Diferenzas entre revisións de «Augardente»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
=== Consello regulador ===
{{AP|Augardente de Galicia}}
Existe un consello regulador dende 1989 e a destilación do bagazo de uva está regulada en Galicia dende finais da década de 1990, quedando relegada como unha actividade clandestina a destilación de augardente que viñan realizando tradicionalmente os ''augardenteiros'' por toda a xeografía galega, quedando expostos a pagar as multas aá [[Ministerio de Facenda e Administracións Públicas de España|Facenda]].
 
A caña está clasificada dende fai anos como unha bebida espirituosa que ten un nome específico en cada área xeográfica onde se produce: ''[[Marc (augardente)|marc]]'' en [[Francia]], ''[[grappa]]'' en [[Italia]] ou ''[[bagaceira]]'' en [[Portugal]]<ref name="pota">[http://www.elmundo.es/elmundo/2011/07/10/galicia/1310292107.html Destiladores clandestinos, un oficio de arraigada tradición en Galicia]. "A produción de caña está regulada por decreto dende a década de 1990", en ''El Mundo'' (11-7-2011), en castelán.</ref>.
 
=== Historia ===
En Galicia, tradicionalmente, os augardenteiros eran as persoas que se encargaban da produción da augardente, e que obtiñan con iso ingresos extras dentro da súa economía. Era un traballo estacional ([[novembro]]) e ambulante. Antigamente o ''augardenteiro'' ia polas aldeas para facerlle a caña ós veciños, acondicionábase un alpendre, e empregábanse achas de leña para facer o lume da pota. O cañeiro podía pasar nun lugar varios días, durmindo amais no cuberto onde se facía a caña; o lume non se podía apagar mentres se estaba a destilar<ref name="alpendre" />. Existen varios nomes para referirse ás persoas que se dedican á destilación do bagazo da uva como son; ''augardenteiros''<ref name="DRAG">[http://www.realacademiagalega.org/dicionario Dicionario da Real Academia Galega].</ref><ref name="regueiro" />, ''cañeiros''<ref name="mostra" /><ref name="alpendre" />, ''poteiros''<ref name="caña" /> ou ''requicheiros''<ref name="mostra" />. Nalgúns lugares, co tempo, a [[alquitara]] adquirida entre varios veciños transladábase dunha casa para outra ata faceren todos en cada casa a súa propia augardente.
 
Na actualidade a produción tradicional está en recesión, e foi substituída pola produción industrial. Existe unha [[denominación de orixe]] que recolle as variedades de augardente galegas, e que se denomina [[Augardente de Galicia]] (''Orujo de Galicia'' en castelán; ''orujo'' é como se chama en castelán o [[bagazo]]).
4.050

edicións

Menú de navegación