Análise: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 2: Liña 2:
[[File:René Descartes.jpg|thumb|René Descartes, autor da obra "''Discurso do método''"]]
[[File:René Descartes.jpg|thumb|René Descartes, autor da obra "''Discurso do método''"]]

= Análise =
= =
Unha análise (do grego ἀνάλυσις, composto polo prefixo ἀνά, que significa totalmente, e λυειν, acción) é un estudo dun elemento para coñecer as súas características, calidades ou o seu estado, co fin de determinar os seus fundamentos, bases e motivos da súa creación, orixe e xurdimento, para así poder sacar conclusións.

Revisión como estaba o 30 de novembro de 2014 ás 18:58

René Descartes, autor da obra "Discurso do método"

Unha análise (do grego ἀνάλυσις, composto polo prefixo ἀνά, que significa totalmente, e λυειν, acción) é un estudo dun elemento para coñecer as súas características, calidades ou o seu estado, co fin de determinar os seus fundamentos, bases e motivos da súa creación, orixe e xurdimento, para así poder sacar conclusións.

A análise é unha das catro regras do método de investigación proposto por René Descartes. Tamén afirma que se trata dun método efectivo na ensinanza, pois descompón as proposicións complexas dun elemento.

Proceso de analizar

Análise estrutural

Para comezar, débese observar o problema na súa área externa completa. Esta acción permite concretar as características e parámetros específicos que serán posteriormente analizados máis profundamente. Asimesmo, establécense as variables que serán examinadas máis detalladamente e estudadas na análise exhaustiva. Este proceso tamén se tende a denominar análise sintético.

Análise exhaustiva

Na análise exhaustiva dívidese o conxunto do problema en pequenas partes e elementos principais. A continuación investígase cada un polo miúdo, o que permite revelar a procedencia e a finalidade de cada un dos suxeitos estudados.

Tipos de análises

Pódese contemplar facilmente o que é o proceso da análise en ramas da ciencia coma as matemáticas e a química.

Análise matemática

Dentro do mundo das matemáticas, a análise é unha rama que consiste no estudo dos números reais, os complexos e as construcións derivadas a partir deles, así como as funcións entre eses conxuntos e construcións derivadas. Asimesmo, ten como conceptos fundamentais a función, o límite e a continuidade; abarca o cálculo diferencial e integral, as ecuacións diferenciais e integrais, a teoría de funcións, o cálculo de variacións, a análise vectorial e a xeometría diferencial.

Análise química

A análise química é a ciencia que estuda o conxunto de principios, leis e técnicas mediante as cales se pretende determinar a composición química dunha mostra natural ou artificial. Divídese en analítica cualitativa e analítica cuantitativa. A primeira céntrase en coñecer os elementos que forman as mostras, mentres que a segunda determina as cantidades dos devanditos elementos.

Plantexamento Kantiano da análise

Kant considera que a análise forma parte da teoría xeral da ciencia, afirmando que ao eliminar da ciencia os xuicios analíticos e ao facer dos xuicios sintéticos a priori a condición mema da construción científica. Por outra parte, determina síntese coma un antónimo de análise. Segundo a súa teoría, a síntese consiste no exame dos aspectos xerais dun obxeto, mentres que na análise descompóñense cada un dos seus elementos. Non obstante, débese diferenciar cando existe unha relación de identidade entre cada unha das partes e o total, e cando non. En definitiva, o concepto de análise non ten un significado gnoseolóxico exento, é dicir, vai ligado a un contexto ou teoría. A grandes rasgos, afirma que a análise equivale á conexión idéntica total, mentres que a síntese abarcaría todo aquilo que non é analítico.