Barbastro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Pirineos ==> Pireneos
Shyde (conversa | contribucións)
m Cambiouse a categoría «Concellos de Huesca» pola categoría «Concellos da provincia de Huesca».
Liña 47: Liña 47:
{{Concellos de Huesca}}
{{Concellos de Huesca}}
S
S
[[Categoría:Concellos de Huesca]]
[[Categoría:Concellos da provincia de Huesca]]

Revisión como estaba o 14 de decembro de 2014 ás 18:17

Vista de Barbastro.

Barbastro é unha cidade e concello aragonés, pertencente á provincia de Huesca. No ano 2001 tiña 15.053 habitantes. É a cabeza da comarca do Somontano de Barbastro e sede epicopal.

É unha antiga cidade sita na chaira aragonesa, cercana ao lugar onde o río Vero se xunta con o Cinca. Na súa comarca prodúcese un viño acollido á denominación de orixe Viño de Samontano. É un núcleo de servicios e comercio que centraliza a actividade dos vales dos Pireneos orientais.

Dista 21 km da cidade de Huesca e 67 km da Lleida.

Historia

A cidade identifícase coa antiga Bergidum ou Bergiduna, incluíaa nun principio na provincia da Hispania Citerior, e logo na Tarraconense . Foi unha importante praza forte árabe do Al Andalus norte, varias veces tomada e perdida polos cristiáns. En 1101, Pedro I de Aragón tomouna definitivamente. Como cidade episcopal acolleu varios sínodos diocesanos e provinciais. Nalgunha ocasión reuníronse nela as Cortes de Aragón (1134 e 1626). No 1137 casaron aquí a princesa Petronila e o conde de Barcelona, Ramón Berenguer IV, acto polo que ficaron unidos Cataluña e Aragón, para formar o Reino de Aragón.

Durante a Guerra Civil, Barbastro ficou inicialmente dentro do bando republicano, producíndose asasinatos de persoas consideradas do bando oposto. Acabada a guerra, efectuouse unha dura represión de persoas de diversas tendencias republicanas por parte do franquismo.

Patrimonio monumental

Torre da catedral.

Por mor do seu pasado histórico, Barbastro goza dun saliente patrimonio arquitectónico, do que cómpre destacar:

  • Catedral, edificio tardo gótico ergueito entre 1500 e 1533.
  • Pazo Episcopal, dos séculos XVI-XVII.
  • Palacio de Argensola, dos séculos XVI-XVII.
  • Casa Zapatillas, do século XVIII.
  • Igrexa da Santa Fe, do século XVI secolo.
  • Igrexa de San Francisco, do século XVI.
  • Igrexa do antigo Hospital de San Xulián, do século XVI.
  • Igrexa dos Misioneiros, do século XX.
  • Santuario da Virxe de Pueyo, do século XIII, sito nun outiro nas aforas da cidade.
  • El Almerge, restos dunha igrexa románica da cal se conserva a ábsida e parte dun muro.

Arredores

  • A 23 km está Alquézar, aldea pintoresca, sobre un penedón na beira o río Vero, coroada por un castelo árabe, oríxe do seu nome.
  • A 28 km sitúase El Grado, lugar cunha notábel colexiata gótica do século XV, e cunha presa artificial de vastas proporcións.

Festas

  • Festa da Natividade da Virxe, do 4 ao 8 de setembro con corridas, pasacalles e concertos.
  • Festa de San Ramon, o 31 de xuño, co o Torno de fuego, no que se acenden fogueiras en todos os barrios.
  • Festa del Crespillo, 25 marzo, fanse doces en todas as casas, que en parte se regalan aos presentes.
  • Festival do viño do Somontano, na primeira semana de agosto, do xoves ao domingo.
  • Romaría, no Santuario de Nosa Señora do Pueyo, o luns de Pascua, con festa no campo.

Véxase tamén

Ligazóns externas

S