Illán, Begonte: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
arranxiños
Liña 15: Liña 15:


==Xeografía==
==Xeografía==
A parroquia de Illán abrangue a ladeira oeste dun relevo irregular de monte, regatos e lagoas naturais ao redor do [[río Ladra]], pertencente ó espazo natural chamado humedais da [[Terra Chá]] (Parga-Ladra-Támoga) cunha superficie de 5000 hectáreas. Neste espazo pódense atopar especies comúns da fauna galega como pequenos roedores ou corzos. Teñen especial importancia a variedade de aves fluviais migratorias (garzas, parrulos, lavercas) que asentan nas lagoas de Riocaldo e no curso do rio Ladra.
A parroquia de Illán está situado á beira oeste do [[río Ladra]], nunha zona con relevo irregular de monte, regatos e lagoas naturais pertencente ó espazo natural dos humedais da [[Terra Chá]] (Parga-Ladra-Támoga), cunha superficie de 5.000 hectáreas. Neste espazo hai especies comúns da fauna galega como pequenos roedores ou corzos, así como aves fluviais migratorias ([[garza]]s, [[parrulo]]s, [[laverca]]s) nas lagoas de Riocaldo e no curso do rio Ladra.


==Patrimonio==
==Patrimonio==
No entorno destes humedais atópanse vestixios da cultura megalítica, como os dolmens ou medorras ao pé das masas rochosas do Peno Castelo e Peno Maior.
No entorno destes humedais atópanse vestixios da cultura megalítica, como os [[dolmen]]s ou medorras ao pé das masas rochosas do Peno Castelo e Peno Maior. A igrexa parroquial, renovada no seu interior, conserva un singular artesoado de madeira de máis de mediados do século XX realizado polos artesáns carpenteiros da aldea. A estrutura e exterior son típicas nestas construcións relixiosas de finais do século XIX.

A Igrexa, renovada no seu interior, conserva un singular artesoado de madeira de máis de medio século de antigüidade realizado polos artesáns carpenteiros da aldea. A estrutura e exterior son típicas nestas construcións relixiosas de finais do século XIX.


Consérvase unha mina de principios do século XX.
Consérvase unha mina de principios do século XX.


==Economía==
==Economía==
A base económica está cambiando dunha economía agrícola e gandeira a outra de servizos, emigración e emprego por fóra, aínda que sen deixar as labores tradicionais do campo. Como en case todas partes estes cambios socioeconómicos melloran moitos aspectos como o emprego, pero infelizmente os servizos públicos se desenvolven mais amodiño. Tamén aparecen os típicos riscos medioambientais e deste xeito podemos atopar unha explotación de transformación de pedra, unha canteira de seixo a carón das Lagoas de Riocaldo, e unha fábrica de biodiesel no polígono industrial de Begonte. Este polígono, que ocupa algúns terreos da parroquia, ten acceso directo á autovía [[A-6]] tal que lle dá un valor e operatividade especiais con apenas 15 minutos de coche para chegar a Lugo.
A base económica está cambiando dunha economía agrícola e gandeira a outra de servizos, emigración e emprego por fóra, aínda que sen deixar as labores tradicionais do campo. Como en case todas partes estes cambios socioeconómicos melloran moitos aspectos como o emprego, pero infelizmente os servizos públicos se desenvolven mais amodiño.
Algunhas das novas industrias na zona provocan riscos medioambientais, como unha explotación de transformación de pedra, unha canteira de seixo a carón das Lagoas de Riocaldo e unha fábrica de biodiesel no polígono industrial de Begonte. Este polígono, que ocupa algúns terreos da parroquia, ten acceso directo á autovía [[A-6]], permitindo chegar en 15 minutos a Lugo.


==Festas==
==Festas==
O 25 de xullo, festividade de Santiago Apóstolo, celébranse as festas parroquiais amais do [[Día Nacional de Galicia]]. Outras celebracións do ano fanse no lume novo, natal, ou [[magosto]].
As festaas parroquiais celébranse o [[25 de xullo]], festividade de [[Santiago o Maior]] coincidindo co [[Día Nacional de Galicia]]. Outras celebracións do ano fanse no lume novo, natal, ou [[magosto]].


==Lugares e parroquias==
==Lugares e parroquias==

Revisión como estaba o 9 de xaneiro de 2015 ás 16:32

Illán
ConcelloBegonte
Coordenadas43°10′03″N 7°40′48″O / 43.16754333, -7.67999666Coordenadas: 43°10′03″N 7°40′48″O / 43.16754333, -7.67999666
Poboación133 hab. (2004)
Entidades de poboación10
editar datos en Wikidata ]

Santiago de Illán é unha parroquia que se localiza no concello de Begonte. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 133 habitantes (67 mulleres e 66 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 128 habitantes.

Xeografía

A parroquia de Illán está situado á beira oeste do río Ladra, nunha zona con relevo irregular de monte, regatos e lagoas naturais pertencente ó espazo natural dos humedais da Terra Chá (Parga-Ladra-Támoga), cunha superficie de 5.000 hectáreas. Neste espazo hai especies comúns da fauna galega como pequenos roedores ou corzos, así como aves fluviais migratorias (garzas, parrulos, lavercas) nas lagoas de Riocaldo e no curso do rio Ladra.

Patrimonio

No entorno destes humedais atópanse vestixios da cultura megalítica, como os dolmens ou medorras ao pé das masas rochosas do Peno Castelo e Peno Maior. A igrexa parroquial, renovada no seu interior, conserva un singular artesoado de madeira de máis de mediados do século XX realizado polos artesáns carpenteiros da aldea. A estrutura e exterior son típicas nestas construcións relixiosas de finais do século XIX.

Consérvase unha mina de principios do século XX.

Economía

A base económica está cambiando dunha economía agrícola e gandeira a outra de servizos, emigración e emprego por fóra, aínda que sen deixar as labores tradicionais do campo. Como en case todas partes estes cambios socioeconómicos melloran moitos aspectos como o emprego, pero infelizmente os servizos públicos se desenvolven mais amodiño.

Algunhas das novas industrias na zona provocan riscos medioambientais, como unha explotación de transformación de pedra, unha canteira de seixo a carón das Lagoas de Riocaldo e unha fábrica de biodiesel no polígono industrial de Begonte. Este polígono, que ocupa algúns terreos da parroquia, ten acceso directo á autovía A-6, permitindo chegar en 15 minutos a Lugo.

Festas

As festaas parroquiais celébranse o 25 de xullo, festividade de Santiago o Maior coincidindo co Día Nacional de Galicia. Outras celebracións do ano fanse no lume novo, natal, ou magosto.

Lugares e parroquias

Lugares de Illán

Lugares da parroquia de Illán no concello de Begonte (Lugo)

A Aldea | Barreiro | O Canavello | Currillo | Fontela | Illán de Abaixo | Illán de Arriba | Lamas | Riocaldo | A Torre

Parroquias de Begonte

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Begonte

Baamonde (Santiago) | Baldomar (San Xoán) | Begonte (San Pedro) | Bóveda (Santalla) | Carral (San Martiño) | O Castro (Santa María) | Damil (San Salvador) | Donalbai (San Cristovo) | Felmil (Santiago) | Gaibor (San Xiao) | Illán (Santiago) | Saavedra (Santa María) | San Fiz de Cerdeiras (San Fiz) | San Martiño de Pacios (San Martiño) | San Vicente de Pena (San Vicente) | Santalla de Pena (Santalla) | Trobo (Santa María) | Uriz (Santo Estevo) | Virís (Santa Helena)

Véxase tamén

Outros artigos