Llívia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Shyde (conversa | contribucións)
m Cambiouse a categoría «Concellos de Xirona» pola categoría «Concellos da provincia de Xirona».
Liña 86: Liña 86:
{{Concellos de Xirona}}
{{Concellos de Xirona}}


[[Categoría:Concellos de Xirona]]
[[Categoría:Concellos da provincia de Xirona]]

Revisión como estaba o 14 de decembro de 2014 ás 19:15

Modelo:Cidade Coordenadas: 42°27′53″N 01°59′00″L / 42.46472, -1.98333

O Val da Cerdaña con Llivia ao fondo.

Llívia é un concello e enclave de Cataluña en territorio francés que pertence administrativamente á comarca da Baixa Cerdanya, na provincia de Xirona. Está situado a 153 quilómetros ao norte de Xirona e rodeado na súa totalidade por territorio francés.

As linguas faladas na localidade son o castelán, o catalán, e, en menor medida, o francés.

Historia

A singularidade do enclave de Llívia provén do estipulado no Tratado dos Pireneos de 1659, polo cal España cedeu á Francia os 33 pobos das comarcas de Vallespir, Capcir, Conflent e a Alta Cerdaña, que hoxe en día forman, xuntamente co Rosellón, o departamento francés dos Pireneos Orientais.

Llívia quedou fóra deste tratado por tratarse dunha vila, privilexio concedido por Carlos I de España, polo que continuou baixo dominio do rei de España. O 11 de febreiro de 1939, a finais da Guerra Civil Española, as autoridades do bando nacional pediron ás autoridades francesas permiso para ocupar Llívia.

Xeografía

Localidades do Municipio de Llívia
Localidade Poboación (2007)
Cereja 26
Gorguja 23
diseminados 22
Llívia 1.317
Total 1.388

A vila de Llívia (1.223 m) atópase nos Pireneos, no val da Cerdaña. Está situada ao pé do Turó del Castell, estendéndose polo chairo de Fontanelles. Llívia pertence á xurisdición de Puigcerdà.

Está limitada polos termos de Bourg-Madame e de Sainte-Léocadie, ao sur; de Ur e de Angoustrine-Villeneuve-deas-Escaldes, a poñente; de Targassonne, por tramuntana; e de Estavar e de Saillagouse, a levante. O río Segre cruza o termo municipal, entrando por Estavar. Ao seu paso por Llívia, recibe as contribucións fluviais dos ríos Er, Targasona e Éguet. Cara ao nordés e detrás da crista do Puig do Castell, pode accederse ás tranquilas paraxes da font del Sofre, máis próxima e situada á pequena val de Estaüja, e da font del Ferro, na confluencia do torrente do Tudó coa riera de les Valls ou de Targasona.

No seu territorio destacan o Puig de Llívia (1.357,5 m), tamén chamado Turó del Castell, o Serrat de Baladret (1.428 m) e o Pla del Tudó (1.403 m), ademais da Roca Canal e o Serrat de Palmanill, formando unha pequena serra prolongada en dirección ao caos de Targasona e de Angostrina, e sobresaíndo da fértil chaira que rodea a vila.

Demografía

A súa poboación en 2008 era de 1.517 habitantes, repartidos nun territorio de 12,83 km².

Demografía histórica do Municipio de Llívia
Ano Poboación
1900 941
1930 743
1950 755
1970 856
2007 1388

Principais actividades

  • Festcat. Escola da festa. Celébrase a segunda semana completa do mes de xullo, con cursos, talleres, espectáculos e actividades abertas a toda a poboación da comarca, nas que participan destacados artistas e tertulianos.

Véxase tamén

Ligazóns externas