Conde de Lautréamont: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Vida e obra o poeta Isidore Lucien Ducasse, conde de Lautréamont
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 17 de decembro de 2014 ás 20:17

Modelo:Ficha de escritor Isidore Lucien Ducasse (Montevideo, 4 de abril de 1846-París, 24 de novembro de 1870), alcumado coma o Conde de Lautréamont (Comte de Lautréamont en lingua francesa), foi un poeta francés de orixe uruguaia adherido ao movemento simbolista. A súa obra pasou desapercibida na súa época, porén o movemento surrealista considerouno un dos seus precursores. A súa vida bohemia e apartada da sociedade xunto coa súa poesía tétrica fai que hoxe sexa enmarcado coma poeta maldito. O seu estilo de vida apartado e o a falta de fama durante anos fai que moitos datos da súa vida fiquen descñecidos a día de hoxe.

Biografía

Fillo dun diplomático francés designado en Montevideo. A súa nai, tamén francesa, morrería cando el tiña só un ano. Educouse en Uruguai ata que cumpliu trece anos, ano no que foi enviado polo seu pai á cidade de Pau, Francia, onde se destacaría coma bo alumno no lycée de Tarbes.

Despois dunha viaxe a Urugai en 1867, instalaríase en París. Emprendería alí na Escola Politécnica uns estudos superiores de natureza aínda descoñecida. Publicaría unha primeira edición dos seus Cantos de Maldoror en 1868 de xeito anónimo. No ano 1869 unha segunda edición dos mesmos cantos aumentaríao, tomando a forma coa que se o coñece na actualidade; esta vez firmaría co alcume de Comte de Lautréamont, seudónimo quizais imspirado pola novela histórica Lautréaumont do escritor Eugène Sue. Tamén existe a posibilidade de que proveña dun xogo de palabras, L'autre est au mont → Lautréamont (xogo que expresaría a súa morriña por Montevideo, o outro está no Monte...).

Lautréamont non acadaría fama, cousa difícil posto que se cre que o seu editor publicou adrede tiradas moi pequenas polo medo a unha denuncia por sadomasoquismo ou herexía, comúns dabondo no reinado do Emperador Napoleón III. Finaría o 24 de novembro de 1870 por unha posible tuberculose, segundo os seus biógrafos.

Bibliografía

Véase tamén