Inositol fosfato: Diferenzas entre revisións
traducido de en:Inositol phosphate |
(Sen diferenzas.)
|
Revisión como estaba o 21 de novembro de 2014 ás 17:41
Os inositois fosfatos son un grupo de compostos organofosfatos formados polo polialcohol cíclico inositol fosforilado con de un a seis grupos fosfato. Algúns actúan por separado e outros forman parte doutras moléculas orgánicas, como é o caso dos fosfoinosítidos, nos que os inositol fosfatos forman parte da cabeza polar de fosfolípidos. Os inositois fosfatos exercen importantes funcións na célula, como o crecemento, apoptose, migración celular, endocitose, e diferenciación celular. En concreto, o inositol trisfosfato actúa sobre o receptor do inositol trisfosfato, causando a liberación de calcio no citoplasma. Os inositois tetra, penta, e hexafoosfatos foron implicados no control da expresión xénica[1] and Steger[2].
Este grupo de compostos comprende as seguintes especies químicas:
- inositol monofosfato (IP)
- inositol bisfosfato (IP2)
- inositol trisfosfato (IP3)
- inositol pentaquisfosfato (IP5)
- inositol hexaphosphate (IP6), tamén chamado ácido fítico (ou fitato cando é sal).
Notas
- ↑ Shen, X; Xiao, H; Ranallo, R; Wu, WH; Wu, C (2003). "Modulation of ATP-dependent chromatin-remodeling complexes by inositol polyphosphates". Science 299 (5603): 112–4. PMID 12434013. doi:10.1126/science.1078068.
- ↑ Steger, DJ; Haswell, ES; Miller, AL; Wente, SR; O'Shea, EK (2003). "Regulation of chromatin remodeling by inositol polyphosphates". Science 299 (5603): 114–6. PMC 1458531. PMID 12434012. doi:10.1126/science.1078062.
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Imaxe do inositol
- Inositol Phosphates Medical Subject Headings (MeSH) na Biblioteca Nacional de Medicina dos EUA.