Batalla de Cambedo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
JaviP96 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
+ dato
Liña 1: Liña 1:
'''Batalla de Cambedo''' é o nome con que se designa un encontro bélico mantido o [[19 de decembro]] de [[1946]], nas inmediacións de [[Cambedo]] ([[Portugal]]), entre guerrilleiros antifranquistas españois, por unha banda, e por outra forzas da [[Garda Civil]] española e máis elementos portugueses da [[Garda Nacional Republicana]], [[Garda Fiscal]], do [[Exército portugues|exército]] e da [[PIDE]].
A '''batalla de Cambedo''' foi un encontro bélico mantido o [[19 de decembro]] de [[1946]], nas inmediacións de [[Cambedo]] ([[Portugal]]), entre guerrilleiros antifranquistas españois, por unha banda, e por outra forzas da [[Garda Civil]] española e máis elementos portugueses da [[Garda Nacional Republicana]], [[Garda Fiscal]], do [[Exército portugues|exército]] e da [[PIDE]].

A denominación de batalla é un tanto pretenciosa, mais acostuma empregarse na historiografía especializada, ben que ás veces vai entrecomiñada para mitigala.
A denominación de batalla é un tanto pretenciosa, mais acostuma empregarse na historiografía especializada, ben que ás veces vai entrecomiñada para mitigala.
Liña 12: Liña 12:
==Os feitos==
==Os feitos==
Envoltos pola amalgama de tropas luso-españolas, o grupo guerrilleiro trabou combate, desigual e desesperado. De resultas caeron mortos varios guerrilleiros (''Bernardino García'', ''Juan Salgado Riveiro'') e outros foron apresados (''Demetrio García Álvarez'', ''Manuel Bárcea'').

==Represión posterior==
En días sucesivos, foron detidas sesenta e cinco persoas en distintas localidades, tanto portugueses como españois, entre os cales dezoito veciños do mesmo Cambedo.

==Consecuencias==
==Consecuencias==
A raíz do sucedido, a guerrilla do Noroeste tivo que abandonar as bases que creara no Norte portugués, o que a illaba aínda máis, dificultando moitísimo os contactos co estranxeiro, aínda que os mesmos continuaron en anos sucesivos, tanto pola vía portuguesa como pola francesa.
En días sucesivos estendeuse a represión e foron detidas sesenta e cinco persoas en distintas localidades, tanto portugueses como españois, entre elas dezoito veciños do mesmo Cambedo. A raíz do sucedido, a guerrilla do Noroeste tivo que abandonar as bases que creara no Norte portugués, o que a illaba aínda máis, dificultando moitísimo os contactos co estranxeiro, aínda que os mesmos continuaron en anos sucesivos, tanto pola vía portuguesa como pola francesa.

==Repercusión==
A batalla aparece citada no poema de [[Xosé Luís Méndez Ferrín]] "O Cambedo", pertencente ao libro ''[[Estirpe]]'' (1994).

==Véxase tamén==
==Véxase tamén==

Revisión como estaba o 18 de novembro de 2014 ás 11:16

A batalla de Cambedo foi un encontro bélico mantido o 19 de decembro de 1946, nas inmediacións de Cambedo (Portugal), entre guerrilleiros antifranquistas españois, por unha banda, e por outra forzas da Garda Civil española e máis elementos portugueses da Garda Nacional Republicana, Garda Fiscal, do exército e da PIDE.

A denominación de batalla é un tanto pretenciosa, mais acostuma empregarse na historiografía especializada, ben que ás veces vai entrecomiñada para mitigala.

Antecedentes

Grupos guerrilleiros que operaban no Noroeste de España, viñan refuxiándose en localidades portuguesas setentrionais, da zona de Tras-os-Montes.

A finais de 1946, diversos grupos agardaban en localidades portuguesas próximas a Cambedo (Torre do Couto, Vilar de Nantes, Cima de Vila da Castanheira, etc.) para efectuar unha xuntanza na que esperaban considerar a situación que se presentaba para o seu futuro en vista das mudanzas que se estaban a efectuar na situación española, europea e mundial, como resultado da postguerra inmediata á Segunda Guerra Mundial.

Porén membros da Garda Civil infiltrados nas guerrillas informaron aos seus mandos, polo que se preparou, en colaboración con mandos portugueses, unha operación conxunta de gran envergadura contra os resistentes republicanos españois. Con todo, en última instancia, as guerrillas puideron ser alertadas da emboscada que se lles estaba a preparar. Mais aínda que na súa maioría os guerrilleiros puideron escapar do cerco, o grupo instalado en Cambedo non puido ser avisado.

Os feitos

Envoltos pola amalgama de tropas luso-españolas, o grupo guerrilleiro trabou combate, desigual e desesperado. De resultas caeron mortos varios guerrilleiros (Bernardino García, Juan Salgado Riveiro) e outros foron apresados (Demetrio García Álvarez, Manuel Bárcea).

Consecuencias

En días sucesivos estendeuse a represión e foron detidas sesenta e cinco persoas en distintas localidades, tanto portugueses como españois, entre elas dezoito veciños do mesmo Cambedo. A raíz do sucedido, a guerrilla do Noroeste tivo que abandonar as bases que creara no Norte portugués, o que a illaba aínda máis, dificultando moitísimo os contactos co estranxeiro, aínda que os mesmos continuaron en anos sucesivos, tanto pola vía portuguesa como pola francesa.

Repercusión

A batalla aparece citada no poema de Xosé Luís Méndez Ferrín "O Cambedo", pertencente ao libro Estirpe (1994).

Véxase tamén

Bibliografía

  • Cruz, Bento da, Guerrilheiros antifranquistas en Tras-os-Montes. Barrosana. 2003.
  • VV. AA., O Cambedo da Raia: 1946: Solidariedade galego-portuguesa silenciada. Ourense. Asociación de Amigos da República. 2004.

Ligazóns externas