María José Alonso: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
{{ORDENAR:Alonso Fernandez, Maria}}; formato
Xoio (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 22: Liña 22:


== Premios ==
== Premios ==
* [[1985]]: Premio Extraordinario de Doutorado en Farmacia, [[USC]].
* [[1985]]: Premio Extraordinario de Doutorado en Farmacia, [[USC]].<ref name=MJA/>
* [[2011]]: Premio Jaume I de Novas Tecnoloxías.<ref name=VG1>[http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2011/06/08/0003_201106E8P56992.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz María José Alonso: «Galicia sí pinta algo en ciencia»]. Diario ''La Voz de Galicia'', 8-6-2011.</ref> <ref>[http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2011/10/18/0003_201110S18C3993.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz La Reina Sofía entrega a María José Alonso el premio Jaime I de investigación] Diario ''La Voz de Galicia''. Ed. Santiago, 18-10-2011.</ref>
* [[2011]]: Premio Jaume I de Novas Tecnoloxías.<ref name=VG1>[http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2011/06/08/0003_201106E8P56992.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz María José Alonso: «Galicia sí pinta algo en ciencia»]. Diario ''La Voz de Galicia'', 8-6-2011.</ref> <ref>[http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2011/10/18/0003_201110S18C3993.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz La Reina Sofía entrega a María José Alonso el premio Jaime I de investigación] Diario ''La Voz de Galicia''. Ed. Santiago, 18-10-2011.</ref>
* [[2011]]: Premio Nóvoa Santos.<ref name=VG2>[http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2011/10/12/0003_201110G12P38994.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz María José Alonso logra el premio Novoa Santos de los médicos gallegos] Diario ''La Voz de Galicia'', 12-10-2011.</ref>
* [[2011]]: Premio Nóvoa Santos.<ref name=VG2>[http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2011/10/12/0003_201110G12P38994.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz María José Alonso logra el premio Novoa Santos de los médicos gallegos] Diario ''La Voz de Galicia'', 12-10-2011.</ref>

Revisión como estaba o 19 de novembro de 2014 ás 13:10

María Josefa Alonso Fernández, nada en Carrizo de la Ribera (provincia de León) o 22 de decembro de 1959, e unha farmacéutica, catedrática e académica especializada no campo das nanopartículas como vehículo de medicamentos.

Traxectoria

En 1981 licenciouse en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela, e en 1985 acadou o doutorado. Nese mesmo ano foi nomeada profesora axudante do Departamento de Tecnoloxía Farmacéutica de dita Universidade. É docente deste departamento desde entón, como catedrática desde 1998.

Nos anos 1986-87 iniciou a súa actividade no campo das nanopartículas como sistemas de fármacos na Universidade de París XI. En 1988 traballou como investigadora na Universidade de Angers, onde foi científica visitante, e no Instituto Tecnolóxico de Massachussets (1991-92 e 2012).

Foi vicerreitora de Investigación e Innovación da USC desde 2006 até 2010.[1]

Actividades realizadas

Dirixiu 25 proxectos financiados por institucións públicas, entre eles varios proxectos europeos e financiados por institucións internacionais como a OMS e a Bill & Melinda Gates Foundation. É autora de 97 publicacións científicas en revistas internacionais de alto impacto na área da liberación de fármacos, de dezasete capítulos de libros e de oito patentes.[2] Así mesmo, ten participado como conferenciante invitado en trinta congresos internacionais.

Foi membro do comité científico e organizador de numerosos congresos e cursos de ámbito internacional e fundadora e presidenta da Sociedade Hispano-Portuguesa de Liberación Controlada (1995). É a coordinadora da Rede Temática de Investigación en Sistemas de Liberación de Moléculas Activas (SLMA). Por iniciativa da Sociedade Europea para a Ciencia (NSF), liderou grupos de traballo sobre a Nanomedicina, e é responsable da división de educación e comunicación da Plataforma Tecnológica Española de Nanomedicina.

É fundadora da asociación Spanish Portuguese Chapter of the Controlled Release Society e presidenta da súa xunta directiva (1995-97), así como secretaria da mesma (1997-2000), Governor da Controlled Release Society Inc. (1995-98), membro de Board of Pharmaceutical Sciences da International Pharmaceutical Federation (1998-2000), membro de Scientific Advidsory Board da Association de Pharmacie Galénique Industrielle (1997-2000) e pertence á European Federation for Pharmaceutical Sciences.

Así mesmo, e membro do comité editorial das seguintes revistas internacionais: Pharmaceutical Research, Journal of Controlled Release, International Journal of Pharmaceutics, European Journal of Pharmaceutics and Biopharmaceutics, European Journal of Pharmaceutical Sciences, Drug Development and Industrial Pharmacy, Drug Delivery Sciences & Technologies e J. Microencapsulation.

M. J. Alonso está incluída no ranking dos dez maiores expertos mundiais en farmacoloxía e toxicoloxía, elaborado polo Times Higher Education, co que se converteu na primeira española en alcanzar este posto.[3] [4]

A profesora Alonso é membro da Academia de Farmacia de Galicia, da Real Academia Galega de Ciencias,[5] [6] e da Real Academia Nacional de Farmacia de España.[7]

Premios

  • 1985: Premio Extraordinario de Doutorado en Farmacia, USC.[1]
  • 2011: Premio Jaume I de Novas Tecnoloxías.[3] [8]
  • 2011: Premio Nóvoa Santos.[4]
  • 2013: Premio Mª Josefa Wonenburger.[9]
  • 2014: Premio Maurice-Marie Janot.[10]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas