Linares, España: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Shyde (conversa | contribucións)
m Cambiouse a categoría «Concellos de Xaén» pola categoría «Concellos da provincia de Xaén».
Liña 28: Liña 28:
{{Concellos de Xaén}}
{{Concellos de Xaén}}
[[Categoría:Cidades de Andalucía]]
[[Categoría:Cidades de Andalucía]]
[[Categoría:Concellos de Xaén]]
[[Categoría:Concellos da provincia de Xaén]]

Revisión como estaba o 14 de decembro de 2014 ás 16:02

Fachada do Hospital dos Marqueses de Linares.

Linares é unha localidade e municipio situada na provincia de Jaén (Andalucía). Segundo o INE, en 2008 tiña 61.340 habitantes.

Localízase nas estribaciones de Serra Morena e ten unha situación privilexiada por ser encrucillada de camiños e pola súa riqueza agrícola, pecuaria e mineira.

Actualmente Linares é unha cidade moderna, vangardista e ben comunicada en pleno proceso de crecemento que se caracterizou por ser un dos municipios máis importantes de Andalucía debido á súa pioneira e florecente industria. Cos seus 61.340 habitantes é a segunda cidade máis poboada da provincia logo de Jaén capital.

Historia

Ruinas do pozo San Vicente na mina de San Miguel.

O asentamento existía desde moitos séculos antes da reconquista co nome de Cástulo, se ben foi no século XI cando unha emigración masiva de poboación para asentarse nos arredores do castelo deu lugar á poboación actual.

O poboado naceu coma un emprazamento estratéxico de Cástulo sobre unha elevación do terreo para vixilar os arredores. Cando a zona foi conquistada polos musulmáns, asentáronse sobre o emprazamento estratéxico romano.

En 1227 Fernando III de Castela conquistou o castelo de Linares, sitio utilizado polos cristiáns durante a conquista de Andalucía, séndolle concedidos durante este tempo privilexios ao poboado respectados polos sucesivos reis de Castela, quedando incluída Linares dentro do territorio de reguengo que formaba a vila de Baeza.

No século XVI Linares pasou por unha etapa de gran crecemento demográfico e económico debido ao pulo agrícola e gandeiro, o que se materializou na obtención de título de Vila de mans de Filipe II.

Nos séculos XVII e XVIII, paralelamente á agricultura e á gandeiría, comezou a desenvolverse con forza a explotación de miñas de chumbo no municipio. Non obstante, consérvanse no arquivo de Simancas datos sobre a achega de chumbo de Linares xa na construción de El Escorial no século XVI. Dito pulo na minería traduciuse nunha produción de duas centas mil a tres centas mil arrobas anuais, con destino principal como material bélico. Esta bonanza e o seu consecuente crecemento demográfico convirten a Linares nun importante núcleo económico en Andalucía durante o século XIX e inicios do XX.

En 1875 o rei Afonso XII, mediante Real Decreto, concede a Linares o título de Cidade.

O desenvolvemento de Linares durante o século XIX e XX non tería lugar sen a existencia do ferrocarril, que permitiu a unión do municipio coa práctica totalidade do territorio nacional, E a inversión de capital estranxeiro, principalmente desde o Reino Unido, o cal modernizou a extracción e deu lugar á existencia de consulados na cidade.

Xa mediado o século XX, compróbase que o chumbo é un material tóxico para algúns dos seus principais usos, coma a fabricación de tubarías, o que provoca unha caída moi importante do seu valor no mercado, e o paulatino peche das minas en Linares, sendo a mina de La Cruz a última en pechar en 1991, o que puxo punto final a unha importante etapa da cidade e a necesaria conversión da economía da misma.