Django Unchained: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
engado categoría
Breogan2008 (conversa | contribucións)
engado recadación
Liña 20: Liña 20:
| xénero = [[Western (cinema)|Western]]
| xénero = [[Western (cinema)|Western]]
| orzamento = $100.000.000<ref name=BOM>{{cita web|título=''Django Unchained'' (2012) – Box Office|url=http://www.boxofficemojo.com/movies/?id=djangounchained.htm|publisher=[[Box Office Mojo]]|dataacceso=25 de xaneiro de 2013}}</ref>
| orzamento = $100.000.000<ref name=BOM>{{cita web|título=''Django Unchained'' (2012) – Box Office|url=http://www.boxofficemojo.com/movies/?id=djangounchained.htm|publisher=[[Box Office Mojo]]|dataacceso=25 de xaneiro de 2013}}</ref>
| recadación = $425.400.000
| anterior =
| anterior =
| seguinte =
| seguinte =
| imdb_id = 1853728
| imdb_id = 1853728
}}
}}

'''''Django Unchained''''' (traducido ó galego a como "Django desencadeado") é un filme de xénero [[Western (cinema)|western]] épico estadounidense de [[2012]] escrito e dirixido por [[Quentin Tarantino]]. Está protagonizado por [[Jamie Foxx]], [[Leonardo DiCaprio]], [[Christoph Waltz]], [[Kerry Washington]] e [[Samuel L. Jackson]]. O filme estreouse nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] o [[25 de decembro]] de 2012.
'''''Django Unchained''''' (traducido ó galego a como "Django desencadeado") é un filme de xénero [[Western (cinema)|western]] épico estadounidense de [[2012]] escrito e dirixido por [[Quentin Tarantino]]. Está protagonizado por [[Jamie Foxx]], [[Leonardo DiCaprio]], [[Christoph Waltz]], [[Kerry Washington]] e [[Samuel L. Jackson]]. O filme estreouse nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] o [[25 de decembro]] de 2012.
A historia transcorre na era previa á [[Guerra de Secesión]] no sur do país, no xa vello Oeste. Un escravo (Foxx) é liberado por un cazador de recompensas (Waltz) con quen se asocia para cruzar os EUA para rescatar a súa muller (Washington) dun cruel e poderoso propietario de plantacións de algodón (DiCaprio).
A historia transcorre na era previa á [[Guerra de Secesión]] no sur do país, no xa vello Oeste. Un escravo (Foxx) é liberado por un cazador de recompensas (Waltz) con quen se asocia para cruzar os EUA para rescatar a súa muller (Washington) dun cruel e poderoso propietario de plantacións de algodón (DiCaprio).

Revisión como estaba o 4 de xaneiro de 2015 ás 00:30

Django Unchained
Ficha técnica
Título orixinalDjango Unchained
DirectorQuentin Tarantino
ProdutorStacey Sher
Reginald Hudlin
Pilar Savone
GuiónQuentin Tarantino
IntérpretesJamie Foxx
Christoph Waltz
Leonardo DiCaprio
Kerry Washington
Samuel L. Jackson
Walton Goggins
Dennis Christopher
James Remar
Michael Parks
Don Johnson
FotografíaRobert Richardson
MontaxeFred Raskin
EstudioA Band Apart
DistribuidoraThe Weinstein Company (Norte América)
Columbia Pictures (Internacional)
Estrea25 de decembro de 2012
Duración165 minutos[1][2][3]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroWestern
Orzamento$100.000.000[4]
Recadación$425.400.000
Na rede
http://www.unchainedmovie.com
IMDB: tt1853728 Filmaffinity: 929558 Allocine: 190918 Rottentomatoes: m/django_unchained_2012 Mojo: djangounchained Allmovie: v538627 TCM: 2014169 Metacritic: movie/django-unchained TV.com: movies/django-unchained Netlix: 70230640Editar o valor em Wikidata

Django Unchained (traducido ó galego a como "Django desencadeado") é un filme de xénero western épico estadounidense de 2012 escrito e dirixido por Quentin Tarantino. Está protagonizado por Jamie Foxx, Leonardo DiCaprio, Christoph Waltz, Kerry Washington e Samuel L. Jackson. O filme estreouse nos Estados Unidos o 25 de decembro de 2012. A historia transcorre na era previa á Guerra de Secesión no sur do país, no xa vello Oeste. Un escravo (Foxx) é liberado por un cazador de recompensas (Waltz) con quen se asocia para cruzar os EUA para rescatar a súa muller (Washington) dun cruel e poderoso propietario de plantacións de algodón (DiCaprio).

