Banco Santander: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 2: Liña 2:
{{Compañía
{{Compañía
| nome_compañía = Banco Santander
| nome_compañía = Banco Santander
| logo_compañía = [[File:Banco Santander Logotipo.svg|200px]]
| logo_compañía = [[Ficheiro:Banco Santander Logotipo.svg|200px]]
| pé =
| pé =
| imaxe = [[Ficheiro:Santander.Banco.Santander.jpg|300px]]
| imaxe = [[Ficheiro:Santander.Banco.Santander.jpg|300px]]

Revisión como estaba o 28 de decembro de 2014 ás 20:08

Banco Santander

Edificio do Banco Santander en Santander
TipoSociedade Anónima
Fundación1857
LocalizaciónPaseo Pereda, 9-12, 39004 Santander Cantabria Cantabria
Persoas claveAna Patricia Botín (Presidenta)
Número de empregados193.350 (2011)
Na rede
https://www.santander.com/, https://www.santander.com.br/, https://www.bancosantander.es/, https://www.santander.com.mx/, https://locations.santander.com/ e https://back-branchlocator.santander.com/
Facebook: bancosantander Twitter: santander_es Instagram: santander_es Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

O Banco Santander é unha compañía bancaria española creada pola unión de comerciantes da entón denominada provincia de Santander, na actualidade Cantabria, cuxas primeiras actividades financeiras datan do 20 de agosto de 1857. Xorde en torno ao negocio das exportacións de trigo e cereais de Castela polo porto de Santander, ademais das importacións de produtos de América.

É a orixe dunha das empresas multinacionais máis importantes de España tras o éxito e absorción de distintos bancos nacionais e estranxeiros, o Grupo Santander está formado principalmente polo Banco Santander Central Hispano (BSCH), creado en 1999 tras a fusión co Banco Central Hispanoamericano (BCH).

Foi banco emisor de papel moeda ata 1874, ano no que, polas medidas adoptadas polo ministro de Economía, José Echegaray, dita actividade quedou reservada ao Banco de España en exclusividade. O Banco de Santander aceptou naquel momento a oferta de permanecer como banco comercial. Emilio Botín López foi o primeiro membro desta familia que chegou a presidente en 1909, avó do actual presidente do Grupo Santander Emilio Botín-Sanz. En 1994 adquiriu o Banco Español de Crédito (Banesto).

O 10 de marzo de 2007 o banco celebro o seu 150 aniversario cunha reunión de 1.300 directivos do banco en 22 países e o recibimento da Medalla de Ouro de Cantabria.

Véxase tamén

Ligazóns externas