Insectos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
agora faise en d:Wikidata
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4: Liña 4:
| fossil_range = [[Devónico]] – actualidade</small>
| fossil_range = [[Devónico]] – actualidade</small>
| image = Insect collage.png
| image = Insect collage.png
| image_width = 250px
| image_caption = ''[[Empis livida]]'', ''[[Rhinotia hemistictus]]'', ''[[Gryllotalpa brachyptera]]'', ''[[Vespula germanica]]'', ''[[Opodiphthera eucalypti]]'', [[Harpactorinae]]
| image_caption = ''[[Empis livida]]'', ''[[Rhinotia hemistictus]]'', ''[[Gryllotalpa brachyptera]]'', ''[[Vespula germanica]]'', ''[[Opodiphthera eucalypti]]'', [[Harpactorinae]]
| regnum = [[Animalia]]
| regnum = [[Animalia]]

Revisión como estaba o 30 de novembro de 2014 ás 17:53

Os insectos (Insecta) son unha clase de animais invertebrados, do filo dos artrópodos. A ciencia que estuda os insectos denomínase entomoloxía.

Características

Os insectos comprenden o grupo de animais máis diverso da Terra, con máis de 800.000 especies descritas, máis que os outros grupos de animais xuntos. Os insectos pódense encontrar en case todos os ambientes do planeta, aínda que só un pequeno número de especies se adaptou á vida nos océanos. Hai aproximadamente 5.000 especies de libélulas, 20.000 de saltóns, 170.000 de bolboretas, couzas e avelaíñas, 120.000 de moscas, 82.000 de chinches, 350.000 de escaravellos, e 110.000 especies de abellas e formigas.

Algúns pequenos grupos de animais, tales coma os Collembola, Protura y Diplura, están relacionados cos insectos polo subfilo Hexapoda. Os insectos verdadeiros (a clase Insecta) distínguense do resto dos hexápodos en parte, por ser ectognatos (coas pezas bucais dispostas exteriormente). Moitas especies, aínda que non todas, teñen ás na súa fase adulta. Os artrópodos terrestres como os cempés, miriápodos, escorpións e arañas confúndense a miúdo cos insectos debido a que teñen estruturas corporais semellantes, pero non o son.

Anatomía dos insectos

O corpo dos insectos está formado por tres rexións principais: cabeza, tórax e abdome:

  • Cabeza: Situada na parte anterior do corpo. Nela encóntranse os órganos da alimentación e diferentes órganos sensoriais, os cales son: un par de antenas, ollos simples (ocelos), ollos compostos e as pezas bucais (un par de mandíbulas, un par de maxilas e o beizo), que varían moito segundo as ordes estudadas.
  • Tórax: está formado por tres segmentos e serven de soporte ós apéndices locomotores: tres pares de patas e, nos insectos alados Pterygotos, dous pares de ás, colocados no segundo (mesotórax) e terceiro (metatórax) segmento torácico.
  • Abdome: Compóñeno un número variable de segmentos (6 en colémbolos, de 8 a 12 en proturos e 11 no resto de insectos), sen apéndices ambulatorios e contén os órganos dixestivos e reprodutores.
Anatomía dun insecto. A.- Cabeza; B.- Tórax; C.- Abdome; 1.- Antena; 2.- ocelo inferior; 3.- Ocelo superior; 4.- Ollo composto; 5.- Cerebro; 6.- Protórax; 7.- Arteria dorsal (aorta); 8.- Traqueas; 9.- Mesotórax; 10.- Metatórax; 11.- Ás anteriores; 12.- Ás posteriores; 13.- Estómago; 14.- Corazón; 15.- Ovarios; 16.- Intestino; 17.- Ano; 18.- Vaxina; 19.- Cadea ganglionar ventral; 20.- Tubos de Malpighi; 21.- Tarsómero; 22.- Uña; 23.- Tarso; 24.- Tibia; 25.- Fémur; 26.- Trocánter; 27.- Buche; 28.- Ganglio torácico; 29.- Coxas; 30.- Glándula salivar; 31.- Colar periesofáxico; 32.- Pezas bucais; de esquerda a dereita: labro, mandíbulas, maxilas e labio.

Sistema nervioso

O sistema nervioso dos insectos está formado polo ganglio supraesofáxico ou cerebro, o ganglio subesofáxico e unha cadea de ganglios (un por segmento do corpo) colocados ó longo da rexión ventral do corpo, unidos por comisuras. O cerebro está composto pola fusión de tres ganglios (protocerebro, deutocerebro e tritocerebro) os cales innervan os órganos e apéndices da cabeza. O ganglio subesofáxico únese ó cerebro mediante as comisuras esofáxicas e está formado pola fusión dos ganglios mandibular, maxilar e labial. A cadea de ganglios ventrais presenta variacións, observándose unha tendencia á fusión dos mesmos tanto no tórax coma no abdome. Nos insectos existen ademais outros sistemas nerviosos, coma o estomogástrico, o cal controla os movementos dos sistemas dixestivo, circulatorio e músculos oclusores dos espiráculos. E por último o sistema periférico que desempeña funcións sensoriais.

Sistema respiratorio

A respiración realízase na maioría dos insectos dun modo pasivo (a través dun gradiente de concentración de osíxeno), grazas a un sistema de traqueas, que se ramifican no interior do corpo e que se abren ó exterior a través duns orificios chamados espiráculos situados no tórax e abdome. En especies de gran tamaño coma as lagostas, a difusión pasiva resulta insuficiente, polo que realizan movementos cos músculos abdominais para forzar a circulación dos gases.

Sistema dixestivo

Está composto por un tubo de tres seccións que reciben os nomes de intestino anterior (estomodeo), intestino medio (mesénteron) e intestino posterior (proctodeo), dos cales o mesénteron é o encargado da absorción dos nutrientes. Posúe glándulas salivares.

Sistema circulatorio

Ficheiro:Saltón162eue.jpg
Saltón.
Zapateiro xantando.

O sistema circulatorio dos insectos é un sistema aberto no cal os órganos son bañados directamente polo sangue (hemolinfa). Salvo excepcións, só existe un vaso sanguíneo dividido en cámaras. A zona posterior deste vaso denomínase corazón e está dotada de varias aperturas laterais chamadas ostiolos que permiten a entrada de sangue A parte anterior do vaso chámase aorta e consiste nun tubo recto e sen válvulas. O corazón aspira a hemolinfa da cavidade abdominal e propúlsaa cara á cabeza, a través da aorta, desde onde volve a filtrarse ós tecidos cara a cavidade abdominal. Nalgúns insectos existen bombas accesorias destinadas a irrigar as patas, as ás ou as antenas.

A hemolinfa é o líquido circulatorio. A súa composición varía moito dunha especie a outra. As súas principais funcións son:

  • Transporte de nutrientes cara ós tecidos e de refugallos aos órganos excretores.
  • Coagulación para o peche de feridas.
  • Mecánicas: transmite presión en determinadas partes do corpo. Por exemplo no proceso de muda ou na expansión das ás.
  • Inmunidade fronte á invasión bacteriana.
  • Transporte de osíxeno. Esta función é importante en moitos insectos acuáticos e nalgunhas ninfas. Na maioría dos casos o osíxeno é conducido a través do sistema traqueal directamente.
  • Transporte de hormonas. Por último cabe sinalar que os hemocitos (células sanguíneas) poden desempeñar funcións importantes no metabolismo.

Aparato bucal

Insecto
Bolboreta en Bastavales, Brión

O aparato bucal (gnatal) sufriu diversas especializacións nos diferentes grupos de insectos, pero de forma xeral segue algúns modelos básicos que dependen dos hábitos alimenticios:

  • Mastigador:Suponse que é o tipo máis primitivo. Está formado por un labio superior móbil, un par de mandíbulas sen palpos, dúas maxilas libres con palpos móbiles e un labio inferior que en realidade está formado pola soldadura de dúas maxilas e dotado de dous palpos. É propio dos ortópteros, coleópteros, neurópteros, arquípteros, moitos himenópteros e as larvas dos lepidópteros.
  • Chupador: Está constituído polo labro, epifarinxe, hipofarinxe, mandíbulas, maxilas, labio e palpos maxilares e labiais algunhas veces. Estas pezas forman en xeral un pico e cada unha alóngase como un estilete, capacitando ó insecto para picar os tecidos das plantas ou dos animais. Dentro de este apartado distínguense tres tipos:
    • O de probóscide ou trompa, que presentan algúns dípteros e está constituído por un labio superior ou labro-epifarinxe acanalado, e que forma un tubo ó soldarse coa hipofarinxe; unhas mandíbulas atrofiadas, unhas maxilas moi rudimentarias e con palpos maxilares e, por último, un labio inferior carnoso, brando e sen palpos labiais. O conxunto do labio inferior constitúe a probóscide ou trompa.
Avelaíña. Entre os seus ollos vese a espiritrompa enrolada
    • O de espiritrompa, propio dos lepidópteros é formado por un labio superior rudimentario, unhas mandíbulas moi pequenas ou totalmente ausentes, un labio inferior do que só quedan os palpos labiais e unhas maxilas moi alongadas e soldadas, dando lugar a un tubo enrolado en espiral que recibe o nome de espiritrompa. Os palpos maxilares son curtos.
    • O de pico articulado, propio dos hemípteros está composto por un labio superior que pecha a base da canle formada polo labio inferior, unhas mandíbulas alongadas en forma de láminas perforadas, unhas maxilas semitubulares que presentan dous acanalamentos (un alimenticio e outro salivar), e un labio inferior prolongado e articulado (pico) onde se aloxan as mandíbulas e as maxilas.
  • Lambedor: Integrado por un labio superior, dúas mandíbulas sen palpos, uns palpos maxilares alongados que forman un tubo onde se aloxa o labio inferior transformado nunha lingüeta moi longa, flexible e peluda. É propio dos himenópteros.
  • Picador: neste tamén se distinguen dúas variedades:
    • O de trompa perforante, propio dalgúns dípteros é formado por un labio superior en forma de estilete succionador, unhas mandíbulas e unhas maxilas afiadas e dentadas, e un labio inferior ou probóscide a modo de vaíña.
    • O picador propiamente dito, típico dos afanípteros está composto por un labio superior tubular ou semitubular, unhas mandíbulas en forma de láminas estreitas, puntiagudas, longas e dentadas, dúas maxilas libres con palpos e un labio inferior reducido a unha peza e con dous palpos labiais longos.
Insecto común fotografado en Brión, Galiza

Percepción

Moitos insectos posúen órganos moi refinados de percepción; nalgúns casos os seus sentidos poden ser mellores que os dos humanos. Por exemplo, as abellas poden ver no espectro ultravioleta e captar os patróns de polarización da luz, e as avelaíñas macho teñen un sentido especializado do olfacto que axuda a detectar as feromonas das femias a moitos quilómetros de distancia.

Patas

Insecto con patas adaptadas á natación

As patas están divididas en cinco segmentos: coxa, trocánter, fémur, tibia e tarso. Os dous primeiros son de pequeno tamaño, os dous seguintes forman a parte principal da pata e o último está xeralmente dividido en tres partes distintas. Ao final sitúanse un par de unllas. As patas presentan distintas adaptacións, dependendo do tipo de vida que leve o insecto; adaptadas ó salto (saltóns), á escavación (grilo toupa), á depredación (mantis), a marcha sobre a auga (zapateiro), ou á recollida e almacenaxe de alimento (abellas).

Ás

As ás son apéndices pareados que se encontran no segundo e terceiro segmento torácico, que son consideradas os responsables do éxito evolutivo dos insectos, son de consistencia membranosa. Caracterízanse por presentar unha nervación que é a responsable de brindarlle a rixidez necesaria para o voo, esta nervación é característica de cada grupo de insectos e é usada para clasificalos. Nas ás obsérvanse moitas variacións en canto á súa forma e consistencia.

Reprodución

Os insectos presentan sexos separados e frecuentemente moi diferenciados morfoloxicamente entre si, sendo nalgúns casos o macho máis grande e de coloración máis rechamante cá femia. Reprodúcense normalmente por vía sexual, nalgúns casos tamén se poden reproducir mediante partenoxénese (asexualmente), nalgunhas poucas especies non se coñecen machos.

Galería de imaxes

Metamorfose

A metamorfose é un proceso de desenvolvemento postembrionario, mediante o cal os insectos alcanzan a súa fase adulta (imago), durante a cal chegan á madurez sexual, no caso dos Pterigotos desenvólvense ademais as ás. Segundo o tipo de metamorfose que experimentan os insectos, estes son:

  • Ametábolos: os xuvenís non se diferencian dos adultos salvo pola madurez sexual e o tamaño (e.g. Colémbolos, Tisanuros e Dipluros), típica de apterigotos.
  • Hemimetábolos: metamorfose gradual na cal as tecas alares e os órganos sexuais vanse desenvolvendo pouco a pouco, se ben as diferentes fases xuvenís son semellantes entre si e ó adulto, os cambios na última muda son máis marcados (aparición de ás). Este é o tipo de metamorfose que experimentan os Odonatos, Ortópteros, Hemípteros, entre outros.
  • Holometábolos: metamorfose completa, na cal os tecidos do adulto orixínanse a partir de grupos especiais de células chamadas imaxinais, durante unha fase do ciclo de vida coñecida como ninfa. Neste grupo de insectos hai grandes diferencias morfolóxicas entre xuvenís e adultos, entre eles áchanse Lepidópteros, Coleópteros, Himenópteros, entre outros.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Coronado, R. y Maruqez, A. 1972. Introducción a la entomología. Editorial Limusa-Wiley.
  • Martul, C. 1986. Ciencias Naturales: Zoología y Ecología. Ediciones Ingelek, S.A.
  • Naumann, I.D. (Ed). The Insects of Australia. Cornell University Press. NY.
  • Osuna, E. 1995. Morfología del exoesqueleto de los insectos. Volumen I y II. CDCH. Universidad Central de Venezuela.
  • Nieto Nafria, J.M. y Mier Durante, M.P. Tratado de entomología. 1985. Ediciones Omega. Barcelona.
  • Wigglesworth, V.B. Insect Physiology, 7ª ed. 1974. Chapman and Hall, Lond

Outros artigos

Ligazóns externas