Abetouro común: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 56 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q25709
Breogan2008 (conversa | contribucións)
engado táboa taxonómica e cat
Liña 1: Liña 1:
{{Taxobox
{{Taxonomia-animal |NOME_VULGAR= Abetouro común |IMAXE= Botaurus stellaris (Marek Szczepanek).jpg|ESTADO=LC|ESTADO_NOME=Pouco preocupante }}
| name = Abetouro común
{{Taxonomia-filo |FILO= Chordata }}
| status = LC
{{Taxonomia-clase |CLASE= Aves }}
| status_system = iucn3.1
{{Taxonomia-orde |ORDE= Ciconiformes }}
| status_ref = <ref>{{IUCN|id=22697346 |title=''Botaurus stellaris'' |assessors=[[BirdLife International]] |version=2013.2 |year=2012 |accessdate=26 November 2013}}</ref>
{{Taxonomia-familia |FAMILIA= Ardeidae }}
| image = Bittern - Botaurus stellaris.jpg
{{Taxonomia-xenero |XENERO= Botaurus }}
| image_width = 250px
{{Taxonomia-binomial-animal |NOME_CIENTIFICO= Botaurus stellaris }}
| regnum = [[Animalia]]
{{Taxonomia-fin}}
| phylum = [[Chordata]]
| classis = [[Aves]]
| ordo = [[Pelecaniformes]]
| familia = [[Ardeidae]]
| genus = ''[[Botaurus]]''
| species = '''''B. stellaris'''''
| binomial = ''Botaurus stellaris''
| binomial_authority = ([[Carl Linnaeus|Linnaeus]], [[1758]])
}}
O '''abetouro común''' (''Botaurus stellaris'') e unha ave da familia das garzas ([[Ardeidae]]).
O '''abetouro común''' (''Botaurus stellaris'') e unha ave da familia das garzas ([[Ardeidae]]).


Liña 40: Liña 49:


[[Categoría:Ardeidos]]
[[Categoría:Ardeidos]]
[[Categoría:Animais descritos en 1758]]

Revisión como estaba o 2 de decembro de 2014 ás 20:01

O abetouro común (Botaurus stellaris) e unha ave da familia das garzas (Ardeidae).

Descrición

Unha miga meirande ca un galo doméstico: ata 76 cm de lonxitude e 1,35 kg de peso. A envergadura das ás chega ós 130 cm. Ten aspecto gordecho, co pescozo gordo e patas curtas. O peteiro, relativamente curto, é forte e de cor amarela agrisada. A plumaxe está finamente listada de negro, castaño e branco. A plumaxe castaña e manchada sérvelle para mimetizarse moi ben nos canavais. Cando sente a proximidade dun intruso, fica quieto co bico apuntando cara arriba e móvese coma unha planta abaneada polo vento. Nesta posición pode aguantar ata que o intruso está moi preto. A chamada de cortexo dos machos, que recorda o abracar dun touro, pode escoitarse a quilómetros de distancia

Distribución

Cría dende Portugal ata Xapón e á illa de Sakhalin. No sur vive dende o noroeste de África ata Irán, Afganistán e ata a península de Corea. No continente europeo aniña na Europa meridional e central. Na Península Ibérica aniña no centro e no sur, en Galiza actualmente pode considerarse como moi raro.

Hábitat

Vive en zonas acuáticas coma lagos, pantanos e estanques. Precisa vexetación con zonas de canavais e xunqueiras mestas, polas que se despraza axilmente, nas que fai o niño e onde atopa abeiro. Para alimentarse precisa zonas de vexetación baixa á beira da auga ou augas abertas

Abetouro no zoo de Poznan

Reprodución

Os machos son polígamos e non se ocupan de chocar ou alimentar ós polos. Sábese de machos que se aparellan con ata sete femias reprodutoras. A época de face-lo niño varía mesmo entre as aves que viven na mesma área. Constrúeno en zonas de mato espeso, con canas e xuncos, e cóbreno con follas e herba seca. O diámetro é duns 50 cm e a altura duns 30. Poñen entre 3 e 7 ovos, nun período de entre 2 e 3 días entre a primeira e a última posta. A femia comeza a chocar en poñendo o primeiro. Incuban ámbolos dous membros da parella, aínda que o macho o fai en poucas ocasións. Os pitos rompen a casca despois de 25 ou 26 días de incubación, e comezan a saír do niño dúas ou tres semanas despois, aínda que ata que teñen máis de dous meses non poden voar, momento no que a familia se separa.

Status

A súa poboación está en forte regresión en Europa a causa da desaparición das zonas húmidas. A drenaxe de moitas zonas de nidificación e a falta de vexetación palustre ameazan a súa supervivencia. A isto hai que sumarlle as molestias que lles causan as actividades lúdicas que teñen lugar nas súas áreas de cría (foxen deseguida das zonas frecuentadas) e, nalgunhas zonas, a caza. Entre 1970 e 1990 a poboación europea reduciuse nun 20%.

Nome común noutras linguas

  • Danés: Rørdrum
  • Alemán ; Rohrdommel
  • Inglés: Great Bittern
  • Español :Avetoro
  • Francés: Butor étoilé
  • Húngaro: Bölömbika
  • Italiano: Tarabuso
  • Neerlandés; Roerdomp
  • Ruso: Bolxaia vyp’
  1. BirdLife International (2012). "Botaurus stellaris". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013.