 37.17667, -3.59444
Criteriosi, iii, iv
Inscrición1984
Identificador314

O Albaicín ou Albayzín é un barrio do leste da cidade de Granada, en Andalucía, que conserva a estrutura e aspecto que tiña na época musulmá medieval. Foi declarado Patrimonio Mundial pola UNESCO en 1948, xunto coa Alhambra e o Generalife.

Historia

Inicialmente, a poboación situouse na chaira, na antiga cidade de Ilbira, pero no século XI, coa caída do Califato de Córdoba, a inseguridade xeral aconsellou o traslado a Albaicín.

A época nazarí foi a de máis esplendor e influencia do barrio do Albaicín. A trama urbana que se conserva actualmente é a desa época, cunha rede moi complicada de rúas estreitas, dende a parte máis alta (San Nicolás) ata a ribeira do río Darro (Carrera del Darro) e a rúa Elvira, que se unen na Plaza Nueva.

O tipo tradicional de vivenda é o carmen, que consiste nunha casa rodeada dunha pequena horta ou xardín e de muro alto que a separa da rúa. Era moi característica a canalización e distribución de auga potable a través de cisternas subterráneas (aljibe), das que se conservan unhas 28, a maioría aínda en funcionamento.

A situación do barrio sobre a falda da montaña diante da Alhambra propicia unha vistas espectaculares, especialmente, para os turistas, dende a igrexa de San Nicolás. Na zona pódense visitar tamén restos duns baños árabes, o Museo Arqueolóxico de Granada, e a igrexa de San Salvador, edificada sobre os restos dunha mesquita. Tamén se conservan algunhas casas mouriscas.

Actualmente, a afluencia turística e a inmigración dende Marrocos favoreceron, conxuntamente, a formación dunha rede de comercios e restaurantes de ambiente moi caracerístico norteafricano, recuperando, en parte, as orixes do barrio.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Coordenadas: 37°10′36″N 3°35′40″O / 37.17667, -3.59444