Argumento

En 1858, varios escravos varóns son transportados a través de Texas polos irmáns Speck (James Remar e James Russo). No seu grupo está Django (Jamie Foxx), quen foi separado da súa esposa Broomhilda (Kerry Washington). Os irmáns Speck encontran o Dr. King Schultz (Christoph Waltz), un dentista alemán e, sen sabelo, cazador de recompensas. Schultz libera a Django e mata un dos irmáns Speck, deixando o outro para ser asasinado polos escravos agora libres. Schultz revela que el buscou a Django para axudarlle na identificación dos irmáns Brittle, un trío de asasinos desapiadados que traballan para os propietarios das plantacións. Schultz confesa que a súa caza de recompensas é oportunista, pero fai fincapé en que, como Django, despreza a escravitude. Os dous chegan a un acordo: a cambio de axudarlle a localizar aos irmáns Brittle, Schultz liberará a Django da escravitude, daralle $ 75 e un cabalo. Despois de cazar e matar aos irmáns Brittle, Schultz lévase a Django como socio na caza de recompensas.

Despois de conseguir unha serie de informacións, Schultz e Django confirman que o dono actual de Broomhilda é Calvin J. Candie (Leonardo DiCaprio), dono dunha plantación, encantador pero brutal. Na plantación de Candie, Candyland, algúns dos seus escravos varóns son adestrados para loitar ata a morte (chamada "loita de Mandingos"). Despois de obter un convite a Candyland, Schultz e Django idean un plan para conseguir a Broomhilda facéndose pasar por potenciais compradores dun loitador Mandingo. Á súa chegada, Schultz introduce a Django como un home libre e un experto na loita de Mandingos. Candie e Schultz rapidamente chegan a un acordo para comprar un loitador Mandingo por U$ 12.000. Schultz tamén ofrece comprar a Broomhilda, alegando que, como ela fala alemán, lle axudaría a aliviar a súa nostalxia pola súa lingua materna. O interese de Schultz e Django en Broomhilda levanta as sospeitas do leal escravo de Candie, Stephen (Samuel L. Jackson), que deduce correctamente que Django e Broomhilda se coñecen entre si, e que a venda do Mandingo é unha artimaña. Candie, que é informado, armado con esta nova información demanda os $ 12.000 para Broomhilda, ou el mataraa. Schultz comprométese a compralo a este prezo co fin de salvar a súa vida, aínda que máis tarde, enfurecido polo comportamento humillante recibido por Candie, mátao, despois de finalizar os trámites da venda e liberdade. Schultz é asasinado á súa vez polos homes de Candie, os cales logo tratan de matar a Django. Django dispara a moitos dos homes de Candie, pero réndese cando Stephen ameaza con matar a Broomhilda. Como castigo, Stephen suxire que Django sexa enviado a unha mina de carbón e traballe alí ata a morte, estando de acordo a irmá de Candie, Lara (Laura Cayouette). No camiño á mina, Django persuade os negreiros de que el é un cazador de recompensas, mostrándolles o volante do seu primeiro asasinato como proba. Unha vez que consegue liberarse, mata aos negreiros, toma a súa dinamita, e monta de novo cara a Candyland.

Volvendo á plantación, Django descobre o corpo de Schultz que ten o certificado de liberdade que Candie asinou para Broomhilda. Cando os homes de Candie, os seus serventes, e a irmá volven a Candyland do funeral, Django aparece e mata os homes de Candie. Libera os escravos restantes, a excepción de Stephen, a quen dispara nos xeonllos, e mata a Lara. Despois de ocultar a dinamita dentro da casa, acende a mecha e vaise. Django cabalga lonxe con Broomhilda, cando a mansión, cos mortos e o ferido Stephen no interior, estala tras deles.

Personaxes

Jamie Foxx, Christoph Waltz, Kerry Washington e Samuel L. Jackson na estrea francesa do filme, París en xaneiro de 2013.

Outros papeis inclúen a James Russo como Dicky Speck, Tom Wopat como o Marshall Gill Tatum,[14] Don Stroud como Sheriff Bill Sharp, Russ Tamblyn como o fillo dun bandoleiro, Amber Tamblyn como neta do bandoleiro, Bruce Dern como home vello Carrucan, M. C. Gainey as Big John Brittle, Cooper Huckabee como Lil Raj Brittle, Doc Duhame como Ellis Brittle, Jonah Hill como Bag Head #2,[16] e Lee Horsley como o Sheriff Gus (Snowy Snow). Zoë Bell, Michael Bowen, Robert Carradine, Jake Garber, Ted Neeley, James Parks e Tom Savini fan de sicarios de Candyland,[17] mentres Michael Parks, John Jarratt e Quentin Tarantino interpretan os empregados da LeQuint Dickey Mining Co. Tarantino fai tamén un cameo como Robert, un dos membros do grupo semellante ao Ku Klux Klan.

Galardóns e nomeamentos

Premio Categoría Candidatos Resultado
Premios Óscar Mellor filme Reginald Hudlin, Stacy Sher, Pilar Savone Nomeada
Mellor actor de reparto Christoph Waltz Gañador
Mellor guión orixinal Quentin Tarantino Gañador
Mellor fotografía Robert Richardson Nomeado
Mellor edición de son Wylie Stateman Nomeado
Premios Globos de Ouro
Mellor Película - Drama Reginald Hudlin, Stacy Sher, Pilar Savone Nomeada
Mellor director Quentin Tarantino Nomeado
Mellor actor de reparto Leonardo DiCaprio Nomeado
Mellor actor de reparto Christoph Waltz Gañador
Mellor Guión Quentin Tarantino Gañador
Premios BAFTA
Mellor director Quentin Tarantino Nomeado
Mellor guión orixinal Quentin Tarantino Gañador
Mellor actor de reparto Christoph Waltz Gañador
Mellor montaxe Fred Raskin Nomeado
Mellor son Mark Ulano, Michael Minkler, Tony Lamberti, Wylie Stateman Nomeados

Notas

  1. "'Django Unchained' Slavery Depictions Not Nearly As Bad As Real History Says Quentin Tarantino". Huffingtonpost.com. Consultado o December 11, 2012. 
  2. "'Django Unchained' Is Officially 2 Hours & 45 Minutes; Quentin Explains Why Frank Ocean's Song Doesn't Make The Cut | The Playlist". Blogs.indiewire.com. Consultado o December 11, 2012. 
  3. "DJANGO UNCHAINED (18)". British Board of Film Classification. December 17, 2012. Consultado o December 17, 2012. 
  4. "Django Unchained (2012) – Box Office". Box Office Mojo. Consultado o 25 de xaneiro de 2013. 
  5. Dimako, Peter (June 22, 2011). "Jamie Foxx joins DJANGO UNCHAINED as lead for Quentin Tarantino". Upcoming-Movies.com. Consultado o February 2, 2012. 
  6. 6,0 6,1 Weinstein, Joshua L. (June 22, 2011). "Jamie Foxx, Leonardo DiCaprio to Star in 'Django Unchained'". TheWrap.com. The Wrap News Inc. Consultado o February 2, 2012. 
  7. "Cast & Crew". http://www.djangounchained-movie.net/. Consultado o January 7, 2012.  Ligazón externa en |work= (Axuda)
  8. Cieply, Michael (July 15, 2012). "Spaghetti Surrealism Makes a Comic-Con Appearance". artsbeat.blogs.nytimes.com. Consultado o January 7, 2012. 
  9. Courtney O. (September 14, 2011). "Django Unchained Gets Samuel L. Jackson". MovieWeb.com. MovieWeb, Inc. Consultado o February 2, 2012. 
  10. Jagernauth, Kevin (October 11, 2011). "Don Johnson Joins Quentin Tarantino's 'Django Unchained'". The Playlist. indieWIRE. Consultado o February 2, 2012. 
  11. Dimako, Peter (September 28, 2011). "Dennis Christopher joins DJANGO UNCHAINED". Upcoming-Movies.com. Consultado o February 2, 2012. 
  12. "Saturn Awards: James Remar says there’s a 'message' in 'Django Unchained' – IFC". Ifc.com. July 27, 2012. Consultado o December 28, 2012. 
  13. White, James (November 10, 2011). "James Remar Joins Django Unchained". EmpireOnline.com. Bauer Consumer Media. Consultado o February 2, 2012. 
  14. 14,0 14,1 Gallagher, Brian (November 10, 2011). "Django Unchained Gets James Remar and Tom Wopat". MovieWeb.com. MovieWeb, Inc. Consultado o February 2, 2012. 
  15. Django Unchained radiotimes.com
  16. Goldberg, Matt (June 15, 2012). "Jonah Hill Joins Django Unchained". Collider.com. Arquivado dende o orixinal o June 17, 2010. Consultado o June 17, 2012. 
  17. Barry, Vic (October 17, 2011). "TOM SAVINI FOR DJANGO UNCHAINED". TheMovieBit.com. Consultado o February 2, 2012. 

Véxase tamén

Ligazóns externas