8.391
edicións
Por causa do seu proceso de desenvolvemento, que foi moi eclético e recibiu as máis diversas influencias, o karate nunca foi unha arte marcial uniforme, adestrada e ensinada dun xeito só. Mesmo cando non se trataba dun deporte dividido en varias agremiacións, xa se mostraba ramificado en tres estilos distinguidos, Naha-te, Tomari-te e Shuri-te, que son recoñecidos como os tres estilos clásicos e primordiais.
O século XIX, os estilos de Shuri e Tomari acaban por se mesclar e converxer no estilo [[Shorin-ryu]]. O estilo de Naha evoluciona para o que se chamaba de estilo [[Shorei-ryu]]. Estes dous tamén son considerados estilos clásicos, dos cales todos os demais, no todo ou en parte, evolucionaron.<ref>{{cita web|lingua=inglés|url=http://www.karatebyjesse.com/legends-of-karate-mabuni-kenwa-and-his-shito-ryu-pt-1/|dataacceso=4 de decembro de 2014|título=Legends of Karate: Mabuni Kenwa and his Shitô-Ryû (pt. 1)}}</ref>
No comezo do século XX, había en Okinawa xa unha variedade de estilos de karate, que xurdiron cando os discípulos dos últimos mestres ligados á caste dos peichin (Itosu, Matsumora, Higaonna etc.) comezaron a recibir alumnos independente das súas orixes. Isto foi efecto das mudanzas feitas polo mestre Itosu, que levou o karate para dentro do sistema educacional de Okinawa. Había, aínda de informalmente, os ''dojo'' dos mestres Kenwa Mabuni, Chojun Miyagi, Gichin Funakoshi, entre outros.<ref>{{cita web|url=http://www.londonkarate.org.uk/history.html|lingua=inglés|dataacceso=4 de decembro de 2014|título=History of Karate}}</ref>
Naquel momento, a despeito de haber distinguidas escolas, nas cales os respectivos mestres ensinaban segundo súa propia visión e obxectivos, non se podía dicir que non existía unidade do karate, pois os alumnos e os mestres frecuentaban ás veces as escolas uns dos outros. Esta situación mudou efectivamente a partir do fin da década de 1930, cando a [[Butoku-kai]] demandou que as varias entidades que ensinaban karate rexistrásense, no propósito de obteren recoñecemento oficial do goberno do país.<ref>{{cita web|lingua=inglés|url=http://judoinfo.com/karateranks.htm|dataacceso=4 de decembro de 2014|título=How the masters got their ranks: the origins of karate ranks}}</ref>
A conxuntura política mudou drasticamente despois da [[Segunda Guerra Mundial]], pechándose a Butoku-kai. Por esta época tamén os mestres pioneiros na divulgación do karate ou estaban mortos ou xa estaban con idade moi avanzada, ou, aínda, xa sufriran moitos transtornos decorrentes da guerra, o que lles privou de forzas, para manter a relativa unidade e convivencia harmoniosa entre as diversas entidades e escolas de karate. A esta circunstancia sumáronse as diverxencias ideolóxicas e políticas.
Ao redor da metade do século XX, xa existían moitos estilos. Pero este proceso de fragmentación non se extinguiu, a pesar de diminuír moito o ritmo. Disensións internas, mesmo nos estilos clásicos, levaron ao xurdimento doutros estilos ou de liñaxes distinguidas dun mesmo estilo, algunhas avogando que serían as certas herdeiras das tradicións e técnicas correctas.<ref>{{cita web|lingua=portugués|url=http://disciplinas.stoa.usp.br/pluginfile.php/30742/mod_folder/content/0/Artes%20Marciais%20e%20lutas/Pedagogia%20do%20esporte%20e%20competição%20karatê.pdf?forcedownload=1|formato=PDF|dataacceso=4 de decembro de 2014|título=Pedagogia do esporte e competição karatê}}</ref>
Para diferenciar un estilo do outro, o karate seguiu máis ou menos o modelo adoptado no resto do Xapón: cada estilo identifícase por un nome maila a partícula '''ryu''' ({{lang|ja|流}}). Outro caso pode ocorrer cando houber unha subdivisión, que pode se dar co xurdimento dunha liñaxe que pregoa determinada marca diferencial. Neste hipótese, ocorre a adialla da partícula '''ha''' ({{lang|ja|派}}) mailo o nome do estilo orixinal anteposto. Acontece, porén, que isto non é unha regra ríxida e que todos seguen, pois pode haber unha liñaxe dun estilo que usa a partícula '''ryu''', coma son os casos das varias escolas directamente orixinadas do estilo Shorin-ryu.
Unha última hipótese é a de as entidades que usan o sufixo '''kan''' ({{lang|ja|館}}: edificio, casa), que poden ser un estilo ou unha simple liñaxe derivada. Moitas veces, elas se orixinan como tributos a mestras moi graduados e, algunhas veces, acaban se transformando en estilos propiamente ditos, como foi o caso do estilo Shotokan, que tamén é derivado do estilo Shorin.
{{árbore xenealóxica/inicio}}
{{árbore xenealóxica| | | | | | | |TE|TE=Te}}
{{árbore xenealóxica| | | | | | | | |!}}
{{árbore xenealóxica| | | | | | | |OT|OT=Okinawa-te}}
{{árbore xenealóxica| | | | | | | | |!}}
{{árbore xenealóxica| | | | | | | |TD|TD=Tode}}
{{árbore xenealóxica| | | | |,|-|-|-|+|-|-|-|-|.}}
{{árbore xenealóxica| | | |TT| |ST| | |NT|TT=[[Tomari-te]]|ST=[[Shuri-te]]|NT=[[Naha-te]]}}
{{árbore xenealóxica| | | | | |L|e|J| | | | | |)|-|-|v|-|-|-|.}}
{{árbore xenealóxica| | | | |,|SR|~|e|~|~|XR| |!| | | |!|SR=[[Shorin-ryu]]|XR=[[Shorei-ryu]]}}
{{árbore xenealóxica| | | | |!| | | | |!| | | |!| | |!| | | |!}}
{{árbore xenealóxica| | | |SK| | |SR|e|GR| |UR| |RR|SK=[[Shotokan]]|SR=[[Shito-ryu]]|GR=[[Goju-ryu]]|UR=[[Uechi-ryu]]|RR=[[Ryuei-ryu]]}}
{{árbore xenealóxica| | |,|-|^|-|.| | | | |)|-|.}}
{{árbore xenealóxica| |WR| |SJ| |KR| |TR|WR=[[Wado-ryu]]|SJ=[[Shindo jinen-ryu]]|KR=[[Kenyu-ryu]]|TR=[[Toon-ryu]]}}
{{árbore xenealóxica/fin}}
== Técnicas ==
|
edicións