Malemo Caná: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
quito interwiki porque non sei se é a mesma persoa
Liña 6: Liña 6:


==O relato de Joao de Barros==
==O relato de Joao de Barros==
Logo de entrar no Océano Índico, Vasco da Gama, chegou a [[illa de Mozambique]], cuxo xeque lle promete un piloto que o guíe para India, o que compre; o piloto leva a frota portuguesa ata [[Mombasa]], onde fuxe, mentres os musulmanos que alí dominan téndenlle unha emboscada a da Gama, da que logra escapar. De aí, consigue arribar a [[Melinde]]. O rei de Melinde recíbeo de bon talante e promételle un piloto experto que o conducira á India. Barros narra así o encontro de Vasco da Gama e Malemo Canà en Melinde:
Logo de entrar no Océano Índico, Vasco da Gama, chegou a [[illa de Mozambique]], cuxo xeque lle promete un piloto que o guíe para India, o que compre; o piloto leva a frota portuguesa ata [[Mombasa]], onde fuxe, mentres os musulmanos que alí dominan téndenlle unha emboscada a da Gama, da que logra escapar. De aí, consigue arribar a [[Melinde]]. O rei de Melinde recíbeo de bon talante e promételle un piloto experto que o conducira á India; este piloto é Malemo Caná. Barros narra así o encontro de Vasco da Gama e Malemo Canà en Melinde:


***''entre os cales viña um mouro guzarate de nazón, chamado '''Malemo Caná''', o cal, así polo contentamento que tivo da conversación dos nosos, como para compracer el-rei, que buscaba piloto para lles dar, aceitou querer ir con eles. Do saber do cal, Vasco da Gama despois que praticou con el, ficou muito contente, principalmente cando lle mostrou unha carta de toda a India, arrumada ao modo dos mouros, que era en meridianos e paralelos mui miudos, sen outro rumbo dos ventos...''<ref>João de Barros, ''Décadas da Ásia'', Libro IV, cap. VIII<ref>
***''entre os cales viña um mouro guzarate de nazón, chamado '''Malemo Caná''', o cal, así polo contentamento que tivo da conversación dos nosos, como para compracer el-rei, que buscaba piloto para lles dar, aceitou querer ir con eles. Do saber do cal, Vasco da Gama despois que praticou con el, ficou muito contente, principalmente cando lle mostrou unha carta de toda a India, arrumada ao modo dos mouros, que era en meridianos e paralelos mui miudos, sen outro rumbo dos ventos...''<ref>João de Barros, ''Décadas da Ásia'', Libro IV, cap. VIII<ref>
Liña 13: Liña 13:


==Interpretación==
==Interpretación==
Resulta indudábel que Vasco da Gama buscaba un piloto para navegar no ïndico, cousa que non era doada. Ao igual que no [[Océano Atlántico|Atlántico]] - onde os ventos alisios obrigaba a internarse no medio do océano, para logo virar a favor dos contralisios no [[hemisferio sur]], e poder chegar logo ata a costa africana - . O novo mar era unha incógnita para os navegadores portugueses que por vez primeira se internaron nel, despois de dobrar o [[cabo de Boa Esperanza]]. De aí a busca ansiosa de Da Gama para conseguir un piloto, sabendo ben que os musulmanes dominaban o Índico. A información sobre estes asuntos obraba en poder da Casa real portuguesa remitida por [[Pero da Covilhã]], explorador que estivera na mesma India, chegando por outros camiños.
Resulta indudábel que Vasco da Gama buscaba un piloto para navegar no Índico, cousa que non era doada. Así como non era fácil navegar no [[Océano Atlántico|Atlántico]], onde os portugueses aprenderon logo de décadas de experimentación e acopio de datos - por exemplo, os [[alisio (vento)|ventos alisios]] obrigaban a internarse no medio do océano, para logo virar a favor dos contralisios no [[hemisferio sur]], e poder chegar logo ata a costa africana -, o novo mar era asimesmo unha incógnita para os navegadores portugueses que por vez primeira se internaron nel, despois de dobrar o [[cabo de Boa Esperanza]]. De aí a busca ansiosa de Da Gama para conseguir un piloto, sabendo ben que os musulmanes dominaban o Índico. A información sobre parte destes asuntos obraba en poder da Casa real portuguesa remitida por [[Pero da Covilhã]], explorador que estivera na mesma India, chegando por outros camiños.


Malemo Caná, segundo certos investigadores, é identificado con o explorador árabe Ahmed ibn Majid / Ahmad ibn Majid, o que non é doado de probar.
Malemo Caná, segundo certos investigadores, é identificado con o explorador árabe [[Ahmed ibn Majid]], o que non é doado de probar. Esta identificación faise a partir de fontes árabes nas que se dí que ibn Majid foi emborrachado polos portugueses. A historia é coñecida en Occidente de tempo atrás, e crese no seu momento que non é máis que unha fantasía pola que os musulmáns explicaban o éxito portugués, sendo conscientes da importancia que a fazaña de Vasco da Gama tiña para os seus intereses.


