Illa Clipperton: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
m Substitución automática de "CarteLocal.gif" por "CarteLocal.png" segundo o ordenou GifTagger. Motivo: Replacing GIF by exact PNG duplicate..
Liña 13: Liña 13:
! colspan="2" | Localización
! colspan="2" | Localización
|- style="text-align: center;"
|- style="text-align: center;"
| colspan="2" | [[Ficheiro:CarteLocal.gif|centro|280px|Localización de Clipperton]] <br />[[Ficheiro:Carteactuelle.jpg|miniatura|280px|centro|Mapa da illa Clipperton]]
| colspan="2" | [[Ficheiro:CarteLocal.png|centro|280px|Localización de Clipperton]] <br />[[Ficheiro:Carteactuelle.jpg|miniatura|280px|centro|Mapa da illa Clipperton]]
|- style="background-color: #eee;"
|- style="background-color: #eee;"
! colspan="2" | Datos
! colspan="2" | Datos

Revisión como estaba o 19 de novembro de 2014 ás 08:24

Clipperton ou ille de La Passion
Bandeira de Francia
Bandeira Escudo
Localización
Localización de Clipperton
Localización de Clipperton

Mapa da illa Clipperton
Datos
Capital
País Francia
Linguas
Poboación (2007) Deshabitada
Superficie 1´7 km²
Densidade
Concellos
Coordenadas 10°18′N 109°13′O / 10.300, -109.217
Maior Altura 29 m.

A Illa Clipperton ou Illa da Paixón (Île da Passion), é un atol coralino de 6 km² localizado no Océano Pacífico norte, a 1,100 km ao sudoeste das costas mexicanas. As súas coordenadas son: 10º18'N, 109º13'W. Está deshabitado.

Características

É unha posesión francesa administrada desde a Polinesia Francesa por un alto comisionado da República, a súa defensa é responsabilidade de Francia.

A pesar de que 115 especies comerciais foron identificadas nas augas territoriais da illa, o atún foi a única en ser explotada. Fóra da pesca a illa non conta con ningún outro recurso natural.

Punta Tejupan, en Michoacán, México é o punto máis próximo a terra firme. Debido á forma anular da illa, a súa lagoa interior atópase pechada desde hai aproximadamente un século. Conta con 8 km de circunferencia e 7 km² de territorio. A auga da lagoa é aceda e atópase estancada. A roca Clipperton é o punto máis elevado con 21 m de altura.

Clima

Entre maio e outubro, Clipperton é bañada por un sol ardente que pouco mingua o resto do ano. Constantemente é azoutada por ciclóns e tormentas tropicais, en especial durante a tempada de choivas que vai de xuño a novembro. A súa precipitación pluvial anual é da orde de 5000 mm, cantidade que non se alcanza nin nas selvas húmidas do sueste mexicano.

Vexetación

A illa atopábase cuberta por maleza, con algunhas palmeiras. Crese que a maleza da illa desapareceu entre 1858 e 1917. Hipoteticamente, a vexetación da illa foi decimada por unha tormenta tropical e non foi capaz de rexenerarse debido ao gran número de cangrexos de terra. Existe un artigo de 1909 da Crónica de San Francisco no cal se especula coa posibilidade de que a vexetación da illa fose arrasada por un tsunami ocasionado por un terremoto.

Logo da introdución de porcos por parte dos recadadores de guano, a flora da illa rexenerouse debido ao gusto que estes xeraron polos cangrexos de terra. Durante o período de asentamento, a vexetación da illa multiplicouse coa introdución de especies foráneas, como a palmeira cocoteira, a cal foi introducida no último decenio do século XIX.

A única vexetación que existe na súa superficie son as trece palmeiras plantadas polo alemán Gustavo Schultz, encargado da explotación de guano na illa.

Toponimia

Palmeiras en Illa Clipperton

A illa leva o nome do pirata inglés John Clipperton, quen a visitou en febreiro de 1705 crendo tela descuberto. Clipperton era tripulante do navío Saint George, que, a cargo do capitán William Dampier, atacaba e saqueaba os galeóns españois nas rutas do Pacífico. Tras capturar un pequeno barco nos mares de Costa Rica, bautizárono co nome de Dragón e Clipperton tomou o seu mando. A lenda di que o pirata usaba a illa como refuxio e que nela escondeu un tesouro. En 1708, dous barcos franceses, o Princess e o Découverte, chegaron á illa e nomeárona Île da Passion e proclamárona en nome de Francia.

Illa Clipperton, imaxe da NASA