Vixía de Herbeira: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Liña 8: Liña 8:
Atópanse entre os concellos de [[Cedeira]] e [[Cariño]] ([[provincia da Coruña]]), na estrada que une a vila de [[Cariño]] coa de Santo André de Teixido e [[Cedeira]]. Moi preto de Herbeira está o [[cabo Ortegal]] onde fican as rochas máis antigas da [[península Ibérica]] e as cuartas do mundo.<ref>[http://elpais.com/diario/2008/09/03/galicia/1220437100_850215.html "Ortegal era el centro de la Tierra"], artigo en ''El País'', 3 de setembro de 2008.</ref>
Atópanse entre os concellos de [[Cedeira]] e [[Cariño]] ([[provincia da Coruña]]), na estrada que une a vila de [[Cariño]] coa de Santo André de Teixido e [[Cedeira]]. Moi preto de Herbeira está o [[cabo Ortegal]] onde fican as rochas máis antigas da [[península Ibérica]] e as cuartas do mundo.<ref>[http://elpais.com/diario/2008/09/03/galicia/1220437100_850215.html "Ortegal era el centro de la Tierra"], artigo en ''El País'', 3 de setembro de 2008.</ref>


No alto do beiril hai un punto xeodésico e unha [[garita]] de vixilancia ('''Garita de Herbeira'''). A paisaxe é impoñente, ateigada de rochas que sobresaen entre unha mesta matogueira de [[Erica (xénero)|uces]] e [[Ulex|toxo]]s na que pace gando [[Vaca|vacún]] e [[Cabalo|cabalar]].
No alto do beiril hai un [[vértice xeodésico]] e unha [[garita]] de vixilancia ('''Garita de Herbeira'''). A paisaxe é impoñente, ateigada de rochas que sobresaen entre unha mesta matogueira de [[Erica (xénero)|uces]] e [[Ulex|toxo]]s na que pace gando [[Vaca|vacún]] e [[Cabalo|cabalar]].


Dende o alto do cantil divísase unha excelente panorámica do océano, da costa, e das puntas Tarroiba e Robaliceira, polo que se está a converter nun dos lugares máis turísticos do país.
Dende o alto do cantil divísase unha excelente panorámica do océano, da costa, e das puntas Tarroiba e Robaliceira, polo que se está a converter nun dos lugares máis turísticos do país. Na parte posterior instalouse unha [[Enerxía eólica|central eólica]] para aproveitar a forza do vento na zona.

Na parte posterior instalouse unha [[Enerxía eólica|central eólica]] para aproveitar a forza do vento na zona.


==Garita de Herbeira==
==Garita de Herbeira==

Revisión como estaba o 18 de novembro de 2014 ás 15:43

Coordenadas: 43°43′29″N 07°56′53″O / 43.72472, -7.94806

Os cantís da Enseada de Cortes (Santo André de Teixido), preto de Vixía Herbeira.

Vixía Herbeira é un punto da costa galega, o punto máis alto da Serra da Capelada, onde se achan os cantís cunha maior cota sobre o nivel do mar da Europa continental, con 613 metros sobre o mesmo,[1] e o cuarto de maior altura de Europa (incluíndo as illas), tralos de Hornelen (860 m), Cabo Enniberg (754 m) e Croaghaun (668 m). Outros de altura semellante son Preikestolen (604 m), Slieve League (601 m) e Cabo Girão (580 m). Os cantís de Herbeira teñen un 80% de pendente.

Situación

Atópanse entre os concellos de Cedeira e Cariño (provincia da Coruña), na estrada que une a vila de Cariño coa de Santo André de Teixido e Cedeira. Moi preto de Herbeira está o cabo Ortegal onde fican as rochas máis antigas da península Ibérica e as cuartas do mundo.[2]

No alto do beiril hai un vértice xeodésico e unha garita de vixilancia (Garita de Herbeira). A paisaxe é impoñente, ateigada de rochas que sobresaen entre unha mesta matogueira de uces e toxos na que pace gando vacún e cabalar.

Dende o alto do cantil divísase unha excelente panorámica do océano, da costa, e das puntas Tarroiba e Robaliceira, polo que se está a converter nun dos lugares máis turísticos do país. Na parte posterior instalouse unha central eólica para aproveitar a forza do vento na zona.

Garita de Herbeira

Garita de Herbeira.

A garita de Herbeira é unha vella caseta no mesmo beiril do cantil, tipo alpendre, construída orixinariamente no século XVIII. O caseto actual data de 1805, e foi deseñado polos enxeñeiros da coroa de entón e construído polos veciños da comarca. Formaba parte dunha serie de construcións dedicadas á vixilancia costeira e marítima ao longo da costa, e que acollerían un pequeno destacamento militar.

A garita arrodéase dun pequeno valado de pedra. Os muros son de cachotaría de pedra de gra, cunha planta é rectangular de tan só uns 15 m². Só conta con catro ocos, a porta e tres xaneliñas. Ten tamén unha cheminea. A cuberta soluciónase coa mesma pedra formando unha bóveda. No ano 2003 a garita e a súa contorna foron restauradas.

Notas

  1. Mirador de Vixía de Herbeira. Fotopanorama. Consultado o 21 de xullo de 2011.
  2. "Ortegal era el centro de la Tierra", artigo en El País, 3 de setembro de 2008.

Véxase tamén

Outros artigos