Radiación ultravioleta: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
algo máis desde a wiki .ca
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Liña 39: Liña 39:
Unha lámpada fluorescente común contén un gas inerte (mercurio) que, na pasaxe de electróns, emite radiación na lonxitude de onda do ultravioleta. Esta radiación liberada "bate" na beira da lámpada que está revestida internamente por fósforo. O fósforo excitado coa enerxía recibida reemite a enerxía en lonxitudes de onda visíbeis (branco).
Unha lámpada fluorescente común contén un gas inerte (mercurio) que, na pasaxe de electróns, emite radiación na lonxitude de onda do ultravioleta. Esta radiación liberada "bate" na beira da lámpada que está revestida internamente por fósforo. O fósforo excitado coa enerxía recibida reemite a enerxía en lonxitudes de onda visíbeis (branco).


A lámpada de luz negra non conta co revestimento de fósforo, deixando así pasar toda radiación ultravioleta. Un efecto fluorescente interesante pode ser obtido a partir da radiación ultravioleta en calquera superficie que sexa revestida con [[Tinturaría#Branqueamento óptico|branqueador óptico]] (presente na maioría das marcas de xabón en po). Faise unha solución de xabón en po e auga, úsase esta "tinta" para escribir ou deseñar calquera cousa na súa roupa (de preferencia escura, para que o efecto sexa maior) e na presenza de radiación ultravioleta (nunha boate por exemplo) as marcas ficarán visíbeis.
A lámpada de luz negra non conta co revestimento de fósforo, deixando así pasar toda radiación ultravioleta. Un efecto fluorescente interesante pode ser obtido a partir da radiación ultravioleta en calquera superficie que sexa revestida con [[Tinturaría#Branqueamento óptico|branqueador óptico]] (presente na maioría das marcas de xabón en po). Faise unha solución de xabón en po e auga, úsase esta "tinta" para escribir ou deseñar calquera cousa na súa roupa (de preferencia escura, para que o efecto sexa maior) e na presenza de radiación ultravioleta (nunha boite por exemplo) as marcas ficarán visíbeis.
==Notas==
==Notas==
{{listaref}}
{{listaref}}

Revisión como estaba o 25 de decembro de 2014 ás 10:58

Imaxe ultravioleta do sol

A radiación ultravioleta (UV) é a radiación electromagnética cunha lonxitude de onda menor que a da luz visíbel e maior que a dos raios X, está comprendida aproximadamente entre os 400 nm (4x10-7 m) e os 15 nm (1,5x10-8 m), e presenta enerxías de entre 3 e 124 eV. O nome significa máis alta que (alén do) violeta (do latín ultra), polo feito que o violeta é a cor visíbel con lonxitude de onda máis curta e maior frecuencia.

Rheum nobile é unha especie de ruibarbo, orixinario do Himalaia, que pode vivir en grandes alturas (entre 4.000 e 4.800 metros) grazas a que desenvolveu un sistema que lle permite filtrar a radiación ultravioleta. O seu recubrimento fórmano brácteas translúcidas que deixan pasar a luz visible e provocan, ademais, un efecto invernadoiro que a protexen do frío e, ao mesmo tempo, filtran os raios UV que a matarían.

A radiación ultravioleta atópase nas radiacións solares e tamén é emitida polos arcos eléctricos e por algúns tipos de lámpadas que producen luz negra. Dado que se trata dunha radiación ionizante pode provocar reaccións químicas e a fluorescencia de certas sustancias. Este tipo de radiación é nocivo para a saúde, provocan que a pel se curte pero tamén poden causar cancros cutáneos como o melanoma, o envexecemento prematuro da pel (engurras), queimaduras, cataratas, etc.

Descubrimento

O descubrimento da radiación ultravioleta está asociado á experimentación do oscurecimiento dos sales de prata ao ser expostas á luz solar. En 1801 o físico alemán Johann Wilhelm Ritter descubriu que os raios invisibles situados xusto detrás do extremo violeta do espectro visible eran especialmente efectivos escurecendo o papel impregnado con cloruro de prata. Denominou a estes raios "raios desoxidantes" para enfatizar a súa reactividade química e para distinguilos dos "raios calóricos" (descubertos por William Herschel) que se atopaban alén do espectro visible. Pouco despois adoptouse o térmo "raios químicos". Estes dous térmos, "raios calóricos" e "raios químicos" permaneceron sendo bastante populares ao longo do século XIX. Finalmente estes térmos foron dando paso aos máis modernos de radiación infravermella e ultravioleta respectivamente.[1]

Características

Clasificación

A radiación ultravioleta é aquela cuxa lonxitude de onda vai desde os 400 nm, ata os 15 nm. É emitida polo sol nas formas de UV-A e UV-B. A maior parte da radiación UV é absorbida pola atmosfera terrestre. No que se refire aos efectos na saúde humana e no medio ambiente, clasifícase como UVA (400–320 nm, tamén chamada de "luz negra" ou onda longa), UVB (320–280 nm, tamén chamada de onda media) e UVC (280-100 nm, tamén chamada de UV curta ou "xermicida").

A maior parte da radiación UV emitida polo sol é absorbida pola atmosfera terrestre. A case totalidade (99%) dos raios ultravioletas que efectivamente chegan a superficie da Terra son do tipo UV-A. A radiación UVB é parcialmente absorbida polo ozono da atmosfera e a súa parcela que chega á Terra é responsábel de danos na pel. Xa a radiación UVC é totalmente absorbida polo osíxeno e o ozono da atmosfera.

A radiación UV pode ser subdividida en UV próximo (lonxitude de onda de 380 até 200 nm e máis próximo da luz visíbel), UV distante (de 200 até 10 nm) e UV extremo (de 1 a 31 nm). As bandas de radiación non son exactas. Como exemplo podemos ver que o UVA comeza en torno de 410nm e termina en 315 nm. O UVB comeza 330 nm e termina en 270 aproximadamente. Os picos das bandas están nas súas medias.

Usos

O seu efecto bactericida fai con que sexa utilizada en dispositivos co obxectivo de manter a asepsia de certos estabelecementos comerciais. Outro uso é a aceleración da polimerización de certos compostos. Moitas sustancias ao seren expostas á radiación UV, compórtanse de modo diferente de cando son expostas á luz visíbel, tornándose fluorescente. Este fenómeno dáse pola excitación dos electróns nos átomos e moléculas desa sustancia ao absorber a enerxía da luz invisíbel. E ao retornaren aos seus niveis normais de enerxía, o exceso de enerxía é reemitido baixo a forma de luz visíbel.

A luz ultravioleta chámase tamén luz negra e utilízase para obter efectos decorativos en certos ambientes. É obtida principalmente a través dunha lámpada fluorescente sen a protección do compoñente que a fai emitir luz visíbel. Unha lámpada fluorescente común contén un gas inerte (mercurio) que, na pasaxe de electróns, emite radiación na lonxitude de onda do ultravioleta. Esta radiación liberada "bate" na borda da lámpada que é revestida internamente por fósforo. O fósforo excitado coa enerxía recibida reemite a enerxía en lonxitudes de onda visíbeis (branco). A lámpada de luz negra non conta co revestimento de fósforo, deixando así pasar toda radiación ultravioleta. Un efecto fluorescente interesante pode ser obtido a partir da radiación ultravioleta en calquera superficie que sexa revestida con branqueador ótico, presente na maioría das marcas de xabón en po. Faise unha solución de xabón en po e auga, usase esta "tinta" para escribir ou deseñar calquera cousa na súa roupa (de preferencia escura, para que o efecto sexa maior) e na presenza de radiación ultravioleta as marcas ficarán visíbeis.

Este tipo de luz é usada en aparellos eléctricos para atraer insectos e electrocutalos. Outros tipos de uso son para identificar diñeiro falso, decoración e tuning.

Luz negra

A luz ultravioleta tamén se chama "luz negra" e utilízase para obter efectos decorativos en certos ambientes. É obtida principalmente a través dunha lámpada fluorescente sen a protección do compoñente que a fai emitir luz visíbel.

Unha lámpada fluorescente común contén un gas inerte (mercurio) que, na pasaxe de electróns, emite radiación na lonxitude de onda do ultravioleta. Esta radiación liberada "bate" na beira da lámpada que está revestida internamente por fósforo. O fósforo excitado coa enerxía recibida reemite a enerxía en lonxitudes de onda visíbeis (branco).

A lámpada de luz negra non conta co revestimento de fósforo, deixando así pasar toda radiación ultravioleta. Un efecto fluorescente interesante pode ser obtido a partir da radiación ultravioleta en calquera superficie que sexa revestida con branqueador óptico (presente na maioría das marcas de xabón en po). Faise unha solución de xabón en po e auga, úsase esta "tinta" para escribir ou deseñar calquera cousa na súa roupa (de preferencia escura, para que o efecto sexa maior) e na presenza de radiación ultravioleta (nunha boite por exemplo) as marcas ficarán visíbeis.

Notas

  1. Hockberger, P. E. (2002). "A history of ultraviolet photobiology for humans, animals and microorganisms". Photochem. Photobiol. 76. 561-579. 

Véxase tamén

Outros artigos