==Bibliografía==
==Bibliografía==
Kramers, J.H., Geografía y Comercio, in Arnold, Thomas e Guillaume, Alfred (eds.), El legado del Islam, Madrid. Ediciones Pegaso. 1944.
Tarracha Ferreira, Maria Emma, Introducción a ''Literatura dos Descobrimentos Portugueses''. Editora Ulisseia. s.l.. D.L. 1993
Tarracha Ferreira, Maria Emma, Introducción a ''Literatura dos Descobrimentos Portugueses''. Editora Ulisseia. s.l.. D.L. 1993


==Ver tamén==
==Ver tamén==
[[Vasco da Gama]]
[[Vasco da Gama]]
[[Ahmed ibn Majid]]
[[India portuguesa]]
[[India portuguesa]]



Revisión como estaba o 10 de abril de 2007 ás 16:41

Malemo Caná (séculos XV - XVI ?) é o nome dun incógnito navegante musulmán, que axudou a Vasco da Gama a chegar á India, partindo desde Melinde, cidade hoxe sita en Quenia.

Malemo Canà é o nome utilizado na crónica de João de Barros, Décadas da Ásia (1552-1613); outra variante de leitura é Melemo Cana; en Damião de Góis e Fernão Lopes de Castanheda figura como Canaqua.


O relato de Joao de Barros

Logo de entrar no Océano Índico, Vasco da Gama, chegou a illa de Mozambique, cuxo xeque lle promete un piloto que o guíe para India, o que compre; o piloto leva a frota portuguesa ata Mombasa, onde fuxe, mentres os musulmanos que alí dominan téndenlle unha emboscada a da Gama, da que logra escapar. De aí, consigue arribar a Melinde. O rei de Melinde recíbeo de bon talante e promételle un piloto experto que o conducira á India; este piloto é Malemo Caná. Barros narra así o encontro de Vasco da Gama e Malemo Canà en Melinde:

      • entre os cales viña um mouro guzarate de nazón, chamado Malemo Caná, o cal, así polo contentamento que tivo da conversación dos nosos, como para compracer el-rei, que buscaba piloto para lles dar, aceitou querer ir con eles. Do saber do cal, Vasco da Gama despois que praticou con el, ficou muito contente, principalmente cando lle mostrou unha carta de toda a India, arrumada ao modo dos mouros, que era en meridianos e paralelos mui miudos, sen outro rumbo dos ventos...<ref>João de Barros, Décadas da Ásia, Libro IV, cap. VIII<ref>

Caná acompañou e guiou a frota portuguesa ata Calecute, a actual Kozhikode, na costa de Malabar, na India, e axudou nas primeiras negociacións de Vasco da Gama con as autoridades desa cidade.

Interpretación

Resulta indudábel que Vasco da Gama buscaba un piloto para navegar no Índico, cousa que non era doada. Así como non era fácil navegar no Atlántico, onde os portugueses aprenderon logo de décadas de experimentación e acopio de datos - por exemplo, os ventos alisios obrigaban a internarse no medio do océano, para logo virar a favor dos contralisios no hemisferio sur, e poder chegar logo ata a costa africana -, o novo mar era asimesmo unha incógnita para os navegadores portugueses que por vez primeira se internaron nel, despois de dobrar o cabo de Boa Esperanza. De aí a busca ansiosa de Da Gama para conseguir un piloto, sabendo ben que os musulmanes dominaban o Índico. A información sobre parte destes asuntos obraba en poder da Casa real portuguesa remitida por Pero da Covilhã, explorador que estivera na mesma India, chegando por outros camiños.

Malemo Caná, segundo certos investigadores, é identificado con o explorador árabe Ahmed ibn Majid, o que non é doado de probar. Esta identificación faise a partir de fontes árabes nas que se dí que ibn Majid foi emborrachado polos portugueses. A historia é coñecida en Occidente de tempo atrás, e crese no seu momento que non é máis que unha fantasía pola que os musulmáns explicaban o éxito portugués, sendo conscientes da importancia que a fazaña de Vasco da Gama tiña para os seus intereses.

Bibliografía

Kramers, J.H., Geografía y Comercio, in Arnold, Thomas e Guillaume, Alfred (eds.), El legado del Islam, Madrid. Ediciones Pegaso. 1944. Tarracha Ferreira, Maria Emma, Introducción a Literatura dos Descobrimentos Portugueses. Editora Ulisseia. s.l.. D.L. 1993

Ver tamén

Vasco da Gama Ahmed ibn Majid India portuguesa