Análise: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m retiro marcador fin de traballo escolar
Xas (conversa | contribucións)
m + cat
Liña 37: Liña 37:
===Ligazóns externas===
===Ligazóns externas===
*[http://www.definicionabc.com/ciencia/analisis.php Definición de Análisis] {{es}}
*[http://www.definicionabc.com/ciencia/analisis.php Definición de Análisis] {{es}}

*[http://definicion.mx/analisis/ Definición de Análisis] {{es}}
*[http://definicion.mx/analisis/ Definición de Análisis] {{es}}

*[http://conceptodefinicion.de/analisis/ Definición de Análisis] {{es}}
*[http://conceptodefinicion.de/analisis/ Definición de Análisis] {{es}}

*[http://deconceptos.com/general/analisis Concepto de análisis] {{es}}
*[http://deconceptos.com/general/analisis Concepto de análisis] {{es}}
*[http://www.filosofia.org/filomat/df209.htm Identidad analítica: análisis / síntesis] {{es}}
*[http://www.filosofia.org/filomat/df209.htm Identidad analítica: análisis / síntesis] {{es}}
Liña 48: Liña 45:


[[Categoría:Conceptos filosóficos]]
[[Categoría:Conceptos filosóficos]]

[[Categoría:Epistemoloxía]]
[[Categoría:Epistemoloxía]]
[[Categoría:Método científico]]

Revisión como estaba o 15 de decembro de 2014 ás 12:03

René Descartes, autor da obra "Discurso do método"

Unha análise é un estudo dun elemento para coñecer as súas características, calidades ou o seu estado, coa fin de determinar os seus fundamentos, bases e motivos da súa creación, orixe e xurdimento, para así poder sacar conclusións.

A análise é unha das catro regras do método de investigación proposto por René Descartes. Tamén afirma que se trata dun método efectivo na ensinanza, pois descompón as proposicións complexas dun elemento.

Etimoloxía

A palabra análise deriva do termo grego ἀνάλυσις. Este pode ser dividido en 3 partes:

  1. O prefixo ἀνά, que significa arriba, enteiramente.
  2. O verbo λύειν, sinónimo de lyein, que quere dicir soltar ou descompoñer.
  3. O sufixo -σις, equivalente a -sis, acción.

Proceso de analizar

Análise estrutural

Para comezar, débese observar o problema na súa área externa completa. Esta acción permite concretar as características e parámetros específicos que serán posteriormente analizados máis profundamente. Así mesmo, establécense as variables que serán examinadas máis detalladamente e estudadas na análise exhaustiva. Este proceso tamén se tende a denominar análise sintética,

Análise exhaustiva

Na análise exhaustiva dívidese o conxunto do problema en pequenas partes e elementos principais. A continuación investígase cada un polo miúdo, o que permite revelar a procedencia e a finalidade de cada un dos suxeitos estudados.

Tipos de análise

Pódese contemplar facilmente o que é o proceso da análise en ramas da ciencia coma as matemáticas e a química.

Análise matemática

Dentro do mundo das matemáticas, a análise é unha rama que consiste no estudo dos números reais, os complexos e as construcións derivadas a partir deles, así como as funcións entre eses conxuntos e construcións derivadas. Asimesmo, ten como conceptos fundamentais a función, o límite e a continuidade; abarca o cálculo diferencial e integral, as ecuacións diferenciais e integrais, a teoría de funcións, o cálculo de variacións, a análise vectorial e a xeometría diferencial.

Análise química

A análise química é a ciencia que estuda o conxunto de principios, leis e técnicas mediante as cales se pretende determinar a composición química dunha mostra natural ou artificial. Divídese en analítica cualitativa e analítica cuantitativa. A primeira céntrase en coñecer os elementos que forman as mostras, mentres que a segunda determina as cantidades dos devanditos elementos.

Concepción kantiana da análise

Kant considera que a análise pasa a formar parte da teoría xeral da ciencia "ao eliminar da ciencia os xuízos analíticos e ao facer dos xuízos sintéticos a priori a condición mesma da construción científica". Por outra parte, determina síntese coma un antónimo de análise. Segundo a súa teoría, a síntese consiste no exame dos aspectos xerais dun obxeto, mentres que na análise descompóñense cada un dos seus elementos. Non obstante, débese diferenciar cando existe unha relación de identidade entre cada unha das partes e o total, e cando non. En definitiva, o concepto de análise non ten un significado gnoseolóxico exento, é dicir, vai ligado a un contexto ou teoría. A grandes trazos, afirma que a análise equivale á conexión idéntica total, mentres que a síntese abarcaría todo aquilo que non é analítico.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas