Alvia: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
mSen resumo de edición |
||
Liña 55: | Liña 55: | ||
| [[Estación de Atocha|Madrid-Puerta de Atocha]] · [[Estación de Córdoba|Córdoba-Central]] · La Palma del Condado · [[Estación de Huelva|Huelva-Término]] || 1 tren [[Serie 130 de Renfe|S130]] diario por sentido |
| [[Estación de Atocha|Madrid-Puerta de Atocha]] · [[Estación de Córdoba|Córdoba-Central]] · La Palma del Condado · [[Estación de Huelva|Huelva-Término]] || 1 tren [[Serie 130 de Renfe|S130]] diario por sentido |
||
|- bgcolor=#fff2be |
|- bgcolor=#fff2be |
||
| [[Estación de Atocha|Madrid-Puerta de Atocha]] · [[Estación de Cidade Real - Central|Cidade Real-Central]] · [[Estación de Puertollano|Puertollano]] · [[Estación de Córdoba - Central|Córdoba-Central]] · [[Estación de Sevilla - Santa Justa|Sevilla-Santa Justa]] · [[Estación de |
| [[Estación de Atocha|Madrid-Puerta de Atocha]] · [[Estación de Cidade Real - Central|Cidade Real-Central]] · [[Estación de Puertollano|Puertollano]] · [[Estación de Córdoba - Central|Córdoba-Central]] · [[Estación de Sevilla - Santa Justa|Sevilla-Santa Justa]] · [[Estación de Xerez da Fronteira|Xerez da Fronteira]] · [[Estación de El Puerto de Santa María|El Puerto de Santa María]] · [[Estación de San Fernando - Bahía Sur|San Fernando-Bahía Sur]] · [[Estación de Cádiz|Cádiz]] || 2 trens [[Serie 130 de Renfe|serie 130]] diarios por sentido |
||
|- bgcolor=#fff2be |
|- bgcolor=#fff2be |
||
| [[Estación de Alacant|Alacant-Terminal]] · Elda-Petrer · [[Estación de Villena|Villena]] · Albacete · Alcázar de San Juan · [[Estación de Atocha|Madrid-Atocha Cercanías]] · [[Estación de Chamartín|Madrid-Chamartín]] || 2 trens [[Serie 130 de Renfe|serie 130]] diarios por sentido |
| [[Estación de Alacant|Alacant-Terminal]] · Elda-Petrer · [[Estación de Villena|Villena]] · Albacete · Alcázar de San Juan · [[Estación de Atocha|Madrid-Atocha Cercanías]] · [[Estación de Chamartín|Madrid-Chamartín]] || 2 trens [[Serie 130 de Renfe|serie 130]] diarios por sentido |
Revisión como estaba o 25 de decembro de 2014 ás 08:22
O Alvia é un tren de longa distancia e alta velocidade que forma parte da alta gama de Longa distancia Renfe. Ten asentos en turista e preferente, acceso adaptado a minusválidos e cafetería. É un produto de Renfe Operadora de prezo medio-alto dentro dos trens de Longa Distancia, que realiza varias rutas en España.
Os trens que ofrecen o servizo Alvia son enteiramente de rodadura desprazable, poden percorrer vías de ancho ibérico ou internacional pasando polos cambiadores de ancho entre unhas e outras de forma rápida. Supoñen un adianto respecto ao servizo Altaria con Talgo de rodadura desprazable ao ser todo o conxunto de rodadura desprazable incluída a locomotora.
Os primeiros trens en ofrecer este servizo foron os da serie 120 de Renfe en outono de 2005, cando foron inauguradas as circunvalacións de Zaragoza e Lleida da L.A.V. Madrid-Camp de Tarragona e o cambiador de ancho de Puigvert de Lleida. Substituíron a case toda a totalidade dos trens Altaria que unían Madrid e Barcelona.
En outono de 2007 recibíronse as primeiras cabezas motoras da nova serie 130 de Renfe que acopláronse a ramas de remolques Talgo para substituí-la locomotora 252 ou 269 que tiraba destes coches nos percorridos Madrid-Xixón e Alacant-Xixón, de forma que os servizos Altaria e Talgo que cubrían estas relacións rebautizáronse como Alvia.
Coa apertura da L.A.V. Madrid-Valladolid pasáronse estes últimos servizos Alvia a circular pola mesma cambiando de ancho en Valdestillas ou Valladolid e engadíronse servizos Alvia ao recibirse máis cabezas da serie 130 con destino Santander (un dende Alacant), Bilbao e Hendaia.
O 20 de febreiro de 2008 púxose en servizo o tramo entre o cambiador de ancho de Roda de Berà e Barcelona, polo que os Alvia Madrid-Barcelona deixaron de circular nesta liña para ser substituídos por trens AVE, pasando os trens S120 de CAF a circular nas relacións Madrid-Logroño, Madrid-Pamplona e Madrid-Hendaia (antes cubertas por Altaria) e aproveitando parte da L.A.V. Madrid-Barcelona.
O 15 de setembro de 2008 comezaron a circular desde Barcelona ata Vigo, o 14 de decembro de 2008 entre Barcelona e Bilbao e Irun, e o 14 de xuño de 2009, nas rutas Madrid - Huelva e Madrid - Cádiz.
Flota
Os trens Alvia están compostos por dúas cabezas motoras e unha rama de remolques (Talgo) ou ben unha unidade autopropulsada de 4 coches, sendo empregadas as seguintes composicións nas seguintes relacións:
- Alvia que circulan pola L.A.V. Madrid-Barcelona: serie 120 de Renfe.
- Alvia que circulan pola L.A.V. Madrid-Valladolid: serie 130 de Renfe
Percorridos
Realiza as seguintes rutas: