Illán, Begonte: Diferenzas entre revisións
formato |
m engado a Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior mediante HotCat |
||
Liña 41: | Liña 41: | ||
[[Categoría:Parroquias de Begonte]] |
[[Categoría:Parroquias de Begonte]] |
||
[[Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior]] |
Revisión como estaba o 9 de xaneiro de 2015 ás 16:28
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2013.) |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Illán | |
---|---|
Concello | Begonte |
Coordenadas | 43°10′03″N 7°40′48″O / 43.16754333, -7.67999666Coordenadas: 43°10′03″N 7°40′48″O / 43.16754333, -7.67999666 |
Poboación | 133 hab. (2004) |
Entidades de poboación | 10 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santiago de Illán é unha parroquia que se localiza no concello de Begonte. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 133 habitantes (67 mulleres e 66 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 128 habitantes.
Xeografía
A parroquia de Illán abrangue a ladeira oeste dun relevo irregular de monte, regatos e lagoas naturais ao redor do río Ladra, pertencente ó espazo natural chamado humedais da Terra Chá (Parga-Ladra-Támoga) cunha superficie de 5000 hectáreas. Neste espazo pódense atopar especies comúns da fauna galega como pequenos roedores ou corzos. Teñen especial importancia a variedade de aves fluviais migratorias (garzas, parrulos, lavercas) que asentan nas lagoas de Riocaldo e no curso do rio Ladra.
Patrimonio
No entorno destes humedais atópanse vestixios da cultura megalítica, como os dolmens ou medorras ao pé das masas rochosas do Peno Castelo e Peno Maior.
A Igrexa, renovada no seu interior, conserva un singular artesoado de madeira de máis de medio século de antigüidade realizado polos artesáns carpenteiros da aldea. A estrutura e exterior son típicas nestas construcións relixiosas de finais do século XIX.
Consérvase unha mina de principios do século XX.
Economía
A base económica está cambiando dunha economía agrícola e gandeira a outra de servizos, emigración e emprego por fóra, aínda que sen deixar as labores tradicionais do campo. Como en case todas partes estes cambios socioeconómicos melloran moitos aspectos como o emprego, pero infelizmente os servizos públicos se desenvolven mais amodiño. Tamén aparecen os típicos riscos medioambientais e deste xeito podemos atopar unha explotación de transformación de pedra, unha canteira de seixo a carón das Lagoas de Riocaldo, e unha fábrica de biodiesel no polígono industrial de Begonte. Este polígono, que ocupa algúns terreos da parroquia, ten acceso directo á autovía A-6 tal que lle dá un valor e operatividade especiais con apenas 15 minutos de coche para chegar a Lugo.
Festas
O 25 de xullo, festividade de Santiago Apóstolo, celébranse as festas parroquiais amais do Día Nacional de Galicia. Outras celebracións do ano fanse no lume novo, natal, ou magosto.
Lugares e parroquias
Lugares de Illán
Lugares da parroquia de Illán no concello de Begonte (Lugo) | |
---|---|
A Aldea | Barreiro | O Canavello | Currillo | Fontela | Illán de Abaixo | Illán de Arriba | Lamas | Riocaldo | A Torre |