Aguia perdiceira: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 19: Liña 19:


== Descrición ==
== Descrición ==
Son aguias de entre 66 e 74 cm. de lonxitude. A envergadura das alas dos machos vai dos 150 ó 160 cm.; a das femias dos 165 ós 180. A plumaxe da parte superior do corpo é castaña escura, a dfa inferior. abrancazada con manchas escuras. teñen as añas relativamente curtas e arredondadas, a cola, gris na parte superior, branca por embaixo e cunha banda terminal negra, longa e a cabeza grande. Os pés e os ollos son amarelos.
Son aguias de entre 66 e 74 cm. de lonxitude. A envergadura das alas dos machos vai dos 150 ó 160 cm.; a das femias dos 165 ós 180. A plumaxe da parte superior do corpo é castaña escura, a da inferior. abrancazada con manchas escuras. teñen as añas relativamente curtas e arredondadas, a cola, gris na parte superior, branca por embaixo e cunha banda terminal negra, longa e a cabeza grande. Os pés e os ollos son amarelos.
Os exemplares inmaturos teñen a parte inferior do corpo e a das alas da cor do ante, é battas finas na cola.
Os exemplares inmaturos teñen a parte inferior do corpo e a das alas da cor do ante, é battas finas na cola.



Revisión como estaba o 30 de novembro de 2014 ás 19:13

Aguia perdiceira
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Accipitriformes
Familia: Accipitridae
Xénero: 'Aquila'
Especie: ''A. fasciata''
Nome binomial
'Aquila fasciata'
(Vieillot, 1822)
Sinonimia
  • Hieraaetus fasciatus

A aguia perdiceira (Aquila fasciatus, antes coñecida como Hieraaetus fasciatus) é unha ave de rapina da familia Accipitridae. É parente moi proxima da especie africana A. spilogaster, que se considera en ocasións mesmo unha subespecie. Malia ter unha ampla distribución, recoñécense só dúas subespecies de aguia perdiceira: a nominativa A. f. fasciatus, e A. f. renschi, das illas pequenas do arquipélago de Sonda (Indonesia), de individuos máis pequenos e con manchas escuras na parte inferior do corpo.

Descrición

Son aguias de entre 66 e 74 cm. de lonxitude. A envergadura das alas dos machos vai dos 150 ó 160 cm.; a das femias dos 165 ós 180. A plumaxe da parte superior do corpo é castaña escura, a da inferior. abrancazada con manchas escuras. teñen as añas relativamente curtas e arredondadas, a cola, gris na parte superior, branca por embaixo e cunha banda terminal negra, longa e a cabeza grande. Os pés e os ollos son amarelos. Os exemplares inmaturos teñen a parte inferior do corpo e a das alas da cor do ante, é battas finas na cola.

Distribución xeográfica e hábitat

A especie esta espallada polo sur de Europa, o norte de África e o sur e sueste de Asia. As poboacións europeas, que están en forte retroceso por causa da perda de hábitats axeitados, o uso de pesticidas e a caza, concéntranse en España, onde se considera unha especie en perigo de extinción, Portugal, o sur de Francia, Sardeña e Creta. O número total de parellas reprodutoras europeas cálculse enunhas 500.

Exemplar de aguia perdiceira voando en Himachal Pradesh, India.

Os adultos son fieis ós seus territorios, e pasan o inverno preto das zónas de cría, pero os exemplares novos son máis móbiles e aparecen ás veces en lugares moi afastados de onde naceron. Algunhas poboacións asiáticas amosan unha conduta migratoria innata.

O seu hábitat preferido son zonas secas e montañosas con pouca presenza de árbores, pero, fora da época de cría poden atoparse tamén en zonas húmidas, á procura de aves acuáticas para cazar.

Alimentación e reprodución

As súas presas habituais son mamíferos (a miúdo coellos e lebres peqenos), aves de tamaño mediano e réptiles. As parellas reprodutoras cazan frecuentemente xuntas. A técinica de caza máis corrente consiste en describir círculos a gran altura e deixarse caer sobre a presa coas alas recollidas. Cazan tamén a espreita pousadas nun punto fixo e poden verse tamén facendo voos de recoñecemento a pouca altura entre os acantilados. As prersas son golpeadas o mesmo en terra que no aire.

Fan a posta entre febreiro e marzo, en xeral dous ovos, que chocan entre 37 e 40 días. Os polos deixan o niño cando teñen entre 60 e 65 días de idade, aínda que son alimentados polos pais aínda algunhas semanas.

Ligazóns externas