Sinfonía nº 7 (Mahler): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Almaffi (conversa | contribucións)
Crear artigo
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 9 de xaneiro de 2015 ás 20:29

A Sinfonía nº7 en Mi menor de Gustav Mahler é unha obra musical composta polo compositor bohemio-austríaco entre os anos 1904 e 1905.

Estrea

A estrea desta obra data do 19 de setembro do 1908 en Praga, baixo a dirección do propio autor. A audición da obra provocou bastante indiferenza e case incomprensión. Posteriormente estreouse en Múnic e Amsterdam, sempre sen un éxito claro. Co paso do tempo, foi promovida e divulgada por mestres coma Bruno Walter, Rafael Kubelík, Otto Klemperer e Georg Solti.

Estrutura e temática

En xeral esta sinfonía ten unha atmosfera romántica. Salientar que é a única sinfonía de Mahler que conta con "nocturnos" Esta sinfonía estrutúrase en cinco movementos:

  • Langsam (Adagio)
  • Nachtmusik I (Allegro moderato)
  • Fleissend, aber nicht schnell (Allegro ma non tropo). Schattenhaft (Sombrío)
  • Nachtmusik II (Andante amoroso)
  • Rondó (Allegro ordinario. Allegro moderato ma energico)

Véxase tamén

Bibliografía

  • Libreto Sinfonía Nº7 Gustav Mahler. Maestros de la Música, Planeta-Agostini 1989 (en castelán)