Provincia da Coruña: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Shyde (conversa | contribucións)
m Zamora, España → Zamora
Liña 26: Liña 26:
Pódese acceder a ela por estrada pola autovía [[A-6]], procedente de [[Lugo]], ou pola autoestrada [[AP-9]], que une a capital da provincia con [[Ferrol]] e [[Santiago de Compostela]], prolongándose á provincia de Pontevedra.
Pódese acceder a ela por estrada pola autovía [[A-6]], procedente de [[Lugo]], ou pola autoestrada [[AP-9]], que une a capital da provincia con [[Ferrol]] e [[Santiago de Compostela]], prolongándose á provincia de Pontevedra.


Por [[ferrocarril]], son tres as liñas que chegan. [[RENFE]] ten tres liñas: Dúas veñen de [[Castela e León]]. Unha vén de [[León, España|León]] e entra a Galiza por [[Monforte de Lemos]], e de alí a Lugo e A Coruña, e outra que vén de [[Zamora, España|Zamora]], entra a Galiza por [[Ourense]], continuando por Santiago e A Coruña (liña dobre AVE e mercadorías electrificada). A terceira liña de Renfe é o corredor atlántico, que une [[Vigo]] coa Coruña.
Por [[ferrocarril]], son tres as liñas que chegan. [[RENFE]] ten tres liñas: Dúas veñen de [[Castela e León]]. Unha vén de [[León, España|León]] e entra a Galiza por [[Monforte de Lemos]], e de alí a Lugo e A Coruña, e outra que vén de [[Zamora]], entra a Galiza por [[Ourense]], continuando por Santiago e A Coruña (liña dobre AVE e mercadorías electrificada). A terceira liña de Renfe é o corredor atlántico, que une [[Vigo]] coa Coruña.


Por outro lado, [[FEVE]] ten unha liña de vía estreita que entra en Galiza cruzando a [[ría de Ribadeo]], desde [[Asturias]], acabando en [[Ferrol]] estación á que tamén chega RENFE.
Por outro lado, [[FEVE]] ten unha liña de vía estreita que entra en Galiza cruzando a [[ría de Ribadeo]], desde [[Asturias]], acabando en [[Ferrol]] estación á que tamén chega RENFE.

Revisión como estaba o 21 de decembro de 2014 ás 13:03

Provincia da Coruña

Capital A Coruña
Área 7.950 km²
Poboación 1.126.707
Densidade 141,72 hab./km²
Concellos 93
Xentilicio Coruñés, Coruñesa

A Coruña é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833, ocupando a punta nordés do país e da península Ibérica. Limita ao norte e ao oeste co océano Atlántico, ao leste coa provincia de Lugo e ao sur coa provincia de Pontevedra. A capital leva o mesmo nome, A Coruña.

Xeografía

Cantís en Teixido, no concello de Cedeira.

A provincia ten unha superficie de 7.876 km².

Pódese acceder a ela por estrada pola autovía A-6, procedente de Lugo, ou pola autoestrada AP-9, que une a capital da provincia con Ferrol e Santiago de Compostela, prolongándose á provincia de Pontevedra.

Por ferrocarril, son tres as liñas que chegan. RENFE ten tres liñas: Dúas veñen de Castela e León. Unha vén de León e entra a Galiza por Monforte de Lemos, e de alí a Lugo e A Coruña, e outra que vén de Zamora, entra a Galiza por Ourense, continuando por Santiago e A Coruña (liña dobre AVE e mercadorías electrificada). A terceira liña de Renfe é o corredor atlántico, que une Vigo coa Coruña.

Por outro lado, FEVE ten unha liña de vía estreita que entra en Galiza cruzando a ría de Ribadeo, desde Asturias, acabando en Ferrol estación á que tamén chega RENFE.

Por aire, son dúas as portas de entrada: o aeroporto da Lavacolla, preto de Santiago de Compostela, e o aeroporto de Alvedro, xunto a Coruña.

Por mar, os dous principais portos son o porto da Coruña e o porto de Ferrol, os dous portos teñen chegadas habituais de buques de pasaxeiros.

Ríos

Fervenza do Ézaro.
Fragas do Eume.

Os principais ríos da provincia son:

Rías e praias

Ría de Arousa

As principais rías da provincia son:

A provincia da Coruña ten 49 praias con bandeira azul das 128 que hai en toda Galiza[1].

Clima

A provincia ten un clima oceánico, caracterizado por ser temperado e húmido. A choivas son abundantes, sobre todo no inverno. Ten estacións suaves, cunha temperatura media en inverno de 10º C e de 20º C en verán.

Poboación

Segundo o censo elaborado no 2001, na Provincia da Coruña viven 1.096.027 persoas, das que 404.517 viven nalgunha das tres grandes urbes da provincia (A Coruña, Santiago de Compostela e Ferrol).

Concellos máis poboados (2007)[2]
# Concello Poboación
A Coruña 244.388
Santiago de Compostela 93.712
Ferrol 75.181
Narón 36.245
Oleiros 31.694
Carballo 30.091
Arteixo 27.713
Ribeira 27.181
Culleredo 26.707
10ª Ames 24.553
11ª Cambre 22.513


Durante todo o século XX a poboación da provincia non deixou de medrar manténdose dende finais do século XX e no prinicio do XXI superando o millón de habitantes.

Cultura e turismo

Catedral de Santiago.

As maiores atraccións culturais e turísticas da provincia son a Catedral de Santiago de Compostela e a Torre de Hércules ambos monumentos declarados patrimonio da humanidade pola Unesco.

Algúns dos museos da provincia da Coruña:

Universidades

Na provincia hai dúas universidades, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade da Coruña, amais dos centros asociados da UNED.

Economía

Obras, Porto Exterior da Coruña abril 2009.

Na provincia da Coruña teñen a súa sede as seguintes empresas:

Enerxía

Entre os concellos de Arteixo e A Coruña está a única refinaría que hai en Galiza. A Refinaría da Coruña de Repsol ten capacidade para refinar 180.000 barrís diarios. Na provincia hai máis de un xiga vatio de potencia enerxética en parques eólicos. Hai dúas centrais térmicas de carbón para producir electricidade. Unha é a Central térmica das Pontes con 1.400 mega vatios de potencia e a outra a Central térmica de Meirama de 563 mega vatios, as dúas queimando carbón de importación. Á capacidade eléctrica súmase nos últimos anos dúas plantas de ciclo combinado (gas-vapor). Unha en As Pontes con 800 mega vatios de potencia e outra en Sabón de 400 mega vatios xunto á térmica de fuel oil de 480 mega vatios. Na ría de Ferrol está a planta regasificadora de Reganosa. Súmase a potencia hidráulica dos encoros da provincia.

Portos e aeroportos

A provincia ten dous aeroportos, o Aeroporto da Lavacolla e o de Alvedro. Entre os portos destacan o Porto da Coruña e o de Ferrol.

Concellos

Artigo principal: Lista de concellos da Coruña.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas