Arandeira vermella: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 52: Liña 52:
O 95% dos froitos procésanse en produtos coma [[zume]]s, [[mollo]]s, [[marmelada]]s, ou se secan e adozan para o seu consumo. O 5% restante véndese fresco para o sue consumo directo. Os arandos vermellos destinados ao procesado adóitanse conxelar pouco despois da colleita.
O 95% dos froitos procésanse en produtos coma [[zume]]s, [[mollo]]s, [[marmelada]]s, ou se secan e adozan para o seu consumo. O 5% restante véndese fresco para o sue consumo directo. Os arandos vermellos destinados ao procesado adóitanse conxelar pouco despois da colleita.


Cando se obtén fresco, o froito sóese usar na elaboración de [[compota]]s ou [[xelea]]s caseiras que se serven como acompañamento de carnes asadas. Tamén é habitual usalos na confección de bolaría (p. ex. [[madalena]]s), mais se considera demasiado acedo para comelos sen acompañamento.
Cando se obtén fresco, o froito sóese usar na elaboración de [[compota]]s ou [[xelea]]s caseiras que se serven como acompañamento de carnes asadas. Tamén é habitual usalos na confección de bolaría (p. ex. [[Madalena (gastronomía)|madalena]]s), mais se considera demasiado acedo para comelos sen acompañamento.


O zume que se obtén do froito, normalmente azucrado, tamén é un produto derivado importante.
O zume que se obtén do froito, normalmente azucrado, tamén é un produto derivado importante.
Liña 65: Liña 65:


O zume de arando vermello tamén contén unha substancia química que bloquea os axentes patóxenos que provocan a [[carie]].<ref>Koo, H. Caries Research, January-February 2006; vol 40. News release, University of Rochester Medical Center</ref>
O zume de arando vermello tamén contén unha substancia química que bloquea os axentes patóxenos que provocan a [[carie]].<ref>Koo, H. Caries Research, January-February 2006; vol 40. News release, University of Rochester Medical Center</ref>

== Notas ==
== Notas ==
{{Listaref}}
{{Listaref}}

Revisión como estaba o 10 de decembro de 2014 ás 13:55

Arandeira vermella

Arandos vermellos.
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Ericales
Familia: Ericaceae
Subfamilia: Vaccinioideae
Tribo: Vaccinieae
Xénero: 'Vaccinium'
Subxénero: 'Oxycoccus'
Especies

Vaccinium erythrocarpum
Vaccinium macrocarpon
Vaccinium microcarpum
Vaccinium oxycoccus

Distribución mundial aproximada da arandeira vermella. Encarnado: Vaccinium oxycoccus. Laranxa: Vaccinium microcarpum. Verde: Vaccinium macrocarpon.

O termo arandeira vermella ou co nome inglés: cranberry, fai referencia a un grupo de gamallos ananos perennes do xénero Vaccinium, subxénero Oxycoccus, malia consideraren algúns botanistas a Oxycoccus un xénero aparte. Medran en turbeiras de carácter acedo nas zonas máis frías do Hemisferio Norte.

Flores de Vaccinium oxycoccus.

A arandeira vermella é baixa, con talos magros de 10 cm ou menos de longo, e follas pequenas perennes. As flores son de cor rosa escuro, con distintivos pétalos "reflectidos" que deixan o estilo e os estames completamente expostos, apuntando cara adiante. O froito é unha baga auténtica de tamaño superior ao das follas. É inicialmente branco, mais se torna dun encarnado intenso ao madurecer. É comestíbel, cun sabor acedo que pode agochar a súa dozura.

Especies

Existen tres ou catro especies de arandeira vermellar, clasificadas en dúas seccións:

Subxénero Oxycoccus, secc. Oxycoccus
  • Vaccinium oxycoccus ou Oxycoccus palustris (arandeira vermellar común ou arandeira vermella do norte). Atópase por toda a zona fría do Hemisferio Norte, incluíndo o norte de Europa, o norte de Asia e o norte de América do Nortea. Presenta follas pequenas, de entre 5 e 10 mm. As follas son de cor rosa escuro, cun espigado central morado, e medran en talos lixeiramente vilosos. O froito é unha pequena baga de cor rosa pálida, cun sabor refrescante de carácter marcadamente acedo.
  • Vaccinium microcarpum ou Oxycoccus microcarpus (arandeira vermella miúda), que se dá no norte de Europa e no norte de Asia, e difire do anterior en que as folls son máis triangulares, e os talos das flores non teñen vilosidad. Algúns botanistas inclúeno en V. oxycoccus.
  • Vaccinium macrocarpon ou Oxycoccus macrocarpus (arandeira vermella americana), nativo do norte de América do Norte (leste do Canadá e leste dos Estados Unidos, ao sur de Carolina do Norte, a grandes altitudes). Diferénciase do V. oxycoccus en que as follas son maiores, de entre 10 e 20 mm de lonxitude, e o seu sabor lixeiramente semellante ao da mazá.
Subxénero Oxycoccus, secc. Oxycoccoides

A arandeira vermella pode ser vítima da falsa flor, unha doenza daniña mais controlábel do fitoplasma que é frecuente nas áreas de produción de Massachusetts e Nova Jersey.

Historia

A Colleita de Arando Vermello na Illa de Nantucket, Eastman Johnson, 1880.

O arando vermello formou parte da dieta dos pobos árticos durante milenios, e segue a ser un froito muy popular en Escandinavia e Rusia. En Escocia as bagas eran apañadas en gamallos bravos, porén a perda de hábitats axeitados fixeron escasear as plantas. No leste de América do Norte, os amerindios utilizaban os froitos do Vaccinium macrocarpon como alimento sendo un dos ingredientes principais do alimento de supervivencia chamado pemmican. Sábese que llo ensinaron aos famentos colonos ingleses en Massachusetts arredor de 1620, polo que o arando vermello foi incorporado á tradicional festa do Día de Acción de Grazas.

Cultivo e aplicacións

Colleita de arandos vermellos en Nova Jersey.

O arando vermello ou cranberry é un importante cultivo comercial en varios estados dos Estados Unidos e en varias provincias canadenses. Tamén no sur de Chile e da Arxentina, nos Estados bálticos e en Europa Oriental existen pequenas áreas de produción.

O 95% dos froitos procésanse en produtos coma zumes, mollos, marmeladas, ou se secan e adozan para o seu consumo. O 5% restante véndese fresco para o sue consumo directo. Os arandos vermellos destinados ao procesado adóitanse conxelar pouco despois da colleita.

Cando se obtén fresco, o froito sóese usar na elaboración de compotas ou xeleas caseiras que se serven como acompañamento de carnes asadas. Tamén é habitual usalos na confección de bolaría (p. ex. madalenas), mais se considera demasiado acedo para comelos sen acompañamento.

O zume que se obtén do froito, normalmente azucrado, tamén é un produto derivado importante.

O arando vermello é unha fonte de polifenois antioxidantes, substancias beneficiosas para os sistemas cardiovascular e inmunolóxico.

Disque o consumo regular do zume de arando vermello combate as infeccións das vías urinarias. Aínda que moitas das probas ao respecto son equívocas, algúns ensaios clínicos suxestionan que realmente hai un efecto demostrábel: un compoñente do zume semella inhibir a adhesión de bacterias á vexiga e á uretra.[1][2]

Polo otouno de 2004 publicouse un aviso no Reino Unido advertindo aos pacientes que tomen warfarina de que non bebesen zume de arando vermello, por mor dos efectos adversos que esta combinación parece producir.

O arando vermello igual que todos os arandos contén cantidades significativas de ácido benzoico.[3]

O zume de arando vermello tamén contén unha substancia química que bloquea os axentes patóxenos que provocan a carie.[4]

Notas

  1. (en inglés)K. Priehs, S. Quinn (2004), A glass (or two) of cranberry juice a day may keep bladder infection away (Un vaso (ou dous) de zume de arando vermello ao día pode previr as infeccións de vexiga), Infeccious Diseases Society of America
  2. S. Leyes Vence (2011), Cómo axuda o arando vermello ba prevención de cistite por bacterias e-coli.
  3. (en inglés)Dr A. Wibbertmann et al. (2000), BENZOIC ACID AND SODIUM BENZOATE, International programme on chemical safety [4 de outubro de 2006]
  4. Koo, H. Caries Research, January-February 2006; vol 40. News release, University of Rochester Medical Center

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas